
30/11/08
250 ALUMNOS ASISTIRAN A OBRA DE TEATRO "UN AVÓ ESPECIAL"

ELEXIDOS TODOLOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DA CRISTINA

- Dona Elvira Costa Cobas.
- Dona Nieves Chouciño.
- Dona Ana Belén Touriño.
- Dona Sagrario Paz Souto.
POLOS PAIS:
- Dona Monserrat Cambón Fidalgo.
- Dona Sonia Belén Reigía Pose.
- Dona Inés Vallebona Trigo (Elexida nas anteriores eleccións)
- Don Xosé Mª Arán Rodriguez (Elexido nas anteriores eleccións)
EN REPRESENTACION DA ANPA:
- Dona Begoña Pose Aríjón.
POLO PERSOAL DE ADMINISTRACION E SERVIZOS:
- Don Alejandro López Guerra.
EN REPRESENTACION DO CONCELLO:
- Don José Manuel Garcia Guillín.
Tamén formarán parte do Consello Escolar a Equipa Directiva do Centro: o Director en calidade e Presidente, a Xefa de estudos e a Secretaria, esta última terá voz pero non voto
A todos sorte na nova etapa do Consello Escolar.
26/11/08
OS CONSELLOS ESCOLARES NON ESTAN FACULTADOS PARA TOMAR ESTE TIPO DE DECISION SOBRE A RETIRADA DOS CRUCIFIXOS

25/11/08
SEGURO ESCOLAR- accidente, colectivo, voluntario


Para alumnos do Colexio A Cristina, tendo en conta que este seguro non é obrigatorio, senón voluntario.
Pola presente cotización, a póliza garantirá a prestación pactada como consecuencia dos accidentes que poidan sobrevir ós alumnos do Centro docente que contrata a póliza.
Os asegurados deberán estar inscritos nos libros oficiais de matrícula do Centro.
A cobertura do seguro abarca única i exclusivamente o período escolar i en calquera das seguintes circunstancias:
- Nas horas de clase, recreos, xogos, ximnasia, exercicios físicos, horas extraordinarias de estudios, exames, comedor e traballos manuais, propios da actividade escolar.
- Traxecto de ida e volta ó colexio, ben a pé i en medio de transporte de uso xeral.
- Actividades extraescolares, dentro ou fora do recinto escolar, sempre que éstas se realicen baixo a tutela do profesorado – monitores-, salvo a práctica de deportes con carácter competitivo, tanto no propio Centro como fora do mesmo.
- Excursións dentro do territorio nacional con duración inferior a dez días.
Prezo: de 8 euros por alumno.
Duración do seguro: do 01-11-08 ó 01-11-09
___________________________________________________________________________________
As garantías cubertas pola Compañía de Seguros Allianz, fíxanse para cada sinistro nas cantidades que para cada ano se sinalan a continuación:
- En caso de Falecemento un capital de (Gastos Sepelio) ------------------------------ 3.000 €
- En caso de Invalidez Total e Permanente ------------------------------------------- 6.000 €
- Asistencia sanitaria: garantirase a totalidade dos gastos médico-farmacéuticos nos centros recomendados pola Compañía ( incluída Clínica Carballo).
Naquelas poblacións nas que non existiran Centros Recomendados, reembolsarase ó asegurado o importe dos gastos ocasionados, tomando como límite as tarifas vixentes de Accidentes de Traballo no estado Español.
A duración da prestación será igual á duración da póliza i , en todo caso, co límite dun ano.
Outras prestacións.
- Operacións de salvamento ou búsqueda do accidentado e transporte necesario, ata un máximo de 750 euros por asegurado e sinistro.
- Locomoción e rehabilitación do asegurado cando fosen motivados por necesidades de curación e autorizados polo Asegurador.
- Ciruxía plástica, reparadora, prótesis, gafas, aparatos acústicos, material de ortopedia, osteosíntesis e fixadores externos co límite máximo de 750 euros.
Procedemento en caso de accidente: - Durante a presencia no colexio estarán a disposición da dirección do centro os volantes para ser atendidos.
- Durante as actividades extraescolares a coordinadora de deportes da ANPA, terá os partes de asistencia.
- Se o accidente se procedera en outras circunstancias, poñerse en contacto cos membros da ANPA. 609862129 secretaria ANPA.
Avisarase á familia; se non fose posible a súa localización ou a urxencia o requerise , trasladarase o alumno ó centro sanitario acompañado do titor, mestre, coordinador ou adulto facultado.
24/11/08
ELEXIDOS OS DOUS REPRESENTANTES DOS PAIS NO CONSELLO ESCOLAR


- Dona Montserrat Cambón Fidalgo.
- Dona Sonia Belén Reigia Pose.
Felicitacións as dúas pola súa elección e desexarlle tódolos parabéns na súa labor.
Con este proceso, pasaran a formar parte tamén os novos docentes elexidos polo claustro de profesores, o representante do persoal non docente e a representante da ANPA.
A todos eles e os que xa forman parte do Consello Escolar elexidos fai dous anos, desexarlle novos folgos en esta nova andaina do Consello Escolar.
23/11/08
LUNS 24 ELECCIONS O CONSELLO ESCOLAR

O LUNS 24 DE 16´00h. A 19´00h. OS PAIS DO COLEXIO " A CRISTINA" PROCEDEREMOS A ESCOLLER OS REPRESENTANTES DOS PAIS NO CONSELLO ESCOLAR.
Nesta ocasión é de acordo a resolución da Dirección Xeral de ordenación e Innovación Educativa, do 1 de setembro de 2008, pola que se establece o calendario para a celebración de elección dos Consellos Escolares de centros non universitarios.
Este Lúns procederemos no noso colexio a elección de dous representantes de pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar en representación dos pais. Os outros dous representantes son neste momento Dona Ines Vallebona Trigo e D. Xosé Mª Arán Rodriguez, que foron elexidos na elección anterior no 2006. Por outra banda o quinto representante e como marca a lei, ten que ser designado pola ANPA, a representante designada é Dona Begoña Pose Arijón (Presidenta da ANPA).
Polo exposto na elección vaise a elexir a dous representantes dos pais, nesta ocasión presentanse catro pais:
- Dona Montserrat Cambón Fidalgo.
- Don Celesino Pallas González.
- Dona Sonia Belén Reigía Pose.
- Don Carlos Sánchez Torres.
- Lembrade que teñén dereito a votar tódolos pais, nais e titores legais que estén inscritos no censo exposto con anterioridade no centro, podendo votar os dous, pai e nai.
- O voto será directo, secreto e non delegable.
- As papeletas e sobres estarán no colexio no lugar de votación.
- Nas papeletas estarán os nomes dos candidatos, e só se poderá votar por un, o cal se lle terá que poñer unha cruz.
- Para votar terase que levar o DNI, ou documento que nos acredite.
- O horario de votación será de 16´00h. a 19´00h.
- Seguidamente procederase o reconto dos votos, que será un acto público e poderán estar presentes os que así queiran.
DESDE A ANPA ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR MAIORITARIAMENTE, COMO MOSTRA DE COMPROMISO CA EDUCACION DOS NOSOS FILLOS E NA PARTICIPACION DOS PAIS NOS PROCESOS QUE ASI NOS DESIGNA A LEI PARA A NOSA REPRESENTATIVIDADE NOS ORGANOS DE GOVERNO DO CENTRO.
20/11/08
A ANPA " A CASILLA" EN BERTV

19/11/08
PROMOCION DO IDIOMA ENTRE ESCOLARES

Foto: Diario de Bergantiños/Marema
SESION PARA A PROMOCION DO IDIOMA ENTRE OS ESCOLARES.
18/11/08
ELECCIONS O CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO
A Consellería de Educación e O.U. (DOG do 18/09/08) establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares (renovación parcial). Como ben sabedes polos diferentes escritos que se enviaron por mediación dos nenos e pola información exposta do calendario electoral no taboleiro de anuncios da ANPA. hoxe rematou o prazo de presentación de candidaturas.
No noso colexio temos que elixir a 2 representantes das nais/pais e titores, nesta ocasión presentanse 4 candidatos, a todos eles gracias pola súa participación.
As elección serán o 24 novembro de 16´00 a 19´00.
XA SABEDES TODOS A PARTICIPAR E A VOTAR.
NOVA SOBRE O BLOG, APARECIDA NA VOZ DE GALICIA

A asociación de pais do colexio A Cristina crea un blog para informar aos socios das súas actividades.
Redacción, Carballo.
A asociación de pais do colexio A Cristina sumouse á introdución das novas tecnoloxías nas súas actividades habituais e crearon un blog, no que informan aos socios de todas as actividades promovidas desde a entidade.
A iniciativa xurdiu da agrupación A Casilla co obxectivo de facer chegar ás familias todas as propostas do equipo directivo da agrupación. «Ou nacemento deste blog nace ca premisa de achegar as novas dá ANPA e do colexio, así como unha serie de enlaces asociados para a divulgación dá vida do mundo dá educación», explican desde o centro.
Así, ademais de dar a coñecer as actividades, os responsables da páxina (www.anpaacasilla.blogspot.com) intentan chegar a toda a sociedade carballesa, para que o traballo que realizan desde o colexio A Cristina poida servir de exemplo para outros colectivos. Tamén servirá de fiestra a través da que a ANPA dará coñecer as novidades do colectivo. De feito, na web pódense consultar os estatutos da asociación, o relacionado ao pago das cotas dos socios ou todas as accións emprendidas pola organización. Así, unha das entradas está dedicada a unha petición que a ANPA realizou no Concello para solicitar que este arranxe as beirarrúas da rúa Camilo Xosé Cela.
Colaboración
O espazo web está a disposición das entidades de Carballo. Así, unha das actividades propostas pola asociación A Casilla é a escola de pais, que impulsa Vieiro, iniciativa á que dedicaron un post, invitando ás familias a unirse a esta actividade. Desde o colectivo animan aos veciños a dar ideas e propostas para mellorar o blog.
Pero este non é a única páxina creada desde un centro educativo. Fas semana, o Fogar presentaba un blog (www.colegiofogar.blogspot.com), que actualizan os alumnos con axuda dos profesores. O espazo está concibido para que a comunidade educativa traballe contidos en rede. Ademais, a iniciativa persegue achegar o uso das novas tecnoloxías aos estudantes.
Fai clik aquí, para enlazar ca noticia orixinal.
17/11/08
SECRETARÍA XERAL DE POLITICA LINGÜÍSTICA

Máis de 1.500 escolares de Infantil e Primaria do Concello participan nunha campaña de animación lingüística.
Arredor de 1.500 nenos e nenas dos centros escolares de Carballo participarán ao longo do mes de novembro e ata o 18 de decembro nunha campaña de animación lingüística en galego promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Carballo e as editoriais Kalandraka, Galaxia e Edicións Xerais. A actividade está dirixida fundamentalmente aos alumnos de Infantil e Primaria e percorrerá non só os centros da capital municipal, senón tamén os dalgunhas parroquias, ademais do Pazo da Cultura.
O obxectivo, segundo expresou a directora xeral de Política Lingüística, Cristina Rubal, durante a presentación deste programa, é favorecer a dinamización do galego entre a infancia e a adolescencia, xa que "aí é onde está o futuro do idioma". Rubal subliñou que o Concello de Carballo é "un dos que atraen un maior número de iniciativas" relacionadas coa lingua e con maior resposta por parte da poboación.
En canto ás actividades, a Editorial Galaxia leva o 18 de novembro ao Auditorio do Pazo da Cultura 'Flis-fli-ris-flas. Cóntallo en galego' para un total de 525 alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Primaria. Edicións Xerais colabora coa organización dunha actuación da compañía Trinke-Trinke, que leva ata o Pazo da Cultura a representación de 'Os soños na gaiola' de Manuel María. Será o 20 de novembro para os nenos e nenas do CEIP Fogar.
Por último, do 1 ao 18 de decembro será Kalandraka a encargada de difundir a tradición oral do galego con 'Cantar e contar. Ler na nosa lingua', que viaxará polos colexios e tamén ata unha exposición no Pazo da Cultura entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro. "O idioma é patrimonio de todos", resaltaba o Alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación do programa, engadindo que Carballo é un dos municipios con máis galegofalantes e desexando que "cada vez máis persoas empreguen o idioma".
ESCRITO MANDADO, BACHE ARREGLADO

A VOLTAS CA DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO

Despois de permanecer a principio de curso un pouco incredulos de interarnos pola prensa da "Dimisión do equipo directivo do colexio", é sin ánimo de facer "máis fume que ruido", xa que consideravamos erroneas algunha afirmacións que aparecían na prensa, e cando pensabamos que xa quedara atras a polémica, volta a sair de novo nos xornais pola devandita "dimisión".
Facer primeiro unhas pequenas aclaracións, A Dirección do CEIP "A Cristina" de Carballo non dimitiu nunca, outra cousa é que presentase a súa dimisión, xa que para levarse a efectos ten que ser aprobada pola Delegación, cousa que non aconteciu a principio de curso e moito menos agora, e no futuro quen sabe....
Dous, a reclamación por falta dun profesor, foi devida a que o profesor que se tiña que incorporar o seu posto non o fixo por pedir unha comisión de servizos, o que supón que a Delegación debía mandar outro profesor.
A consecuencia deste tema a ANPA, puxose en contacto cos responsables educativos da nosa provincia a principio de curso e comentaron que non se mandaría ningún profesor para cubrir esta vacante, do mesmo xeito que non se aceptaría a demisión do equipo directivo. Evidentemente nós amosamos a nosa discrepancia e a necesidade de contar co docente.
Ata aquí todo vai ben, pero como consecuencia das continuas informacións na prensa sobre as deficiencias de profesorado nos centros e en concreto no CEIP "A Cristina", os pais manifestaron a súa preocupación sobre este tema, e a resposta desta ANPA, é a seguinte :
O Colexio da Cristina ten no seu catálogo de asignación de profesorado na actualidade a 14 profesores e a día de hoxe contamos con 17, xeneralistas e especialistas ( non vamos a entrar en máis detalles) nós non consideramos que teñamos moitos profesores, sempre os que se teñen son poucos e cantos máis mellor, esto redundará na calidade da ensinanza, ou sexa no beneficio dos nosos fillos. Pero tamén temos que ter claro que cando se esixe algo tense que deixar "claro" tódolos datos, e a realidade actual e que estamos en mellor disposición de profesorado que outros centro, xa que temos que ter en conta que nós só contamos con unha única linea, e decir unha clase por cada curso, incluindo educación infantil.
Claro está que non nos pase como o do "conto do lobo". A ANPA, pensa que as reclamacións téñense que facer falando e con datos obxetivos, aínda que nós neste tema non fomos consultados nun principio, si temos claro e así se lle manifestou ás autoridades educativas, que nos nón tíñamos nada que ver cas famosas declaracións de "Dimisión" da equipa directiva, e transmitimos que si neste curso non se cubría a praza se fixera no próximo, sin reducción do profesorado que temos a maiores como apoio. Porque o mellor ninguén pensou que con esta clase de reclamacións, o que se pode conseguir e que no vindeiro curso nos mande o profesor que nos falta e a súa vez nos retiren os docentes que temos a "maiores do catálogo".
Por eso temos que traballar con moito "sentidiño" e mirar polo beneficio dos nenos.
Polo tanto moitas veces certos titulares poden facer máis dano que beneficio, e por certo é sin ánimo de crítica os medios, pero si de responsabilidade. Do mesmo xeito que sempre se deben consultar todalas partes afectadas a hora de emitir unha nova sobre un colectivo no que están presentes varias sensibilidades, docentes, pais e persoal non docente, unha comunidade educativa facemola todos.
Pois de novo a tranquilizarvos papas, no colexio non dimitiu ninguén, nin vai a dimitir e a traballar todos que é o que temos que facer para conseguir un ensino público e de calidade. Que así sexa.
COMENZO DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES

- INFANTIL 4 ANOS: Martes.- Educación Física de Base. Xoves.- Patinaxe.
- INFANTIL 5 ANOS: Martes.- Educación física de base. Xoves.- Patinaxe.
- PRIMEIRO: Martes.- Patinaxe.- Xoves.- Educación física de base.
- SEGUNDO: Martes.- Patinaxe. Xoves.- Educación física de base.
- TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO. Martes e Xoves o deporte que escolleron.
Agardando que dentro das limitacións presupostarias que temos, os rapaces disfruten o máximo posible, xa que está actividade te como fin a promoción do deporte de base, a adquisición de hábitos saudables, a autodisciplina e a convivencia entre os seus participantes.
13/11/08
PETICION O CONCELLO DE ARRANXO DA RUA CAMILO XOSE CELA

Por tal motivo solicitase no escrito o Concello, que a maior brevidade posible se proceda a retirada destas pedras e a reparación dos baches existentes na rúa. Tamén manifestar que se teña en conta un novo asfaltado da vía, por ter esta a necesidade o estar cuarteada, xa que con anterioridade procedeuse a reparación dos baches e volveron a reproducirse o pouco tempo.
12/11/08
PAGO CUOTA ANPA

O PAGO DA CUOTA DE SOCIOS DA ANPA, 8 EUROS ANO. COMO FOI ACORDADA NA ULTIMA ASEMBLEA XERAL.
PARA FACILITARVOS A TODOS O PAGO DA CUOTA, ADXUNTAMOS UN SOBRE ONDE TEDES QUE POÑER :
O NOME, CURSO DO NENO.
NOME E APELIDOS DOS PAIS E DIRECCION DO DOMICILIO
E OS 8 EUROS.
LEMBRADE QUE A CUOTA E FAMILIAR POR LEI.
SI TES MAIS DUN NENO PON NO MESMO SOBRE OS NOMES DELES E O CURSO DE CADA UN.
ESTE ANO ENGADIMOS OS NOMES DOS PAIS E DOMICILIO, PORQUE TEMOS QUE DAR DE ALTA COMO MARCA A LEI, O REXISTRO DE SOCIOS E PARA ESO NECESITASE OS DATOS QUE VOS PEDIMOS,
ESTES DATOS ESTARAN CUSTODIADOS POLO SECRETARIO E ADAPTARASE A NORMATIVA DA LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. Para eliminación dos datos dirixirse a anpa.acasilla@gamail.com.
OS SOBRES PODEN TRAELOS OS NENOS O COLEXIO, OS DIAS 17-18 E 19 DE NOVEMBRO, SERAN RECOLLIDOS POLOS MEMBROS DA ANPA, CANDO ESTEAN NAS FILAS ANTES DE ENTRAR NA CLASE.
LEMBRAR QUE A CUOTA SE INVIRTE EN GASTOS COMO O DO AUTOBUS DA PISCINA, E OUTRAS ACTIVIDADES.
ACORDOUSE POLOS PAIS QUE AQUELES QUE NON PAGUEN A CUOTA NON SE BENEFICIEN DESTOS TEMAS, POLO QUE É FUNDAMENTAL PAGALA PARA NON FACER DISCRIMINACIONS COS NENOS.
POR ESO PEDIMOSCHE, POR FAVOR, A TUA COLABORACIÓN UN ANO MAIS.
E OS NOVOS PAIS DOS NENOS DE 3 ANOS, A INVITACION ESPECIAL A PARTICIPAR.
A TODOS GRAZAS.
ESCOLA DE PAIS

* AUTOESTIMA.
*COMUNICACIÓN.
*HABILIDADES SOCIAIS.
*RESOLUCION DE PROBLEMAS.
*FRACASO ESCOLAR.
*ADOLESCENCIA.
*PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO, ALCOL E DROGAS.
*RELACION PAIS E EDUCADORES.
*O XOGO.
*OUTROS.
O citado curso é totalmente gratuíto e o único que se vos pide e formar como mínimo un grupo de polo menos 10 persoas. A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases presénciales quincenais dunha hora e media de duración. O horario será de 15´15h a 16´45h ( mentras os nenos están en clase) os VENRES, o lugar será a sala de Servizos Multiples do Colexio. As clases estarán desenvolvidas por unha psicóloga especializada. O prazo de inscrición finaliza o próximo día 12 de Decembro ( aínda que se pide que canto antes se entregue a solicitude mellor, xa que as prazas serán cubertas por orde de inscripción), faráse entrega os membros da ANPA no colexio, ( O coordinador do curso será o secretario da ANPA, Xosé Mª Aran-. Móvil.-609862129.
7/11/08
ESTATUTOS DA ANPA "A CASILLA" DO CEIP "A CRISTINA" CARBALLO
