25/11/08

SEGURO ESCOLAR- accidente, colectivo, voluntario

A ANPA, pon un ano máis a disposición de tódolos alumnos o seguro escolar.

Para alumnos do Colexio A Cristina, tendo en conta que este seguro non é obrigatorio, senón voluntario.

Pola presente cotización, a póliza garantirá a prestación pactada como consecuencia dos accidentes que poidan sobrevir ós alumnos do Centro docente que contrata a póliza.
Os asegurados deberán estar inscritos nos libros oficiais de matrícula do Centro.
A cobertura do seguro abarca única i exclusivamente o período escolar i en calquera das seguintes circunstancias:

- Nas horas de clase, recreos, xogos, ximnasia, exercicios físicos, horas extraordinarias de estudios, exames, comedor e traballos manuais, propios da actividade escolar.
- Traxecto de ida e volta ó colexio, ben a pé i en medio de transporte de uso xeral.
- Actividades extraescolares, dentro ou fora do recinto escolar, sempre que éstas se realicen baixo a tutela do profesorado – monitores-, salvo a práctica de deportes con carácter competitivo, tanto no propio Centro como fora do mesmo.
- Excursións dentro do territorio nacional con duración inferior a dez días.

Prezo: de 8 euros por alumno.

Duración do seguro: do 01-11-08 ó 01-11-09
___________________________________________________________________________________

As garantías cubertas pola Compañía de Seguros Allianz, fíxanse para cada sinistro nas cantidades que para cada ano se sinalan a continuación:

- En caso de Falecemento un capital de (Gastos Sepelio) ------------------------------ 3.000 €
- En caso de Invalidez Total e Permanente ------------------------------------------- 6.000 €

- Asistencia sanitaria: garantirase a totalidade dos gastos médico-farmacéuticos nos centros recomendados pola Compañía ( incluída Clínica Carballo).

Naquelas poblacións nas que non existiran Centros Recomendados, reembolsarase ó asegurado o importe dos gastos ocasionados, tomando como límite as tarifas vixentes de Accidentes de Traballo no estado Español.

A duración da prestación será igual á duración da póliza i , en todo caso, co límite dun ano.
Outras prestacións.

  • Operacións de salvamento ou búsqueda do accidentado e transporte necesario, ata un máximo de 750 euros por asegurado e sinistro.
  • Locomoción e rehabilitación do asegurado cando fosen motivados por necesidades de curación e autorizados polo Asegurador.

  • Ciruxía plástica, reparadora, prótesis, gafas, aparatos acústicos, material de ortopedia, osteosíntesis e fixadores externos co límite máximo de 750 euros.

    Procedemento en caso de accidente:

  • Durante a presencia no colexio estarán a disposición da dirección do centro os volantes para ser atendidos.
  • Durante as actividades extraescolares a coordinadora de deportes da ANPA, terá os partes de asistencia.

  • Se o accidente se procedera en outras circunstancias, poñerse en contacto cos membros da ANPA. 609862129 secretaria ANPA.

    Avisarase á familia; se non fose posible a súa localización ou a urxencia o requerise , trasladarase o alumno ó centro sanitario acompañado do titor, mestre, coordinador ou adulto facultado.


No hay comentarios: