22/1/09

CREADA A COMISION QUE REDISTRIBUIRA AS ZONAS DE INFLUENCIA DE CADA CENTRO ESCOLAR DE CARBALLO

Comenza o traballo para redistribuir os nenos dos colexios carballeses.

O Colexio Fogar e o Bergantiños son os que teñen a cobertura de matrículas máis grande do municipio.

O Consello Escolar Municipal de Carballo acaba de crear seu primeiro grupo de traballo para buscar solucións a un dos problemas educativos que máis preocupa a poboación: a escolarización. Creouse un comité que se encargará de reformular as áreas de influencia de cada centro e evitar, desta maneira, a saturación das matrículas.

O novo grupo de traballo estará representado polo Inspector de área, Manuel Abeledo; a Concelleira de Educación, Mar Eirís; En representación dos directores estará o Director do colexio Fogar, Fernando Garea; polo profesorado, Antonio Fernández Martínez, e representando os pais, a Presidenta da Federación de ANPAs de Carballo, Encarna Herranz.

Unha vez formado este comité, fixarase un calendario de reunións para poñer en marcha o traballo. O obxetivo deste grupo será liberar a aqueles centros, como o colexio Fogar, o Bergantiños ou A Cristina, que se encontran o límite da súa capacidade, para cubrir outros que, como no caso do San Luis Romero, contan con poucas matrículas.

Según a edil carballesa Mar Eirís, «será un traballo que intenta adiantarse os problemas que poderían aparecer nun futuro coa escolarización». Además añadió: «levará bastante tempo, pois require uns trámites nos que existen uns prazos determinados. De todas maneiras, dende o Concello estamos traballando con previsión neste tema e, por iso, de cara ao curso que vén tomaranse diferentes medidas para que a escolarización non sexa un problema». De feito, esperase que a nova zonificación escolar esté lista para el curso 2010-2011.

Para Encarna Herranz, o reparto de zonas de influencia está pasando factura as familias. Ela cree que o conflicto comenza na falla de servicios. «Agora mesmo os nenos de Verdillo e Artes tocalles ir o Fogar, cando, en realidade, a eles quedaríalles mellor ir a Sofán. A xente prefire traer os nenos a Carballo porque estos alumnos teñen garantizado o comedor (público) e o transporte escolar». A representante das ANPAs é conscente de que a nova zonificación pode levantar tiranteces entre a poboación. «Somos conscentes de que teremos xente a que non lle pareza ben, e que se farán protestas, pero vamos a intentar facer o mellor para resolver este problema que existe en torno a escolarización no municipio», añadiu.

O Director do colexio Fogar da capital de Bergantiños, Fernando Garea, é un dos integrantes do grupo de traballo, que se encargará de diseñar a nova distribución de alumnos polos centros do municipio carballés, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen. Garea sabe que este será un proxecto complicado, aínda que necesario. «A verdade é que se trata dunha obligación que tenemos todos coa escolarización no Concello. Ofreceremos unha proposta razonada e que se axuste as necesidades da comunidade», apuntou. O responsable do Fogar sabe que as novas áreas de influencia supondrán un cambio de hábitos para moitos escolares, xa que un dos obxetivos é intentar que os estudantes non teñan que enfrentarse a grandes distancias para ir a clase. «Na actualidade, todolos colexios de Carballo teñen a mesma calidade, polo que agardamos que a nova zonificación sexa positiva para todo o mundo».

No hay comentarios: