Instrucións en relación á previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos:
As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorolóxicos adversos por intensas choivas (nivel laranxa) con precipitacións persistentes e localmente fortes que poderán superar os 80 mm en 12 horas na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña.
Asemade está activada a alerta en nivel amarelo por fortes ventos, con rexistros que poden superar os 90 Km/h no oeste e noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña Lucense e os 80 km/h en toda a provincia de Pontevedra e no interior e suroeste da provincia da Coruña.
Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursanse as seguintes instrucións:
1.Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos.
2.Deben de adoptarse as medidas oportunas para evitar ou minimizar os posibles efectos dos fortes ventos/intensas choivas: asegurar peches de portas e fiestras así como ocos de acceso aos tellados, deixar libres e operativos os sumidoiros e desagues; adoptar medidas singulares naquelas zonas ou espazos nos que xa se tivesen producido episodios do asolagamento;..).
3.Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas.
POR TAL MOTIVO A XUNTA DIRECTIVA DA ANPA, PON EN COÑECEMENTO DE TODOLOS PAIS, NAIS E TITORES, QUE QUEDAN SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA DO VINDEIRO DIA 25 DE FEBREIRO DE 2010.
Saúdos, A Xunta directiva.

.
No hay comentarios:
Publicar un comentario