Comunicarvos que na COMISION DE ESCOLARIZACION estará presente un representante de tódalas ANPAs, como é preceptivo por lei.
Por este motivo os diferentes representantes de cada ANPA, transmitiron as suas suxestións, para que así foran transmitidas a Comisión de Escolarización.
Un dos temas analizados con detenemento foi a creación dunha nova unidad de educación infantil (3 anos) co C.e.i.p. "Bergantiños", antes de celebrarse a Comisión de escolarización, feito que non se recorda que se fixera nunca antes de celebrar a COMISION DE ESCOLARIZACION, o que está a producir un "sifin" de queixas e reclamacións por parte de algúns pais, que se encontran nunha indefensión, xa que no momento de facer as matrículas non existía esta posibilidade e a orden de petición de centros fixerona sobre as prazas que existian en realidade, a representante da FANPAC transmitirá o Presidente da Comisión (Inspector de Educación), a queixa por este motivo.
Outro dos temas tamén foi o analisis dos nenos que quedaron fora nas unitarias, así como en outros centros públicos, así como no privado (Artai) e a súa asignación que se desenvolverá na Comisión de Escolarización.
Tamén se presentou a necesidade da creación dunha nova aula no I.E.S. Monte Neme, aínda que este tema non se tratará na Comisión de Escolarización, xa que esta só tratará temas de Educación Infantil e Primaria.
Todas as propostas presentadas polos representantes das ANPAs de centros públicos, serán defendidas polo representante da Federación na Comisión de Escolarización, que de momento non está convocada e esta pendente a data da súa celebración.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario