18/12/08
REUNION DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL
Unha comisión analizará a repartición de alumnos nos colexios de Carballo.
O Consello Escolar Municipal reuniuse por primeira vez tras a súa constitución no mes de maio.
O Consello Escolar Municipal de Carballo celebrou onte a súa primeira reunión oficial tras a súa constitución, o pasado mes de maio. Ao encontro, que tivo lugar no centro Xesús San Luís Romeu, asistiron case unha vintena de membros (entre eles, o alcalde e a edila de Ensino, Mar Eirís). Quedou formada unha comisión de traballo, formada por un representante do Concello, outro da Xunta, ademais dos profesores, a dirección dos centros escolares e un máis polos pais.
Dentro do Consello Escolar Municipal, está designado pola Federación Municipal de Centros Públicos o noso secretario da ANPA, Xosé Mª Arán Rodriguez, o cal e membro en representación dos pais.
Esta comisión terá un rol consultivo, e entre as propostas que fará o Concello está a análise da repartición de alumnos nos colexios de Carballo, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen.
Por outra banda, o Inspector de Educación Manuel Abeledo, realizou unha valoración sobre os retos do próximo curso 2009-2010. Que pasaran pola adopción de medidas transitorias para poder escolarizar os nenos, xa que existe para o próximo ano unha previsión bastante importante nos nacidos con dereito a escolarización según os datos do censo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario