Xa se ve que as veces os nosos gobernantes escoitan as demandas dos gobernados, no día de hoxe o Concello procedeu a reparar os baches existentes na rúa Camilo Xosé Cela, acarón do colexio.
Despois do escrito entregado o pasado día 13 de novembro polo secretario da ANPA, no rexistro xeral do Concello, visto o tempo pasado agradecer en nome da ANPA, e dos veciños, a boa disposición da actuación.
Do mesmo xeito agardamos que se teña en conta o arranxo total das rúas, con unha nova capa de aglomerado asfaltico, como tamén se pedía no escrito o antes posible, xa que sin necesidade non é.
Como di o refrán " de ben nacidos é ser agradecidos ", pois así o transmitimos, grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario