6/5/09

REPARACION DAS REDES DO CIERRE DO COLEXIO

No día de hoxe pola mañan, procedeuse por parte da Brigada de obras do concello de carballo, da reparación das redes inferiores do cierre do colexio.

Como habíamos informado con anterioridade, trasladarase esta problemática porque entre os pivotes de cemento que ten o cierre, cando a rede está deteriorada, os máis cativos pode pasar do interior do recinto escolar para a rúa, o que implica un risco moi elevado.

Con anterioridade procederase a reparar as bredes de malla rota, e agora puxoselle unha novo nos tramos máis deteriorados sobre a xa existente para reforzar máis estes puntos.

No hay comentarios: