Entre os temas tratados, acordouse designar os representantes das diferentes Comisións, os representantes dos pais nas comisións serán:
- COMISION ECONOMICA: Dona Monserrat Cambón. (A Comisión Economica e a encargada de xestionar e controlar os gastos e ingresos que se producen no colexio).
- COMISION DE IGUALDADE: Dona Inés Vallebona. ( E unha comisión que está encargada de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, está recoolida na LOE).
- OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR: Dona Begoña Pose. (máis informacion aquí)
Aparte da formación das comisión do no seno do Consello Escolar, informouse sobre os seguintes temas fora da orde do día.
- Instalación da rede WIfi (internet) no colexio, por mediación de "R", por parte da Consellería.
- Petición Concello obras de mellora das acometidas residuais do colexio.
- Vixiancia de limpeza nas zonas de especial impacto sanitario do colexio.
- Redacción dun Regulamento de Rexime interior do Consello Escolar.
- Petición local ANPA.
- Aprobación Instalación buzón suxerencias ANPA.
- Información remitida a ANPA de Galicia Bilingüe. (deste tema informate pinchando sobre este texto).
- E sobre todo a información transmitida pola Mestra e Secretaria, Cristina Alonso, sobre a concesión dun novo premio o noso colexio: PREMIO DE INNOVACION EDUCTIVA" o proxecto desenvolvido no pasado curso, de colocación dos debuxos dos nenos nos locais comerciais de Carballo. Salientar unha vez máis o profesorado por estas iniciativas que están a resaltar o traballo formativo e a imaxe do noso colexio. Desde a ANPA a nosa noraboa e felicitacións a todos os que colanborachedes nesta iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario