3/2/10

ESCOLA DE AVOS E AVOAS

Dentro da intención da ANPA, de achegar a formación a tódolos membros da familia dos nenos e nenas, A ANPA “A Casilla” e a “CRUZ VERMELLA” de Carballo dentro dun proxecto de colaboración, convocamos “A ESCOLA de AVÓS E AVOAS EDUCADORES” co fin de informar e formar os avós e avoas á hora de desempeñar o labor de educadores.

A "Cruz Roja de Carballo" está levando a cabo un proxecto denominado "ESCUELA DE ABUELOS/AS EDUCADORES", que nace para apoiar ás persoas maiores que, por diferentes motivos, teñen que exercer de educadores e coidadores dos seus netos e netas menores de idade. En "Cruz Roja" traballan con eles/as mediante sesións e actividades para reforzar as súas habilidades socio-educativas e facilitarlles estratexias que lles guíen nesta labor cotiá, e que cobrou unha enorme importancia na sociedade actual. A "Escola" ofrécelles tamén un soporte de respiro na súa función de coidadores (mentras os avós/as asisten a estas sesións, o voluntariado coida dos/as netos/as),e fomenta os cuidados persoais para que disfruten mellor da súa etapa de madurez.

As sesións realizaríanse unha vez a semana, cunha duración aproximada de 1 hora e media. Realizaranse na sala de servizos multiples do colexio os xoves de 15´15h.a 16´30.
Normalmente fanse unha media de 12 sesión por Escola. Nestas sesións tamén se fan actividades Interxeneracionais, é dicir, actividades puntuais onde participan tanto os/as netos/as como para os avós e avoas, para promover a cohesión familiar e reforzar todo o taballo grupal que se vai realizando nos talleres (nas sesións).
Os interesados e interesadas terán que entregar esta folla cuberta ata o día lúns 8 de febreiro (inclusive), daranlla os nenos que as entregaran os profesores na clase.

facer clik sobre a ficha para ampliala


.

No hay comentarios: