A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde de 8 de maio de 2008 (DOG do 19 de maio), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e de recoñecemento do traballo realizado polos centros e polo profesorado que, individual ou colectivamente, está levando adiante prácticas educativas innovadoras. Cumprida a tramitación prevista na orde de convocatoria, e de conformidade pola Comisión de Selección do día 11 de novembro de 2008, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria RESOLVE: Primeiro.-Conceder os premios á innovación educativa convocados pola Orde de 8 de maio de 2008 aos traballos do profesorado e aos centros que se relacionan no anexo á presente orde.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2008.
Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.
O noso colexio acadou o premio:
* Modalidad C.
-Categoría C-1: cinco premios de 1.500 euros.
5º Premio.
- Título do traballo: "Proxecto para o fomento da lectura e valoración da lingua galega".
-Director: Juan Carlos Díaz Peñas.
-Centro: CEIP A Cristina (Carballo - A Coruña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario