20/1/09

PROXECTO AS ADIVIÑAS NA FALA VIVA


Como ben sabedes por novas anteriores o noso colexio está a levar a cabo o proxecto de literatura oral popular relacionado coas adiviñas.

Gracias a colaboración de todos tense unha gran recolleita das mesmas que non poderán ir no albún de cromos que se vai elaborar. É por iso que desde o colexio pensan en facer un libro con todas elas para ser exposto na semana do libro no pazo da cultura de carballo e logo no museo do pobo galego.

Unha vez máis desde o colexio pidese a colaboración de todoslos pais, nais e titores para facer dúas páxinas dese libro cada familia. En cada páxina trátase de escribir cada unha das adiviñas que levades e xunto con ela un debuxo. Pódese usar calqueira tipo de material: ceras, pinturas, rotuladores, papel ...

A idea deste traballo é facelo entre os membros da familia xa que un dos obxetivos do proxecto é recuperar ou fomentar o valor que ten a transmisión de pais a fillos dos saberes populares tanto pola comunicación como polo vínculo nas relacións da familia.

o prazo para entregar os traballos rematará o día 9 do mes de febreiro.

O claustro de profesores agradecevos a vosa colaboración, e desde a ANPA queremos animarvos a todos a contribuir en esta iniciativa e a súa vez felicitar o profesorados.

No hay comentarios: