3/5/10

REUNION CO INSPECTOR DE SECUNDARIA

O secretario da ANPA, Xosé Mará Arán e a Presidenta da ANPA "Ameneiros" do IES "Monteneme", mantiveron hoxe unha reunión co Inspector de Secundaria.


O motivo da reunión mantida na pola mañan na Delegación da Coruña, foi a de trasladar o Inspector de Secundaria a necesidade de habilitar unha aula máis no IES "Monteneme" para o vindeiro curso. A día de hoxe quedaron fora por falta de plazas sete nenos, pero o que é máis preocupante e así lle foi trasladado o Inspector por "Arán", foi que dos 25 alumnos de 6º de primaria do "colexio da Cristina" que acederán o vindeiro curso para o "Monteneme", existen catro casos diagnosticados con problemas específicos, do mesmo xeito que outros alumnos que necesitan "reforzos educativos" e ademáis dalgúns con problemas nas materia de lingua, o que en total son preto da mitade do curso, do mesmo xeito trasladouselle a problemática que existiu co tutor oficial do curso de 6º e outros temás de orden interno de este alumnado, para que o inspector se fixera unha composición de lugar e vira a problemática e a preocupación que teñen os pais e nais para o vindeiro curso ca súa incorporación no "Monteneme" en estas condicións.

Pola banda do IES "Monteneme", a Presidenta tamén informou dos casos do IES "Monteneme" diagnosticados e dos posibles repetidores, o que supón que si non se habilita unha nova aula, existirían duas aulas con unha presenza de 33 alumnos por aula, o que fará que cos casos enumerados do propio IES e dos que acceden da "Cristina" e algún do colexio da "Gandara-Sofán", sexa moi complexo para o profesorado impartir as clases con unha normalidade e dedicación o alumnado, como así sería desexable.

Tamén se lle trasmitiu a preucupación que ten a Dirección do "Monteneme" e do profesorado de secundaria por esta situación.

O inspector amosou a súa intención de acadar o profesorado necesario unha vez que estén consolidados os cupos de profesorado do "Monteneme" e se lle mande por parte do centro as necesidades e os informes preceptivos e despois ver a disposición de crear a nova aula.

Por outra banda tamén manifestou o seu compromiso de mandar unha nova PT, con dedicación exclusiva para o centro. Tamén aceptou a invitación que se lle fixo, para trasladarse para a seman o "Monteneme" a ter unha reunión cos docentes do ciclo de secundaria para tratar de acordar as necesidades e ver "in-situ" o tema.


Tamén pola tarde "Arán" mantivo unha reunión co Deputado no Parlamento de Galicia do PP, D. Alberto Sueiro Pastoriza o que lle trasladou o sentir dos pais e nais nesta problemática. Comprometendose este, a falar o día seguinte ca Xefa Territorial da Conselleria de Educación, para trasladarlle as revindicacións e pedir que se creara a nova aula demandada.


Agardemos que estas xestións reflicten en boas novas e para o vindeiro curso, os alumnos de sexto do noso colexio, teñán as condicións máis axeitadas para ter unha integración na ESO, nas mellores condicións, polo ben dos nenos e nenas.


.

No hay comentarios: