Mostrando entradas con la etiqueta a cristina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a cristina. Mostrar todas las entradas

28/12/08

EQUIPO DIRECTIVO


Os Órganos de Goberno Unipersonales constitúen o Equipo Directivo do Centro e traballa de forma coordinada no desempeño das súas funcións.


Funcións do Equipo Directivo:
-Velar polo bo funcionamento do Centro. Estudar e presentar ao Claustro de Profesores e ao Consello Escolar propostas para facilitar e fomentar a participación coordinada de todo a comunidade educativa na vida do Centro.
-Propor procedementos de avaliación das actividades e proxectos do Centro e colaborar nas avaliacións externas.
-Propor á comunidade escolar actuacións de carácter preventivo que favorezan as relacións entre os distintos colectivos que a integran e melloren a convivencia do Centro.
-Adoptar as medidas necesarias para a execución coordinada das decisións do Consello Escolar e do Claustro no ámbito das súas respectivas competencias.
-Establecer os criterios para a elaboración do proxecto de orzamento.
-Elaborar a proposta do Proxecto Educativo do Centro, a Programación Xeral Anual e a Memoria final do curso.

Atribucións do Director /Directora dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria: a) Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.
b) Exercer a Xefatura de todo o persoal adscrito ao centro e adoptar as resolucións disciplinarias que correspondan de acordo coas normas aplicables.
c) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro cara á consecución do proxecto educativo do mesmo, de acordo coas disposicións vixentes e sen prexuízo das competencias atribuídas ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar do centro.
d) Ostentar a representación do centro, sen prexuízo das atribucións das demais autoridades académicas.
e) Colaborar cos órganos do Departamento de Educación en todo o relativo ao logro dos obxectivos do centro.
f) Propor ao Dpto. de Educación o nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo, previa información ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar do centro.
g) Impulsar a colaboración coas familias, coas institucións e con organismos que faciliten a relación do centro coa contorna e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos.
h) Favorecer a convivencia no centro, resolver os conflitos e impor todas as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos, de acordo coas normas que estableza o Dpto. de Educación e en cumprimento dos criterios fixados no regulamento de réxime interior do centro. A tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos do centro. i) Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do Claustro de profesores do centro e executar os acordos adoptados no ámbito das súas competencias.
j) Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións... así como autorizar os gastos de acordo co orzamento do centro, ordenar os pagos e visar certificacións e documentos oficiais do centro, todo iso de acordo co que estableza o Dpto. de Educación.
k) Promover plans de mellora da calidade do centro, así como proxectos de innovación e investigación educativa.
l) Impulsar os procesos de avaliación interna do centro e colaborar coas avaliacións externas. m) Designar aos Coordinadores de ciclo, aos Titores e aos Coordinadores de etapa, no seu caso, así como cesar aos Coordinadores de ciclo e/ou etapa, de acordo co procedemento establecido.
n) Elaborar e aprobar, xunto co resto do Equipo Directivo, a Programación Xeral Anual, valorando as propostas formuladas polo Consello Escolar e polo Claustro de Profesores.
ñ) Supervisar os asuntos relacionados coa xestión do comedor escolar.
0) Garantir o dereito de reunión do profesorado, alumnado, pais e nais de alumnos e persoal de administración e servizos.
p) Calquera outras que lle sexan encomendadas polo Departamento de Educación.

Funcións do Xefe/Xefa de Estudos:
-Coordina as actividades de carácter académico, de orientación e complementarias e vea pola súa execución.
-Elabora en colaboración co Equipo Directivo os horarios académicos do alumnado e profesorado, de acordo cos criterios do Claustro e o horario xeral da Programación Xeral Anual.
-Coordina as tarefas dos Equipos de Ciclo. Coordina e dirixe a acción dos Titores e do Orientador conforme aos plans de Orientación Educativa e Acción Tutorial.
-Elabora a programación anual das actividades complementarias e extraescolares coas propostas de profesores e pais. Coordina ditas actividades en colaboración co Claustro e a Apyma.
-Organiza as actividades que posibiliten o plan de formación do profesorado Substitúe ao Director en caso de ausencia ou enfermidade.

Funcións do Secretario / Secretaria:
-Ordena o réxime administrativo e económico do Centro coas directrices do Director e leva a contabilidade. -Actúa como Secretaria dos Órganos Colexiados do Centro.
-Expide certificacións. Realiza o inventario xeral.
-Custodia os libros e arquivos do Centro... os medios audiovisuais, informáticos e o material didáctico... e vea polo seu mantemento.
-Elabora o anteproxecto de orzamento económico do Centro.

OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA


Cada colegio e instituto de secundaria de Galicia tendrá que elaborar un plan de convivencia propio.

El documento, que se redactará en el primer trimestre, incluirá un diagnóstico sobre los conflictos del recinto y diseñar una estrategia para mejorar la situación que recoja objetivos, medidas y plazos. "El plan", señala la consellería, "debe caracterizarse por ser contextualizado, factible, preventivo, progresivo, colaborativo e institucional". Educación determinará los "elementos mínimos" que ningún centro podrá eludir.
La convivencia en las aulas en Galicia se controlará a través de una pirámide cuya cúspide será el Observatorio Galego da Convivencia Escolar, una entidad consultiva y asesora en la que participarán todos los implicados en la educación. El organismo tendrá tres órganos -autonómico, provincial y de centro- y se encargará de evaluar "sistemáticamente" el nivel de conflictividad en los colegios y de proponer medidas para mejorarlo. El observatorio promoverá con las universidades investigaciones sobre la convivencia escolar.


Un nuevo concepto de disciplina,pero no con las "connotaciones negativas" que el pasado le ha imprimido a esta palabra. Educación sostiene que la disciplina es "una necesidad personal y social" y la define como "normas democráticas de convivencia, elaboradas y asumidas como propias por todos los sectores implicados, en el aula, en el centro, en cualquier organización social o actividad".Algunos de sus puntos fundamentales son:
Los consejos escolares de todos los colegios e institutos de secundaria de Galicia crearán un observatorio que se reunirá semanalmente para dar cuenta de la indisciplina que se haya producido en los últimos días, desde peleas entre estudiantes hasta rebeliones contra los profesores o destrozos vandálicos.
Los inspectores de Educación supervisarán los reglamentos disciplinarios de los centros y permitirán que los alumnos cambien los castigos que les impongan por "servicios a la comunidad", seminarios o programas para mediar en conflictos.
Los reglamentos internos de cada centro serán revisados periódicamente con la supervisión de los inspectores educativos y negociados con los estudiantes.
Dinamización de las asociaciones de madres padres y exigirles más responsabilidad a las familias en los estudios de los niños.
Creación de módulos formativos para que los docentes aprendan "habilidades sociales y de comunicación", "resolución de conflictos", mediación escolar, "inteligencia afectivo y emocional" y "educación en valores".
Educación implicará en la prevención de los conflictos a otros departamentos: a otras consellerías, a los ayuntamientos, a las diputaciones y a entidades como Cáritas o Cruz Roja.
Cada colegio e instituto de secundaria de Galicia tendrá que elaborar un plan de convivencia propio a partir del curso que viene. El documento, que se redactará en el primer trimestre, incluirá un diagnóstico sobre los conflictos del recinto y diseñar una estrategia para mejorar la situación que recoja objetivos, medidas y plazos.

FUNCIONAMENTO CONSELLO ESCOLAR



O Consello Escolar é o órgano de participación da Comunidade Educativa no funcionamento do Centro.
Os pais e nais de alumnos, o profesorado, o persoal de administración e servizos e do Concello de Carballo, todos estes sectores participan na xestión do centro a través do Consello Escolar.
No noso Centro compono 14 membros con dereito a voto.

A representación queda coa seguinte composición:
Director do Centro que é o Presidente do Consello Escolar.
Xefa de Estudos.
5 Representantes do profesorado (Elexidos polo Claustro de profesores).
4 Representantes dos pais e nais (Elexidos polos pais, nais e titores).
1 Representante da ANPA, designado por esta.
1 Representante do Concello de carballo.
1 Representante do persoal de administración e servizos (persoal non docente).
A Secretaria do Centro (con voz e sen voto).

Actualmente, o Consello Escolar esta constituído coas seguintes persoas:
Presidente: Juan Carlos Díaz Peña.
Xefa de estudos: Olga Rodríguez Poo.
Secretaria: Cristina Alonso Regueira.
Representantes do profesorado: Antonio Corbelle Fernández, Elvira Costa Cobas, Nieves Chouciño Pouso, Sagrario Paz Souto,
Representantes pais/nais alumnos: María Inés Vallebona Trigo, Sonia Belén Reigía Pose, María Monserrat Cambón Fidalgo e Xosé María Arán Rodríguez.
Representante Asociación pais-nais de alumnos/as: Begoña Pose Arijón.
Representante do persoal de administración e servizos: Alejandro Guerra.
Representante do Concello: Xosé Manuel Guillín .

O Consello Escolar reúnese ao longo do curso en sesións de traballo para tomar decisións que afectan ao goberno colexiado do Centro. Entre outros temas e reunións máis importantes están as seguintes:
Propostas e aprobación do Plan do Centro (setembro e outubro).
Propostas e aprobación dos orzamentos e contas de xestión (setembro, outubro, marzo e xuño).
Aprobación dos criterios complementarios de admisión dos alumnos (febreiro).
Calendario escolar e baremación das solicitudes de admisión dos alumnos (maio).
Aprobación da memoria de final de curso (xuño).

Atribucións do Consello Escolar dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria:
a) Formular propostas ao equipo directivo sobre a programación xeral anual do centro, así como elaborar, aprobar e avaliar o o Proxecto Educativo, sen prexuízo das competencias do Claustro en relación coa planificación e organización docente.

b) Elaborar informes, a petición do Dpto. de Educación, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade do mesmo.
c) Participar no proceso de admisión de alumnos e velar para que se realice dacordo o establecido na normativa vixente.
d) Aprobar o Regulamento de Réxime Interior do centro.
e) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente.
f) Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a súa liquidación.
g) Promover a conservación e a renovación das instalacións e equipo escolar.
h) Propor as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, con outros centros, entidades e organismos.
i) Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice o Dpto. de Educación.
j) Ser informado da proposta do Dpto. de Educación do nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo.
k) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, Observatorio de convivencia.
l) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación e os órganos competentes.

18/12/08

REUNION DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL


Unha comisión analizará a repartición de alumnos nos colexios de Carballo.

O Consello Escolar Municipal reuniuse por primeira vez tras a súa constitución no mes de maio.

O Consello Escolar Municipal de Carballo celebrou onte a súa primeira reunión oficial tras a súa constitución, o pasado mes de maio. Ao encontro, que tivo lugar no centro Xesús San Luís Romeu, asistiron case unha vintena de membros (entre eles, o alcalde e a edila de Ensino, Mar Eirís). Quedou formada unha comisión de traballo, formada por un representante do Concello, outro da Xunta, ademais dos profesores, a dirección dos centros escolares e un máis polos pais.

Dentro do Consello Escolar Municipal, está designado pola Federación Municipal de Centros Públicos o noso secretario da ANPA, Xosé Mª Arán Rodriguez, o cal e membro en representación dos pais.

Esta comisión terá un rol consultivo, e entre as propostas que fará o Concello está a análise da repartición de alumnos nos colexios de Carballo, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen.

Por outra banda, o Inspector de Educación Manuel Abeledo, realizou unha valoración sobre os retos do próximo curso 2009-2010. Que pasaran pola adopción de medidas transitorias para poder escolarizar os nenos, xa que existe para o próximo ano unha previsión bastante importante nos nacidos con dereito a escolarización según os datos do censo.

PAPA NOEL VIRA O FESTIVAL DE NADAL DO COLEXIO

Hoxe recibimos unha carta moi especial da secretaria de Papa Noel, na que nos manda da súa parte aseguinte mensaxe:


PROGRAMA DE ACTOS DO FESTIVAL

Venres 19 de decembro, ás 10´00 horas no Pazo da Cultura.

Entrada de alumnos no colexio as 9´10h. Os nenos de educación infantil irán acompañados das familias ata o pazo da cultura.

A saída dos nenos será as 13´10h. no colexio.

ACTUACIONS:

  • EDUCACION INFANTIL 4 ANOS:

Recitado de conto "CONTO DE XIRAFAS"

  • EDUCACION INFANTIL 3 ANOS:

"O BAUL DOS MEUS XOGUETES".

  • EDUCACION INFANTIL 5 ANOS:

"O BONEQUIÑO".

  • 1º EDUCACION PRIMARIA:

"A RUN RUN MEU NENO".

  • 3º DE EDUCACION PRIMARIA:

teatro "EN EL PORTAL DE BELEN".

Panxoliñas "EN EL PORTAL DE BELEN".

" OH, CHRISTMAS TREE".

  • 2º EDUCACION PRIMARIA:

Recitado.

  • 6º EDUCACION PRIMARIA:

Baile "WILD ROCK" de Camp Rock.

Coreografia "EN ESPELLO" de Reflexos.

Panxoliña "RUDOLPH THE RED-NOSED REINDER".

  • 4º EDUCACION PRIMARIA:

Teatro "O CAMELO DO REI BALTASAR".


Panxoliña "O AGUINALDO".

Panxoliña "JINGLE BELLS".

  • 5º EDUCACION PRIMARIA:

Baile "HASTA LA VISTA" dos DJs.

Composición "CUATRO MAS DOS".

Panxoliña " STA. CLAUS IS COMING TO TOWN".

O REMATE PAPA NOEL, RECIBIRA A TODOLOS NENOS E DARALLES UN AGASALLO.



UNHA VIAXE SOLIDARIA


Xa sabedes que hoxe pola tarde procederase a recoller no colexio a doazón de material escolar ( lápices, colores, gomas, libretas...), que os nenos queiran aportar para darllos os nenos do Sahara.

Como anos anteriores corre con esta iniciativa Francisco Rojo Vilar (Kico), socio da ANPA e pai de Roberto de 1º de Primaria.

Durante a súa viaxe o material recollido seralle distribuido os nenos que así o precisan.

Agradecerlle a "Kico" esta iniciativa solidaria e sobre todo porque fai que os nosos nenos valoren tamén a vida que teñen outros semellantes de carencias e necesidades elementais, é unha forma de inculcarlle a solidaridade entre iguais.

30/11/08

ELEXIDOS TODOLOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DA CRISTINA




OS NOVOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR XA ESTAN ESCOLLIDOS:

POLOS MESTRES:
  • Dona Elvira Costa Cobas.

  • Dona Nieves Chouciño.

  • Dona Ana Belén Touriño.

  • Dona Sagrario Paz Souto.

POLOS PAIS:

  • Dona Monserrat Cambón Fidalgo.

  • Dona Sonia Belén Reigía Pose.
  • Dona Inés Vallebona Trigo (Elexida nas anteriores eleccións)
  • Don Xosé Mª Arán Rodriguez (Elexido nas anteriores eleccións)

EN REPRESENTACION DA ANPA:

  • Dona Begoña Pose Aríjón.

POLO PERSOAL DE ADMINISTRACION E SERVIZOS:

  • Don Alejandro López Guerra.

EN REPRESENTACION DO CONCELLO:

  • Don José Manuel Garcia Guillín.

Tamén formarán parte do Consello Escolar a Equipa Directiva do Centro: o Director en calidade e Presidente, a Xefa de estudos e a Secretaria, esta última terá voz pero non voto

A todos sorte na nova etapa do Consello Escolar.







26/11/08

OS CONSELLOS ESCOLARES NON ESTAN FACULTADOS PARA TOMAR ESTE TIPO DE DECISION SOBRE A RETIRADA DOS CRUCIFIXOS


A Xustiza nega ao consello escolar a potestade de decidir sobre a cruz.


Catro sentenzas atribúen ás autonomías o poder de retirar os símbolos.
Os consellos escolares dos centros educativos non poden tomar decisións sobre cuestións que incumben a dereitos fundamentais. Esa potestade é da Administración que teña as competencias sobre educación. Así o puxeron de manifesto polo menos catro sentenzas nos últimos anos, unha do Tribunal de Superior de Xustiza de Madrid, de 2002; tres do de Castela e León, dous de 2007, e a coñecida o pasado fin de semana que ordena a retirada dos crucifixos no colexio público Macías Picavea de Valladolid.

En Andalucía abonda con que o pida un só pai para que se retire. Os xuíces argumentan de distintos xeitos -e en resolucións nas que os consellos escolares manifestouse tanto a favor como en contra de retirar os crucifixos- que cando hai un conflito nun centro público pola presenza destes símbolos, non corresponde a este consello (formado por representantes da dirección, os pais e os alumnos) a decisión última sobre iso porque transcende ás súas funcións. Estas teñen que ver basicamente co funcionamento e a xestión do centro.

A primeira sentenza de Castela e León, ditada pola xuíza Encarnación Lucas, deu a razón á Asociación Cultural Sociedade Laica de Valladolid, que solicitaba a retirada das cruces. A Xunta recorreuna co argumento, entre outros, de que "os crucifixos deben considerarse como bens inmobles por destino ou pertenzas e, atendendo á competencia municipal de conservación dos edificios destinados a albergar colexios públicos, correspondería a competencia ao consello escolar". Outra segunda sentenza conclúe que, se hai conflito, debe decidir a administración competente: "Corresponde ao consello escolar a decisión inicial da cuestión controvertida, sen prexuízo da posibilidade de revisión daquela pola Administración autonómica", sinala.

A sentenza do Superior de Madrid, de 2002, declarou ilegal a decisión do consello escolar da Escola Pública San Benito. A asociación de pais quería retirar a cruz e o director negouse. Cada autonomía vai abordando este problema segundo vaise presentando desde o final do franquismo.

En Andalucía, a Consellería de Educación non ten ningún plan de retirada dos símbolos relixiosos nos centros públicos. Sostén que o modo de actuar neste tipo de casos está fixado pola Lei de Educación de Andalucía (LEA), o Estatuto autonómico e unha resolución do Defensor do Pobo Andaluz. Con que só un pai ou unha nai dun colexio ou instituto público pida que se retire o crucifixo débese facer, sen que a decisión teña que votarse nos consellos escolares. A Consellería andaluza non ten rexistrado o número de símbolos relixiosos que se retiraron. Só lles chegan estes casos cando hai problemas. O último caso coñecido data de 2006, cando un grupo de pais pediu a retirada dos símbolos nun colexio de Baza (Xaén). Tras aquel conflito houbo algúns movementos máis. CC OO reclama á Xunta que poña en marcha algunha norma para a retirada dos símbolos dos colexios sen que os pais téñano que solicitar.

Na Comunidade Valenciana, desde fai unha década e media os colexios públicos foron retirando todos os símbolos relixiosos. Un dos pioneiros, fai sete anos, o Ballester Fandos de Valencia fíxoo de xeito moito máis casual. "O equipo directivo expuxo, no primeiro claustro que tivo, a retirada das imaxes de virxes e algúns adornos relixiosos", explica o xefe de Estudos, Ximo Alpuente. Nin sequera levou ao consello escolar. "Fíxose de forma natural. Díxose ao persoal que se alguén quería reclamar algún dos obxectos, pasase a recollelos. Só houbo unha reclamación: eran unhas cucharitas de prata cunha cruz". Nesta comunidade non existe ningunha norma que obrigue a retirar os símbolos relixiosos dos colexios.

O debate sobre os signos relixiosos nos centros do País Vasco fíxose tras o franquismo. A finais dos setenta retiráronse os crucifixos ao mesmo tempo que os símbolos da ditadura. As capelas que existían nalgunhas escolas foron reutilizadas como aulas, segundo recorda un portavoz de Educación do Goberno vasco. Non había ningunha normativa respecto diso, pero as escolas foron retirándoos (nalgúns casos foron os mesmos profesores quen os quitaron, segundo recorda Javier Nogueiras, de CC OO). Educación non descarta, con todo, que algún centro manteña algún signo relixioso.

Nas escolas catalás non hai crucifixos. Fai décadas que non se colocan nas novas e nas antigas fóronse retirando tras a ditadura. O ensino é laica nos centros públicos, recorda Educación, segundo a Constitución e o Estatuto catalán, aínda que existe o dereito a recibir ensino relixioso. E se nalgún centro hai símbolos ninguén se queixou. Outra cousa son os centros relixiosos concertados, que teñen ideario propio e, xa que logo, signos cristiáns nas aulas.

24/11/08

ELEXIDOS OS DOUS REPRESENTANTES DOS PAIS NO CONSELLO ESCOLAR


Hoxe máis de oitenta pais, nais e titores dos nenos do CEIP "ACristina", votaron para elexir os dous representante para o Consello Escolar do centro en representación dos pais.
Nesta ocasión presentabanse catro pais, para cubrir 2 prazas no Consello, pola renovación parcial que se leva a cabo.

Os elexidos para este próximos catro anos serán:
  • Dona Montserrat Cambón Fidalgo.

  • Dona Sonia Belén Reigia Pose.

Felicitacións as dúas pola súa elección e desexarlle tódolos parabéns na súa labor.

Con este proceso, pasaran a formar parte tamén os novos docentes elexidos polo claustro de profesores, o representante do persoal non docente e a representante da ANPA.

A todos eles e os que xa forman parte do Consello Escolar elexidos fai dous anos, desexarlle novos folgos en esta nova andaina do Consello Escolar.