8/1/09

VAMOS EMPEZAR CA ESCOLA DE PAIS E NAIS DE VIEIRO

A Anpa A CASILLA e a Asociación VIEIRO poñen en marcha a ESCOLA PARA PAIS E NAIS, C ca que se quere facer PREVENCION no AMBITO FAMILIAR. Neste proxecto darán a coñecer a todas as familias con fillos en idade escolar a información e formar aos pais á hora de desempeñar o labor de educadores.
Os contidos de devandito curso, consideramos de vital importancia cara á educación dos fillos e constan dos seguintes temas:
  • AUTOESTIMA-

  • COMUNICACIÓN-

  • HABILIDADES SOCIAIS-

  • RESOLUCION DE PROBLEMAS-

  • FRACASO ESCOLAR-

  • ADOLESCENCIA-

  • PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO, ALCOL E DROGAS-

  • RELACION PAIS E EDUCADORES-

  • O XOGO E OUTROS.

A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases preséncialles quincenais dunha hora e media de duración. As clases desenvolveranse na sala de servicios multiples do colexio.

A Escola celebrarase tódolos venres e estará composta de dous grupos os cales iran asistindo un venres si e outro non, as datas e horas da primeira sesión serán:

  • Primeiro grupo comenza o día 16 de xaneiro de 15´15 ata ás 16´45h., no que participarán 21 nais.

  • segundo grupo comenza o día 23 de xaneiro as mesmas horas, no que participaran 22 nais.

Na confección dos grupos fixose polo criterio de xuntar os pais dos nenos do mesmo curso e unha segunda dividindo desde educación infantil ata 3º curso e de 4º ata 6º.

O lúns 12 de xaneiro as participantes recibiran unha chamada telefónica, na que se lle comunicará o día que empezan na Escola de Pais/Nais.

Queremos dar as grazas a Asociación Vieiro pola súa contribución desinteresada, o colexio por ceder as instalacións e tamén a todas as inscritas, xa que desde a ANPA, queremos que esta escola sexa a continuación e a complementación dos Cursos de Habilidades que recibiron os nenos no colexio, tamén impartidos por Vieiro. Por este motivo contaremos como profesora con Dona Belén Alvarez, Psicóloga de Vieiro que foi a encargada de darlle os nenos o Curso de Habilidades.

No hay comentarios: