31/12/08
Pulsa aquí se queres acceder a novas anteriores sobre o tema.
PROGRAMA NADAL CULTURAL -EN VACACIONS OS NENOS A PASALO BEN
NADAL CULTURAL PARA OS RAPACES NESTAS VACACIONS, ACTOS MAIS SALIENTABLES.
- Xoves 18 música / orquesta da escola de altos estudos musicais / pazo da cultura / 20´30 / entrada gratuita.
- venres 19 Pregón do nadal e recital de panxoliñas / igrexa parroquial carballo / 20´30 / entrada gratuita.
- Sábado 20 Festival de panxoliñas / pazo da cultura / coros vagalume, o candil, cruz vermella e arume / 20´00 / entrada gratuita.
- Xoves 25 Nacimentos viventes / igrexa de razo 10´00, igrexa sísamo á 10´30 e carballo igrexa parroquial ás 12´30 / entrada gratuita.
Aberto o prazo para a reserva de entradas e venda de bonos para o Nadal Pequespectacular
A partir do mércores 17 de decembro poden reservarse as entradas e os bonos para os espectáculos infantís do Nadal Pequespectacular que terán lugar dentro do programa do Nadal Cultural organizado pola Concellaría de Cultura. O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4.Os prezos das entradas son os seguintes:
Adultos (entradas soltas) para a función do 21 de decembro - 3,5 euros; para as do 28, 29 e 30 de decembro - 2,5 euros
Bono (adultos) para todas as funcións 8 euros
Descontos do 50 por cento para menores de 12 anos, maiores de 65 e estudantes con carné Ademais, as entradas poñeranse á venda o día de cada espectáculo na taquilla do Pazo da Cultura entre as 16.00 e as 18.00 horas. As entradas reservadas recolleranse na taquilla entre as 16.00 e as 17.30 horas; e os bonos deberán recollerse o domingo 21 de decembro neste mesmo horario. Os espectáculos terán lugar nos seguintes horarios e datas do mes de decembro: - Domingo 21 Búho y maravillas / Los músicos de Bremen / Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC .
- Domingo 28 Galitoon / Babiliglub /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC .
- Luns 29 Artello Teatro Alla Scala 1:5 / Polgariño /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC.
- Martes 30 Luís Boyano / Movida máxica /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo.
CONTINUARAN OS ACTOS CON:
- Venres 2 Obradoiro / os nenos poderán eleborar as súas cartas os Reises Magos / lugar a ludoteca / ás 18´00.
- Lúns 5 Cabalgata de Reises / Saldrá do Centro comercial Halley ás 17´00h. e ás 20´00h. chegará a praza do concello.
fai clik sobre este texto para ampliar o programa do nadal cultural.
29/12/08
FRACASO DO PLAN ANTIDROGA NOS COLEXIOS
28/12/08
COMISION DE COORDINACION PEDAGOXICA
O CLAUSTRO DE PROFESORES
EQUIPO DIRECTIVO
-Elaborar a proposta do Proxecto Educativo do Centro, a Programación Xeral Anual e a Memoria final do curso.
OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA
La convivencia en las aulas en Galicia se controlará a través de una pirámide cuya cúspide será el Observatorio Galego da Convivencia Escolar, una entidad consultiva y asesora en la que participarán todos los implicados en la educación. El organismo tendrá tres órganos -autonómico, provincial y de centro- y se encargará de evaluar "sistemáticamente" el nivel de conflictividad en los colegios y de proponer medidas para mejorarlo. El observatorio promoverá con las universidades investigaciones sobre la convivencia escolar.
Los consejos escolares de todos los colegios e institutos de secundaria de Galicia crearán un observatorio que se reunirá semanalmente para dar cuenta de la indisciplina que se haya producido en los últimos días, desde peleas entre estudiantes hasta rebeliones contra los profesores o destrozos vandálicos.
Los inspectores de Educación supervisarán los reglamentos disciplinarios de los centros y permitirán que los alumnos cambien los castigos que les impongan por "servicios a la comunidad", seminarios o programas para mediar en conflictos.
Los reglamentos internos de cada centro serán revisados periódicamente con la supervisión de los inspectores educativos y negociados con los estudiantes.
Dinamización de las asociaciones de madres padres y exigirles más responsabilidad a las familias en los estudios de los niños.
Creación de módulos formativos para que los docentes aprendan "habilidades sociales y de comunicación", "resolución de conflictos", mediación escolar, "inteligencia afectivo y emocional" y "educación en valores".
Educación implicará en la prevención de los conflictos a otros departamentos: a otras consellerías, a los ayuntamientos, a las diputaciones y a entidades como Cáritas o Cruz Roja.
Cada colegio e instituto de secundaria de Galicia tendrá que elaborar un plan de convivencia propio a partir del curso que viene. El documento, que se redactará en el primer trimestre, incluirá un diagnóstico sobre los conflictos del recinto y diseñar una estrategia para mejorar la situación que recoja objetivos, medidas y plazos.
FUNCIONAMENTO CONSELLO ESCOLAR
O Consello Escolar é o órgano de participación da Comunidade Educativa no funcionamento do Centro.
Os pais e nais de alumnos, o profesorado, o persoal de administración e servizos e do Concello de Carballo, todos estes sectores participan na xestión do centro a través do Consello Escolar.
No noso Centro compono 14 membros con dereito a voto.
A representación queda coa seguinte composición:
Director do Centro que é o Presidente do Consello Escolar.
Xefa de Estudos.
5 Representantes do profesorado (Elexidos polo Claustro de profesores).
4 Representantes dos pais e nais (Elexidos polos pais, nais e titores).
1 Representante da ANPA, designado por esta.
1 Representante do Concello de carballo.
1 Representante do persoal de administración e servizos (persoal non docente).
A Secretaria do Centro (con voz e sen voto).
Actualmente, o Consello Escolar esta constituído coas seguintes persoas:
Presidente: Juan Carlos Díaz Peña.
Xefa de estudos: Olga Rodríguez Poo.
Secretaria: Cristina Alonso Regueira.
Representantes do profesorado: Antonio Corbelle Fernández, Elvira Costa Cobas, Nieves Chouciño Pouso, Sagrario Paz Souto,
Representantes pais/nais alumnos: María Inés Vallebona Trigo, Sonia Belén Reigía Pose, María Monserrat Cambón Fidalgo e Xosé María Arán Rodríguez.
Representante Asociación pais-nais de alumnos/as: Begoña Pose Arijón.
Representante do persoal de administración e servizos: Alejandro Guerra.
Representante do Concello: Xosé Manuel Guillín .
O Consello Escolar reúnese ao longo do curso en sesións de traballo para tomar decisións que afectan ao goberno colexiado do Centro. Entre outros temas e reunións máis importantes están as seguintes:
Propostas e aprobación do Plan do Centro (setembro e outubro).
Propostas e aprobación dos orzamentos e contas de xestión (setembro, outubro, marzo e xuño).
Aprobación dos criterios complementarios de admisión dos alumnos (febreiro).
Calendario escolar e baremación das solicitudes de admisión dos alumnos (maio).
Aprobación da memoria de final de curso (xuño).
Atribucións do Consello Escolar dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria:
a) Formular propostas ao equipo directivo sobre a programación xeral anual do centro, así como elaborar, aprobar e avaliar o o Proxecto Educativo, sen prexuízo das competencias do Claustro en relación coa planificación e organización docente.
b) Elaborar informes, a petición do Dpto. de Educación, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade do mesmo.
c) Participar no proceso de admisión de alumnos e velar para que se realice dacordo o establecido na normativa vixente.
d) Aprobar o Regulamento de Réxime Interior do centro.
e) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente.
f) Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a súa liquidación.
g) Promover a conservación e a renovación das instalacións e equipo escolar.
h) Propor as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, con outros centros, entidades e organismos.
i) Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice o Dpto. de Educación.
j) Ser informado da proposta do Dpto. de Educación do nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo.
k) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, Observatorio de convivencia.
l) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación e os órganos competentes.
19/12/08
FESTIVAL DE NADAL DO COLEXIO
RECIBIMOS DUAS VISITAS MOI GARIMOSAS A DE PAPA NOEL E A DO PEQUENO ANTONIO MATEO ( FILLO DO PROFESOR ANTONIO), QUE XA QUIXO CONOCER A PAPA NOEL.
18/12/08
REUNION DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL
Unha comisión analizará a repartición de alumnos nos colexios de Carballo.
O Consello Escolar Municipal reuniuse por primeira vez tras a súa constitución no mes de maio.
O Consello Escolar Municipal de Carballo celebrou onte a súa primeira reunión oficial tras a súa constitución, o pasado mes de maio. Ao encontro, que tivo lugar no centro Xesús San Luís Romeu, asistiron case unha vintena de membros (entre eles, o alcalde e a edila de Ensino, Mar Eirís). Quedou formada unha comisión de traballo, formada por un representante do Concello, outro da Xunta, ademais dos profesores, a dirección dos centros escolares e un máis polos pais.
Dentro do Consello Escolar Municipal, está designado pola Federación Municipal de Centros Públicos o noso secretario da ANPA, Xosé Mª Arán Rodriguez, o cal e membro en representación dos pais.
Esta comisión terá un rol consultivo, e entre as propostas que fará o Concello está a análise da repartición de alumnos nos colexios de Carballo, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen.
Por outra banda, o Inspector de Educación Manuel Abeledo, realizou unha valoración sobre os retos do próximo curso 2009-2010. Que pasaran pola adopción de medidas transitorias para poder escolarizar os nenos, xa que existe para o próximo ano unha previsión bastante importante nos nacidos con dereito a escolarización según os datos do censo.
PAPA NOEL VIRA O FESTIVAL DE NADAL DO COLEXIO
PROGRAMA DE ACTOS DO FESTIVAL
Venres 19 de decembro, ás 10´00 horas no Pazo da Cultura.
Entrada de alumnos no colexio as 9´10h. Os nenos de educación infantil irán acompañados das familias ata o pazo da cultura.
A saída dos nenos será as 13´10h. no colexio.
ACTUACIONS:
- EDUCACION INFANTIL 4 ANOS:
Recitado de conto "CONTO DE XIRAFAS"
- EDUCACION INFANTIL 3 ANOS:
"O BAUL DOS MEUS XOGUETES".
- EDUCACION INFANTIL 5 ANOS:
"O BONEQUIÑO".
- 1º EDUCACION PRIMARIA:
"A RUN RUN MEU NENO".
- 3º DE EDUCACION PRIMARIA:
teatro "EN EL PORTAL DE BELEN".
Panxoliñas "EN EL PORTAL DE BELEN".
" OH, CHRISTMAS TREE".
- 2º EDUCACION PRIMARIA:
Recitado.
- 6º EDUCACION PRIMARIA:
Baile "WILD ROCK" de Camp Rock.
Coreografia "EN ESPELLO" de Reflexos.
Panxoliña "RUDOLPH THE RED-NOSED REINDER".
- 4º EDUCACION PRIMARIA:
Teatro "O CAMELO DO REI BALTASAR".
Panxoliña "O AGUINALDO".
Panxoliña "JINGLE BELLS".
- 5º EDUCACION PRIMARIA:
Baile "HASTA LA VISTA" dos DJs.
Composición "CUATRO MAS DOS".
Panxoliña " STA. CLAUS IS COMING TO TOWN".
O REMATE PAPA NOEL, RECIBIRA A TODOLOS NENOS E DARALLES UN AGASALLO.
FELICITACIÓN O PROFE ANTONIO
UNHA VIAXE SOLIDARIA
12/12/08
FELICITACIONS DE NADAL
Dar as garzas a todos por acordarse de nós e desexarlle a eles tamén unhas felices festas, recibimos esta semana.
- Da Dirección e comunidade escolar do colexio "FOGAR" de carballo.
- Da Federación de Centros Públicos da Provincia de A Coruña.
- Da empresa de servizos educativos COESCO.
- Da Concelleria de Cultura.
A todos eles grazas.
REMATA A CAMPAÑA, "CANTAR E CONTAR" ANIMAMOS OS PAIS E OS NENOS A PARTICIPAR O XOVES 18 A SESION DE CLAUSURA
O obxectivo das sesións de contos e música tradicional é favorecer o achegamento dos escolares de Educación Infantil e Primaria ao libro e á lectura en galego. A contadora Ana Abelenda e o músico Pablo Díaz levan a cabo as actividades, nas que poñen en práctica o "binomio narración e interpretación musical".
As sesións -nas que ata o remate da campaña van participar máis dun milleiro de escolares dos centros educativos carballeses- son unha mostra de cultura e folclore en vivo; os relatos adquiren ritmo e foméntase a participación activa do público infantil. Ademais, os rapaces coñecen de primeira man a forma e o son dos instrumentos tradicionais galegos cos que se acompañan as sesións, como o acordeón, a pandeira e a pandeireta, o birimbau, a frauta de cana, as culleres ou o salterio.
ESPAZO DE LECTURA
KALANDRAKA celebrará unha sesión especial de contos e música para o público familiar este vindeiro xoves 18 -data na que rematará a campaña- a partir das 18:30 horas, no Pazo da Cultura. O público en xeral tamén pode visitar a exposición de ilustracións, que permanece aberta ata o 8 de xaneiro. A partir do día 17, o horario de apertura pasará a ser de 18 a 20 horas, agás o 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.
A sala da exposición conta tamén cun "espazo de lectura" no que se pode acceder a unha selección de títulos pertencentes ao fondo editorial de KALANDRAKA, formada principalmente por adaptacións de contos tradicionais e obras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Así, entre as primeiras, destacan "A casiña de chocolate", dos irmáns Grimm, con ilustracións de Pablo Auladell; "O pequeno coello branco", de Xosé allesteros e Óscar Villán; ou "A verdadeira historia de Carapuchiña", de ntonio Rodríguez Almodóvar e Marc Taeger. B A T Mvri
amén destacan as obras do pedagogo Gianni Rodari e a deseñadora Iela ari, ambos italianos, tituladas "Confundindo historias" e "Un globo ermello", respectivamente. Estes títulos forman parte do material de eferencia empregado nos obradoiros de escrita creativa que tamén se mparten ao longo da campaña.
‘CANTAR E CONTAR’ ENFILA ESTA PRÓXIMA SEMANA A SÚA RECTA FINAL
EN CARBALLO, CON CONTACONTOS PARA SEIS CENTROS ESCOLARES
O Pazo da Cultura acollerá o xoves día 18 a sesión de clausura, con contos e música para o público familiar
VISITA DOS NENOS DE EDUCACION INFANTIL A BIBLIOTECA MUNICIPAL
9/12/08
NOVA DOTACION DE EQUIPACIONS DEPORTIVAS
A partir desta data xa sabedes que para encargar o chandal do colexio tedes que acudir a rúa da igrexa a Zonasport e mercalo.
Dentro do acordo o que chegamos, tamén se fará un desconto do 10% en todas aquelas compras que fagades tanto para os nenos como para vos (o desconto non é acumulable a outras promocións da tenda).
- Chandal bordado será de 35 euros.
- Pantalón solto 15 euros.
- Sudadera bordada 21 euros.
- Os arranxos de baixos de pantalóns no prazo de 48 horas polo prezo de 3 euros.
- A recollida de calqueira das pezas sinaladas, poderá facerse en calqueira momento do ano. (recomendase no mes de setembro ou outubro de cada ano por cuestións de stock).
O chandal é da marca LUANVI e é de acetato.
5/12/08
OS NENOS DO COLEXIO ASISTIRON AS DIFERENTES ACTIVIDADES DE "KALANDRAKA" PERO A MOSTRA SEGUE ABERTA
A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco "Solaina", do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.
Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra "Chibos chibóns", que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto "Os sete cabritos", do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.
Facer clik sobre a imaxe para ampliala
Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico "A verdadeira historia de Carapuchiña", traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.
Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou "A casiña de chocolate", un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico "A ratiña presumida", no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.
Ademais, figuran os orixinais de "Os tres osos", realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para "Batalla de naipes", un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.
O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR" DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E KALANDRAKA .
A mostra de ilustracións permanecerá aberta ao público ata o 8 de xaneiro
REPARACION NO PATIO DE INFANTIL
Por deterioro e rotura, había varias plaquetas que estaban rotas e soltas, o que podería ocasionar unha lesión o pisalas o nenos e adultos. por tal motivo procedeuse hoxe a súa reparación.
Dar as grazas o Concello pola premura en realizar esta reparación que aínda que fora de pouca obra, si era importante pola gravidade que podería ocasionar os rapaces.
4/12/08
INFORME DE SOCIOS DA ANPA
Neste curso contamos con 223 alumnos no colexio, dos cales son socios 191, ou sexa que os pais ou titores de 32 nenos non se fixeron socios. aínda que a nosa pretensión e chegar o 100%, non temos que queixarnos pola magnifica contribución que fan as familias a hora de asociarse.
2/12/08
CONVOCATORIA DE REUNION DE CONSTITUCION DO NOVO CONSELLO ESCOLAR
- COMISION ECONOMICA: Dona Monserrat Cambón. (A Comisión Economica e a encargada de xestionar e controlar os gastos e ingresos que se producen no colexio).
- COMISION DE IGUALDADE: Dona Inés Vallebona. ( E unha comisión que está encargada de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, está recoolida na LOE).
- OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR: Dona Begoña Pose. (máis informacion aquí)
Aparte da formación das comisión do no seno do Consello Escolar, informouse sobre os seguintes temas fora da orde do día.
- Instalación da rede WIfi (internet) no colexio, por mediación de "R", por parte da Consellería.
- Petición Concello obras de mellora das acometidas residuais do colexio.
- Vixiancia de limpeza nas zonas de especial impacto sanitario do colexio.
- Redacción dun Regulamento de Rexime interior do Consello Escolar.
- Petición local ANPA.
- Aprobación Instalación buzón suxerencias ANPA.
- Información remitida a ANPA de Galicia Bilingüe. (deste tema informate pinchando sobre este texto).
- E sobre todo a información transmitida pola Mestra e Secretaria, Cristina Alonso, sobre a concesión dun novo premio o noso colexio: PREMIO DE INNOVACION EDUCTIVA" o proxecto desenvolvido no pasado curso, de colocación dos debuxos dos nenos nos locais comerciais de Carballo. Salientar unha vez máis o profesorado por estas iniciativas que están a resaltar o traballo formativo e a imaxe do noso colexio. Desde a ANPA a nosa noraboa e felicitacións a todos os que colanborachedes nesta iniciativa.