
28/1/09
OS NENOS DO SAHARA XA DISFRUTAN DO MATERIAL ESCOLAR

27/1/09
NOVO HORARIO PARA A XORNADA DOS MERCORES

HOXE CELEBROUSE NO COLEXIO REUNION DO CONSELLO ESCOLAR
- Aprobación das contas do ano 2008.
- Aprobación das actividades extraescolares para o 2º e 3º trimestre.
No apartado das actividades extraescolares que desenvolverá o colexio serán as seguintes:
25 de Marzo. Saida o Centro Comercial Carrefour de Coristanco. http://www.carrefour.es/hipermercados/guia_hipermercados/coristanco.html
3 de xuño. Saida a Granxa Escola Belelle - Neda - A coruña. http://www.granxaescolabelelle.com/
- 1º CICLO: ( 1º E 2º ) :
12 de Marzo. Saida a Coruña, Fundación Luis Seoane e Domus. http://www.luisseoanefund.org/ http://www.casaciencias.org/Domus/
15 Xuño. Saida a Granxa Escola Belelle - Neda - A coruña. http://www.granxaescolabelelle.com/ - 2º CICLO: (3º e 4º):
11 de Marzo. A Coruña a Domus. http://www.casaciencias.org/Domus/
15 de Xuño. Saida a Granxa Escola Belelle - Neda - A coruña. http://www.granxaescolabelelle.com/
2 Abril. Santiago, Centro de Arte Contemporánea e Museo do Pobo Galego. http://www.cgac.org/ http://www.museodopobo.es/
26 Maio. Lugo , Parque e enclave natural de Marcelle. http://marcellenatureza.com/
Rematou a reunión con Rogos e preguntas, no que se trataron diversos temas de orden interna.
24/1/09
ENTREVISTA A CONSELLEIRA DE EDUCACION SOBRE A SUPRESION DAS CLASES POLO TEMPORAL

Asegura que o aviso se deu no momento xusto, cando o parte meteorolóxico indicou que ir a clase podería ser un risco.
-Decidimos suspender as clases ante as previsións meteorolóxicas que indicaban un alto risco de temporal, sobre todo de fortes ventos, con refachos de máis de 140 quilómetros por hora, que afectaban fundamentalmente ás provincias da Coruña e Lugo. Durante toda a tarde, os datos que nos chegaban desde MeteoGalicia e o ministerio en Madrid indicaban un empeoramento do tempo. A partir das oito e media da tarde [do xoves], a consellería, Protección Civil e MeteoGalicia tomamos a decisión polo alto risco que se prevía e para velar pola seguridade dos alumnos e dos profesores.
-As previsións meteorolóxicas van cambiando co tempo. O xoves, as previsións e os datos dos que dispoñía MeteoGalicia foron variando de hora en hora, ao longo da tarde. A partir das seis da tarde sabíase que habería ventos moi fortes, e cando os datos indicaron que chegarían aos 140 quilómetros por hora é cando se tomou a decisión, baseada en datos científicos contrastados. A meteoroloxía, de tódolos xeitos, non é unha ciencia exacta.
-A meteoroloxía baséase na predición e na estatística. Os datos danse en función da previsión do momento. E nós, ante a dúbida de que puidese haber unha fronte a partir das dúas da tarde de hoxe [pola de onte], tomamos a decisión de suspender as clases e velar así pola seguridade nun momento no que o risco era grande.
-Non pode haber improvisación porque baseamos a decisión nos datos dos organismos oficiais. A decisión non se puido tomar nin antes nin despois.
-Nada máis decidir que non habería clase, informouse a tódolos directores dos centros por teléfono, e-mail ou SMS, a través dos delegados provinciais. Todos foron informados e todos tiñan que estar hoxe [por onte] nos seus postos, agás que houbese risco para eles. Foron aos colexios e institutos a primeira hora da mañá e ata as doce do mediodía para informar ás familias que non coñecían o aviso.
-Na provincia da Coruña, por exemplo, os nenos que se achegaron aos centros ou foron ás paradas de bus foron un 1,6% do total de alumnos. É dicir, o proceso de información funcionou perfectamente. Tamén haino que agradecer aos medios de comunicación, que informaron do aviso con moita prontitude, o cal favoreceu tamén a difusión. E as empresas de transporte escolar tamén colaboraron indo ás paradas a primeira hora da mañá para avisar aos pais que aínda non estivesen enterados. Estou moi satisfeita porque os equipos directivos dos centros responderon ao máximo nivel, coma sempre, e houbo un gran apoio do transporte e dos medios.
-Non só nas instalacións escolares, tamén no exterior dos centros. Este é un temporal forte.
-Como conselleira de Educación e responsable dun Goberno, o primeiro é velar pola seguridade dos cidadáns. Esa foi a decisión que se tomou.
23/1/09
QUEDA SUSPENDIDA HOXE A ESCOLA DE NAIS POLO TEMPORAL

22/1/09
ESTE VENRES, SUSPENDIDAS AS CLASES NO COLEXIO POLO TEMPORAL

NOTICIA RELACIONADA
O tempo se recrudece 190.000 alumnos da Coruña e Lugo quedan mañá sen clases debido ao temporal .
Educación decidiu suspender todas as clases de ensino non universitario nestas dúas provincias.
Galicia permanece en alerta laranxa por fortes ventos, que poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora nas próximas horas.
Un total de 190.000 alumnos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo quedarán mañá venres sen clase por culpa do temporal.
Así o decidiu a consellería de Educación ante a ameaza do forte temporal de vento que azoutará a comunidade nas próximas horas.
A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) advertiu hoxe que os ventos en Galicia, que permanece en alerta laranxa, poderían alcanzar este fin de semana os 140 km/h. e que as precipitacións acumularán 50 litros por metro cadrado en 12 horas. A alerta de nivel amarelo por precipitacións comezou esta tarde informou Meteogalicia, desde as 18 horas ata as 6 horas de mañá do venres, día 23, e que poderían superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas nas provincias da Coruña e Pontevedra. AEMET informa de que as precipitacións intensificaranse novamente na noite do venres ao sábado, cando poderían chegar a acumularse 50 litros por metro cadrado en 12 horas. O vento, de compoñente suroeste, será especialmente intenso a partir de mañá nas comarcas atlánticas e nas zonas altas, onde haberá refachos que oscilarán entre os 120 e os 140 quilómetros por hora, informou Protección Civil nun comunicado.
A intensidade dos refachos de vento será menor, 100 quilómetros por hora, nas zonas de interior de Galicia.
A situación do mar .
En canto á situación no mar, foi decretada a alerta laranxa por situación meteorolóxica adversa, con ondas de ata 5 metros de altura e ventos de forza de 7 a 8.
Así, o mar de vento dará lugar a mar grosa e moi grosa, con áreas de mar arboredo nas augas costeiras da Comunidade galega.
A Dirección xeral de Protección Civil avisou deste episodio meteorolóxico adverso ás diferentes administracións e recomendou á poboación que adopten medidas de autoprotección, como evitar pasar preto de obxectos que poidan caer ou edificios en ruínas.
BOLSAS DE IDIOMAS DE "FUNDESFOR"

O programa de Bolsas de Idiomas oferta 1500 bolsas para cursos de idiomas no extranxeiro e 400 cursos de idiomas en España (adicionalmente adxudicaránse ata 120 bolsas que se deducirán das 1500 para os solicitantes de primaria) e pretende facilitar a aprendizaxe e o perfeccionamento daqueles idiomas da Unión Europea que representan as linguas faladas pola inmensa maioria dos seus habitantes. Os paises onde se poden realizar estes cursos no extranxeiro son : Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemania e Italia.
Os cursos que se realicen no extranxeiro poden acadar unha dotación máxima de 2.725 euros ou en réxime aberto de 1.135 euros.
Os beneficiarios deste programa, xuventude (maiores de 12 anos para os programas no extranxeiro e maiores de 10 anos para os programas en España) e traballadores menores de 30 anos de toda España, poderán presentar as solicitudes xunto coa documentación requerida ata o vindeiro 30 de xaneiro. Valoraráse positivamente a súa vinculación coa mineria, o nivel de renda familiar e a situación de orfandade absoluta.
As bases e os impresos desta convocatoria poden consultarse na Concelleria de Cultura do Concello de Carballo, ou no teléfono 981704300. Ademáis pódese consultar este programa de axudas e bolsas na páxina web http://www.fundesfor.com/ , no correo electrónico programa@fundesfor.com , no teléfono 913964921/32. As solicitudes dirixiránse á Secretaria Técnica e administrativa do "Programa de Axudas e Bolsas da Fundación para el desarrollo de la Formación en las Zonas mineras del Carbón", na rúa Velázquez. 130 bis Bloque 3, 1ª planta 28006 Madrid.
CREADA A COMISION QUE REDISTRIBUIRA AS ZONAS DE INFLUENCIA DE CADA CENTRO ESCOLAR DE CARBALLO

O Colexio Fogar e o Bergantiños son os que teñen a cobertura de matrículas máis grande do municipio.
O Consello Escolar Municipal de Carballo acaba de crear seu primeiro grupo de traballo para buscar solucións a un dos problemas educativos que máis preocupa a poboación: a escolarización. Creouse un comité que se encargará de reformular as áreas de influencia de cada centro e evitar, desta maneira, a saturación das matrículas.
O novo grupo de traballo estará representado polo Inspector de área, Manuel Abeledo; a Concelleira de Educación, Mar Eirís; En representación dos directores estará o Director do colexio Fogar, Fernando Garea; polo profesorado, Antonio Fernández Martínez, e representando os pais, a Presidenta da Federación de ANPAs de Carballo, Encarna Herranz.
Unha vez formado este comité, fixarase un calendario de reunións para poñer en marcha o traballo. O obxetivo deste grupo será liberar a aqueles centros, como o colexio Fogar, o Bergantiños ou A Cristina, que se encontran o límite da súa capacidade, para cubrir outros que, como no caso do San Luis Romero, contan con poucas matrículas.
Según a edil carballesa Mar Eirís, «será un traballo que intenta adiantarse



20/1/09
PROXECTO AS ADIVIÑAS NA FALA VIVA

19/1/09
O NOSO COLEXIO ACADOU O PREMIO POLO "PROXECTO PARA O FOMENTO DA LECTURA E VALORACION DA LINGUA GALEGA

15/1/09
14/1/09
REUNION DA FEDERACION DE CENTROS PUBLICOS DE CARBALLO

A FANPAC, valorará a proposta e puntos de vista das ANPAS, para acudir a reunión cunha visión máis global das necesidades particulares de cada centro de ensino, así como o de facer unha valoración sobre o proxecto do concello.
CONVOCADA AS ANPAS PARA O DIA VINTE DESTE MES POLA CONCELLEIRA DE EDUCACION

A colaboración entre os concellos e a consellería fixo posible levar estes servizos a moitos sitios e agora o Concello de Carballo intenta implantar o seu proxecto elaborado pola empresa SENES.
11/1/09
POLIZA DO CONTRATO DE SEGUROS DE ACCIDENTE 2009

CONDICIONES PARTICULARES.
Tomador del seguro:
Datos identificativos ASOC.PADRES ALUMN.COLEGIO PUB. A CRISTINA c.i.f.: G15112865
C/ Rua Blanco Amor S/N 15100 Carballo.
Póliza y Duración:
Póliza nº: 017710069. Suplemento nº 7
Duración: Desde las 00:00 horas del 01/12/2008 hasta las 24 horas del 30/11/2009. Renovable a partir del 01/12/2009.
A partir de la fecha de efecto de este suplemento las Condiciones de la Póliza de Seguro quedan sustituidas íntegramente por las presentes Condiciones.
Mediador:
CORREDURIA E XESTION DE SEG.TOÑITO S.L.420 4201505
CL TARRAGONA 26 . 15100 CARBALLO Tel: 981754544 .
Descripción Riesgo Global:
Número de asegurados: 99.
Naturaleza del riesgo: ALUMNOS COLEGIO C.E.I.P. 'A CRISTINA' .
Descripción GrupoNúmero 1:
Número total de asegurados del colectivo: 99.
Categoria del riesgo: Estudiantes de Colegios e Institutos .
Detalle de la actividad: ALUMNOS DEL COLEGIO C.E.I.P.'A CRISTINA' .
Modalidad de cobertura: Riesgo especial.
Ampliación de la cobertura: Sin ampliación.
Garantías Contratadas:
Muerte 3.000,00 Euros por asegurado.
Invalidez Permanente S/Baremo 6.000,00 Euros por asegurado.
Asistencia Sanitaria Concertada Incluida.
Cláusulas:
1. Motivo del suplemento.
Afecta a todos los asegurados.
Motivo del suplemento:
LISTADO ACTUALIZADO ALUMNOS CURSO 2008-2009 PASANDO DE 122 A 99.
2. Varias garantías de incapacidad permanente.
Afecta a todos los asegurados.
En caso de que se hayan contratado varios tipos de Incapacidad Permanente,no serán acumulables las indeminizaciones que pudieran corresponder por laaplicación de varias de ellas.Se exceptúan las coberturas con capital añadido en caso de accidente decirculación.
3. Naturaleza mercantil del contrato.
Afecta a todos los asegurados.
Ambas partes acuerdan expresamente someterse al orden civil y mercantil,quedando por tanto excluida la jurisdicción laboral.Idéntica condición operará en el caso de que el contrato se formalice conel fin de cubrir a un colectivo de trabajadores, aún en el caso de que segaranticen mejoras voluntarias del Régimen General de la Seguridad Social.A este respecto, la presente póliza es ajena e independiente a cualquierotra que el Tomador del Seguro estuviera obligado a suscribir como conse-cuencia del Convenio de Empresa.Por todo lo anterior, tendrá la consideración de 'Accidente' cubierto porla póliza, únicamente aquel hecho que reúna los requisitos indicados enlas Condiciones Generales y Particulares de la póliza, en desarrollo de la Ley de Contrato de Seguro. No será de aplicación la declaración de accidente emitida por cualquier otro organismo fuera del ámbito civil o mercantil.
4. Disminución física o psíquica.
Afecta a todos los asegurados.
El Tomador del Seguro declara que en la fecha de entrada en vigor delseguro para cada asegurado, ninguno de los trabajadores se encuentraafectado por ningún tipo de minusvalía o lesión.
5. Gastos de sepelio menores de 14 años.
Afecta a todos los asegurados.
Cuando la edad del asegurado sea inferior a 14 años, la cantidad señaladapara caso de Muerte, se abonará en concepto de Gastos de Sepelio.
6. Límite edad asegurable.
Afecta a todos los asegurados.
El contrato cesa al término de la anualidad de seguro en la cual el asegurado/a cumpla los 70 años de edad. No obstante, si el asegurador continúaemitiendo recibos de prima posteriores y son atendidos por el tomador, elseguro se considerará prorrogado durante el período que figure en aquellos.
7. Declaración de salud.
Afecta a todos los asegurados.
El Asegurador, en virtud de las declaraciones de salud realizadas por el Tomador del Seguro en el cuestionario de salud incluido en la Solicitudde Seguro y al informe realizado en su caso por el médico seleccionador, acepta la cobertura de las Garantías relacionadas en las Condiciones Par-ticulares, con las limitaciones establecidas en las mismas.
8. CENTROS RECOMENDADOS: GALICIA.
Afecta a todos los asegurados.
Centros recomendados para asistencia sanitaria:
Coruña:
-Policlín.El Carmen (c/Malecon, 15 B-STA.UXIA DE RIVEIRA-TFO.981 87 21 54).
-Clinica o burgo (Rúa do Ferrocarril, bajo F Tf. 981-661-422 Fax 981 654 47115670-O BURGO).
-Hospital San Rafael (Las Jubias,82 - Tfo. 981 28 3688).
Santiago Compostela:
-policlínica Rosaleda (Leon de Caracas,1- Tfo. 981 56 2600)
Ourense:
-Centro la Fraternidad (Edif.Torrelaguna.Las Lagunas Tfo 988 24 6150).
-Policlínico Cosaga (Av. Saenz Diez, 61- Tfo. 988 37 1682).
Pontevedra :
-Hospital MIguel Domínguez (Fray Juan de Navarrete,9-Tfo 986866296).
Vigo:
-Clínica Povisa (Salamanca,5 - Tfo. 986 41 3144).
-Clínica Santa Cristina (Sagunto, 24- Tfo. 986 27 1778).
Procedimiento de actuación:
Deberá acreditarse la condición de asegurado mediante la presentación de lapóliza o datos de la misma, así como cumplimentar la declaración de siniestro.
Unicamente en caso de asistencia urgente, no será necesaria la acreditaciónanterior.
La Compañía reembolsará los gastos abonados por el Asegurado, siempre que el siniestro haya sido aceptado y previa presentación de las facturas originales.
9. POLIZA INNOMINADA: IDENTIFICACIÓN ASEGURADOS.
Afecta a todos los asegurados.
IDENTIFICACIÓN DEL COLECTIVO ASEGURADO.
-LA RELACIÓN DE PERSONAS ASEGURADAS ESTÁ DISPONIBLE EN:
INDEXADO EN PÓLIZA
10.CUMULO CONOCIDO.
Afecta a todos los asegurados.
Queda convenido que en un accidente del que resultasen varias víctimas pertenecientes al grupo asegurado,la indemnización será la fijada en Condiciones Particulares para cada una de ellas, sin que el total a indemnizar porel Asegurador en el siniestro pueda exceder del importeindicado, repartiéndose, en su caso, dicha cantidad proporcionalmente a los capitalesasegurados individualmente.
Importe: 6.000.000,00 de Euros.
11.Centros escolares (Alumnos).
Afecta al grupo 1.
Por la presente póliza se garantiza la prestación pactada como consecuencia de los accidentes que puedan sobrevenir a los alumnos del Centro docente que contrata la póliza.Los asegurados deberán estar inscritos en los libros oficiales de matrícula del Centro.
La cobertura del seguro abarca única y exclusivamente el período lectivo yen cualquiera de las siguientes circunstancias:
-En las horas de clase, recreos, juegos, gimnasia, ejercicios físicos, horas extraordinarias de estudio, exámenes, refectorio y trabajos manuales,propios de la actividad escolar.
- Trayecto de ida y vuelta al colegio, bien a pie o en medio de transportede uso general, incluida motocicleta de cilindrada inferior a 125 c.c.
-Actividades extraescolares, dentro o fuera del recinto escolar,siempre queéstas se realicen bajo la tutela del profesorado, salvo la práctica de deportes con carácter competitivo, tanto en el propio Centro como fuera delmismo.
- Excursiones dentro del territorio nacional con duración inferior a diez días.
12.Asistencia sanitaria centro recomendados.
Afecta al grupo 1.
La Garantía de Asistencia Sanitaria, se regirá de acuerdo con lo indicado acontinuación: El Asegurador reembolsará la totalidad de los gastos médico-farmacéuticos en Centros de la Seguridad Social o recomendados por el Asegurador.
En aquellas poblaciones en las que no existieran Centros Recomendados, sereembolsará al asegurado el importe de los gastos ocasionados, tomando comolímite las tarifas vigentes de Accidentes de Trabajo en España.
La duración de la prestación será igual a la duración de la póliza y, entodo caso, con el límite de un año y mínimo de treinta días.
PrimasRef. : 866715064.
Período: de 01/12/2008 a 30/11/2009.
Periodicidad del pago: Anual.
Prima Neta........ 158,93
IPS (6%)................9,53
Recargos................0,48
Consorcio..............0,69
Total Recibo......169,63.
Servicios para el Asegurado.
Para realizar de manera rápida consultas, peticiones de aclaración, declaración de siniestros, solicitudes de intervención, corrección de errores o subsanación de retrasos, el Asegurado deberádirigirse a:
En cualquier caso
El Mediador CORREDURIA E XESTION DE SEG.TOÑITO S.L. teléfono . . . . . . 981754544 También a través de su e-mail amaro.xestion@allianzmed.es .
de su web www.agenteallianz.com/amaro.xestion .
Para cuestiones administrativas y de servicio.
El Centro de Atención al Cliente de Allianz . . . . . . . . . . 902 300 186
(de lunes a viernes laborables, de 8'15 a 20 horas).
También a través de su web http://www.allianz.es/.
Emitido en CARBALLO a 3 Diciembre 2008.
Recibida mi copia y aceptado el contrato en todos sus términos y condiciones.El Tomador.
Por mi mediación, El Mediador.
9/1/09
ENTREVISTA LAURA PIÑON E COMENTARIOS

Laura Sánchez Piñón: “Queremos levar as actividades fóra de horario escolar a todos os concellos”.
O ensino das linguas é un dos grandes obxectivos de cara aos anos vindeiros e no que vimos traballando. En 2008 consolidáronse as bolsas para estadías de estudos de inglés ou francés no estranxeiro e campamentos de inmersión lingüística en España e en 2009 convocaremos 2.600 prazas. O alumnado que participa nestas accións, segundo o seu profesorado, mellora a pronunciación e a expresión de forma moi clara. As seccións bilingües, que imparten materias non lingüísticas nun idioma estranxeiro, é outra aposta nesta liña. Este curso incrementáronse moitísimo, pasamos a unhas 600 e demos un salto moi grande en Primaria, ata as cen. Temos ademais un convenio co Ministerio para accións formativas do profesorado en idiomas, e contamos dende o curso pasado con Erasmus, doutros países, como asistentes de conversa, un programa moi atractivo para o alumnado.
A proba de avaliación de diagnóstico (que este ano se estrea en 4º de Primaria e 2º da ESO) farese loxicamente tanto en galego como en castelán e daranos os primeiros resultados de como vai o decreto, que leva un curso e tres meses en marcha. A súa implantación ten unha aceptación total entre as familias. As protestas son anecdóticas nun sistema que ten 400.000 alumnos.
Nesta lexislatura pasamos dun ordenador cada 13 alumnos a un cada cinco, como en Reino Unido ou comunidades como o País Vasco. Agora toca incidir na formación docente para o uso destes equipos e doutros como os encerados electrónicos. Tamén sería interesante que cada centro teña un dinamizador en tecnoloxías da información e da comunicación, e se avanzou moito na conexión á Internet.
Xa hai uns 600 centros que teñen algún plan de mellora do éxito escolar. Os resultados empezan a verse, pero haberá que agardar para avalialos. Notarémolo cando os rapaces que participan neles cheguen ao final da ESO. E o importante é tanto aumentar o número dos que rematan esta etapa como o dos que seguen a estudar. A grande aposta de futuro é, de feito, aumentar o alumnado que continúa facéndoo tras a obrigatoria, a través da FP. Na universidade estamos moi ben, máis do 40% dos mozos optan por esta vía. Pero deberiamos pasar do 37% que elixe a FP ata o 50%.
Hai que chegar aos pais, a través dos titores e dos orientadores, incidir nos últimos anos da ESO na necesidade de seguir a estudar para conseguir inserirse no mercado laboral. Hoxe calquera experto en economía pon o acento na formación e cando se fala de España, no que sae mal é neste tramo da FP.
A oferta de FP era ás veces excesivamente ríxida, como parada no tempo, cando ten que ser dinámica.Ten que ser máis flexible e dar resposta a sectores nos que hai dez anos non se pensaba, como o das enerxías renovables ou o coidado de persoas maiores. E para iso hai que ir da man coas empresas e administracións como os concellos, que coñecen as necesidades de cada zona. Xa traballamos así en Ferrolterra e este curso a matrícula de FP na comarca incrementouse un 9%.
Boloña é unha aposta clara polo ensino público. Non haberá unha redución da formación. As carreiras serán de catro anos, e en moitos países son de tres, e por primeira vez os másteres, a especialización, será a prezos públicos. É ademais unha aposta pola mobilidade e por Europa. Penso que despois do euro, o proceso de Boloña vai ser a acción máis potente das políticas europeas. O financiamento seguirá sendo practicamente público e o Goberno central, igual que se fixo coa LOE, que ten unha memoria económica de sete millóns de euros, está traballando nesta cuestión.
¿Para cando o novo plano de financiamento dos campus galegos?.
8/1/09
VAMOS EMPEZAR CA ESCOLA DE PAIS E NAIS DE VIEIRO

Os contidos de devandito curso, consideramos de vital importancia cara á educación dos fillos e constan dos seguintes temas:
- AUTOESTIMA-
- COMUNICACIÓN-
- HABILIDADES SOCIAIS-
- RESOLUCION DE PROBLEMAS-
- FRACASO ESCOLAR-
- ADOLESCENCIA-
- PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO, ALCOL E DROGAS-
- RELACION PAIS E EDUCADORES-
- O XOGO E OUTROS.
A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases preséncialles quincenais dunha hora e media de duración. As clases desenvolveranse na sala de servicios multiples do colexio.
A Escola celebrarase tódolos venres e estará composta de dous grupos os cales iran asistindo un venres si e outro non, as datas e horas da primeira sesión serán:
- Primeiro grupo comenza o día 16 de xaneiro de 15´15 ata ás 16´45h., no que participarán 21 nais.
- segundo grupo comenza o día 23 de xaneiro as mesmas horas, no que participaran 22 nais.
Na confección dos grupos fixose polo criterio de xuntar os pais dos nenos do mesmo curso e unha segunda dividindo desde educación infantil ata 3º curso e de 4º ata 6º.
O lúns 12 de xaneiro as participantes recibiran unha chamada telefónica, na que se lle comunicará o día que empezan na Escola de Pais/Nais.
Queremos dar as grazas a Asociación Vieiro pola súa contribución desinteresada, o colexio por ceder as instalacións e tamén a todas as inscritas, xa que desde a ANPA, queremos que esta escola sexa a continuación e a complementación dos Cursos de Habilidades que recibiron os nenos no colexio, tamén impartidos por Vieiro. Por este motivo contaremos como profesora con Dona Belén Alvarez, Psicóloga de Vieiro que foi a encargada de darlle os nenos o Curso de Habilidades.
VAI DAR COMENZO A ESCOLA DE PAIS/NAIS NO COLEXIO
- AUTOESTIMA-
- COMUNICACIÓN-
- HABILIDADES SOCIAIS-
- RESOLUCION DE PROBLEMAS-
- FRACASO ESCOLAR-
- ADOLESCENCIA-
- PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO, ALCOL E DROGAS-
- RELACION PAIS E EDUCADORES-
- O XOGO E OUTROS.
A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases preséncialles quincenais dunha hora e media de duración. desenvolveranse na sala de servicios multiples do colexio.
Haberá dous grupos e seran os venres:
- O primeiro empezará o día 16 de xaneiro ás 15´15 ata ás 16´45h., no que participarán 21 nais.
- O segundo empezará o día 23 de xaneiro ás mesmas horas, no que participaran 22 nais.
A ANPA dentro dos proxectos de formación, quere desenvolver esta actividade, para complementar os cursos de habilidades que se lle están dando os nenos, de este xeito podemos facer unha formación integral de pais e fillos.
A Escola será impartida pola psicóloga de Vieiro Dona Belén Alvarez, que é a que imparte tamén os nenos do colexio o programa de habilidades de Vieiro.
Procederase a avisar os participantes chamando a cada un dos inscritos por teléfono para comunicarlle o grupo en que está e o día que comenza, comenzarase o día 11 de xaneiro.
Dar as grazas as nais pola boa acollida do curso e a aproveitalo, xa que con el aprenderemos un pouco máis sobre como educar os nosos fillos e os recursos que podemos ter.