13/5/10

RESOLUCION DE RECLAMACIONS POLO CONSELLO ESCOLAR

O xoves 13 reuniuse o Consello Escolar do C.E.I.P. "A Cristina" ás 13´00h.

Unha vez resoltas as reclamacións das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2010/11 presentadas ante o Consello Escolar , mañá Venres, publicaranse no taboleiro do centro as listaxes definitivas.

Esta resolución definitiva na admisión do alumnado ditada polo consello escolar do Ceip. A Cristina poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a titular do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Os alumnos/as non admitidos nesta 1ª fase, pasarán á Comisión de Escolarización, que determinará o Centro no que se escolaricen . Antes do inicio da fase de matricula a Comisión de Escolarización asignará as vacantes.

As prazas reservadas para "Necesidades Educativas Especiais", de non cubrirse por este réxime, pasarán aos alumnos que quedaron excluídos según os criterios de puntuación e preferencias manifestados.

Do 20 ao 30 de Xuño formalizarase a matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.


VER LISTAS ADMITDOS E NON ADMITIDOS.
facer clik sobre os textos para ver as listas

EDUCACION INFALTIL 3ANOS

EDUCACION INFANTIL 4 ANOS

EDUCACION INFANTIL 5 ANOS

1º EDUCACION PRIMARIA

2º EDUCACION PRIMARIA

3º EDUCACION PRIMARIA

4º EDUCACION PRIMARIA

6º EDUCACION PRIMARIA

.

No hay comentarios: