23/9/09

INFORMACION SOBRE A GRIPE A -


Como frear a gripe A

O rápido avance da pandemia de gripe por todo o planeta fai necesario pór en marcha estritas medidas de prevención dun virus que xa se cobrou a súa primeira vítima en España e mantén a outros tres pacientes en estado crítico.

A Organización Mundial da Saúde recomenda ter moi presentes a seguintes claves para evitar o contaxio.

-Como podo evitar contaxiarme?
-Non levándose as mans á cara, ollos, nariz e boca e lavándose as mans máis de 10 veces ao día.

-Canto tempo vive o virus nunha superficie lisa?
-Ata 10 horas.

-Cal é o medio de contaxio máis eficiente deste virus?
-A vía aérea non é a máis efectiva para transmisión, o factor máis importante para que se fixe o virus é a humidade, (mucosa do nariz, boca e ollos).
O virus non voa e non alcanza máis dun metro en distancia.

-É fácil contaxiarse nos avións?
-Non, é un medio pouco propicio para contaxiarse.

-Como entra o virus no corpo?
-Por contacto ao darse a man ou bicarse na fazula e polo nariz, boca e ollos.
Ao toser ou estornudar non poña a palma da man diante da boca, senón a parte contraria para evitar contagios ao darse a man con outras persoas.

-Cal é o período de incubación?
-En media de 5 a 7 días e os síntomas aparecen case de inmediato.

-Cando se debe de empezar a tomar medicamentos?
-Dentro das 72 horas os prognósticos son moi bos, a melloría é do cento por cento. Pero sempre baixo vixilancia e consello médico.

-O virus é letal?
-Non, o que ocasiona a morte é a complicación da enfermidade causada polo virus, que é a pneumonía.

-Que fai o virus cando provoca a morte?
Unha fervenza de reaccións como deficiencia respiratoria.
A pneumonía severa é a que ocasiona a morte.

Hai probabilidade de recaer coa mesma enfermidade?
Ningunha porque queda inmune ao virus.

En que ambiente vive o virus?
Cando unha persoa que o porta estornuda ou tose, o virus pode quedar nas superficies lisas como mangos, diñeiro, papel, documentos, a condición de que haxa humidade.
Xa que non se pode esterilizar o ambiente recoméndase extremar a hixiene das mans.

O virus ataca máis ás persoas asmáticas?
Si, son pacientes máis susceptibles.

Cal é o grupo poboacional con maior risco?
O composto por persoas entre 20 e 50 anos de idade.

É útil usar máscara?
Se vostede está san é contraproducente, porque os virus polo seu tamaño atravésano coma se este non existise e ao usar a máscara créase na zona do nariz e boca un microclima húmido propicio ao desenvolvemento viral.

Serve de algo tomar Vitamina C?
Non serve de nada para previr o contaxio deste virus, pero axuda a resistir o seu ataque.

Serve de algo tomar antivirais antes dos síntomas?
Non serve de nada.

Quen está a salvo desta enfermidade ou quen é menos susceptible?
A salvo non hai ninguén, o que axuda é a hixiene dentro de fogar, oficinas, utensilios e non acudir a lugares públicos.

As persoas con diabetes poden ter maiores complicacións?
Si.

Que mata ao virus?
O sol, permanecer máis de 5 días no medio ambiente, o xabón, os antivirais, xel de alcol.

O que se infectou deste virus e se sa, queda inmune?
Si.

Podo facer exercicio ao aire libre?
Si, o virus non está no aire.

Se estou vacinado da gripe estou libre de risco?
Non, para nada. A vacina contra este virus aínda non está dispoñible.

Que riscos teñen os familiares da xente que faleceu?
Poderían ser portadores.


.

No hay comentarios: