31/7/09

RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE O USO DO IDIOMA NO ENSINO

A maioría dos pais galegos --68.660 enquisas dun total de 189.814 cuestionarios válidos--, que foron consultados na enquisa sobre o uso idioma nas aulas, opta por un ensino monolingüe en castelán --36,17 por cento--, mentres que uns 61.950 decántanse porque os seus fillos reciban clase en ambas as linguas --castelán e galego-- en Educación infantil e nas materias troncales do resto de etapas educativas.
En rolda de prensa, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe os resultados da enquisa do idioma tras un reconto que durou aproximadamente cinco semanas e no que a Xunta investiu 160.995 euros --fronte aos 400.000 euros que calculou A Mesa pola Normalización Lingüística--.

Á vista dos datos, Lorenzo considerou que a enquisa "reafirma o carácter bilingüe da sociedade", aínda que tamén admitiu que "o galego aínda non se percibe tan útil como o castelán" entre a sociedade galega, polo que considerou "necesario" revisar os modelos de normalización "dos últimos 256 anos". Ademais, en contraste á porcentaxe de pais que optan pola opción do castelán, uns 26.080 enquisados decantáronse por un ensino en galego, que representa aproximadamente a un 13,74 por cento dos cuestionarios considerados válidos --que foron 189.814 dos 194.125 en total e sen contar o 1,3 por cento de nulos--.

INGLÉS ,Así mesmo, Lorenzo valorou a "unanimidade" na consideración "positiva" de que se impartan contidos en inglés, cun 91,5 por cento en Educación Infantil; un 75,2 por cento en Educación primaria; un 63 por cento en Educación Secundaria; e un 63 por cento no caso de impartirse en Ciclos Formativos. Doutra banda, destacou a participación do "58,17 por cento" como unha mostra do "interese dos pais e nais nas decisións que afectan ao sistema educativo". Ademais explicou que, aínda que esta foi maior en centros privados e concertados, "en cifras globais" participaron "máis familias de centros públicos".

EDUCACIÓN INFANTIL, A maioría dos pais cuxos fillos cursan Educación Infantil responderon que o castelán é a lingua inicial do seu fillo --58,8%-- e que, á súa vez, é a lingua na que se comunica normalmente --59,3%--, fronte a un 20,8 por cento e un 20,1 por cento que escolleron a opción de galego --respectivamente--. Doutra banda, aínda que un 53,2 por cento dos pais prefiren que o seu fillo aprenda a ler e escribir en galego e castelán, un 37 por cento decantouse pola opción do castelán e só un 8,7 por cento escolleu galego exclusivamente.

MATERIAS TRONCAIS, No caso da etapa de Primaria, a maioría dos pais --37,6%-- decántase porque os seus fillos estude as materias troncales en castelán, mentres que un 26,6 por cento optou por galego e castelán; un 17 por cento "a maioría en castelán; un 12,5 por cento que todas en galego; e un 5,8 por cento que "a maioría en galego".
En Secundaria, os pais decántanse por impartir as troncales en castelán --33,8%-- por encima de impartilas en ambas as linguas --23,6%--, mentres que un 19,8 por cento prefire que as troncales déanse "todas en galego" e un 7,7 por cento que se de "a maioría" nese idioma.
En contraste, en Ciclos Formativos, os pais decántanse por un ensino bilingüe --52%-- ou en galego --25,1%--, fronte a un 22,6 por cento que escolleu o castelán.

LIBROS DE TEXTO, En Primaria, os pais prefiren que os libros de texto e outros materiais didácticos estean en castelán --34,7%-- ou en ambos os idiomas --28,5%--, e un 10,5 por cento decántase polo galego. Así mesmo, esta dinámica reprodúcese en Secundaria, cun 33 por cento de pais que optaron polo castelán; un 24,5 por cento que prefiren que "unhas --materias-- en galego e outras en castelán"; e un 18,1 por cento que escolleu "todas en galego". Finalmente, nos ciclos formativos predominou a opción bilingüe --38,3%-- e o castelán --17,3%--, ademais dun 15,8 por cento que escolleu "todos en galego" e un 14,8 por cento que prefire "a maioría" neste idioma.

EXAMES, No caso do idioma das probas orais e escritas, no cuestionario de Primaria predominou a opción do castelán --51,7%--, seguida do uso de ambos os idiomas "indistintamente" --33,2%-- e un 14 por cento que escolleu o galego. En Secundaria, a maioría dos pais prefiren exames en castelán --44,9%--, mentres que un 31,8 por cento prefire ambos os idiomas indistintamente e un 22,6 por cento que se utilice o galego. Finalmente, en Ciclos Formativos predominou a opción "indistintamente" cun 42,4 por cento, ademais dun 28,9 por cento que escolleu o castelán e un 28,2 por cento que se decantou polo galego.

NOVO DECRETO, Sobre a importancia que terán estes resultados de face a redacción do novo decreto do galego no ensino, Lorenzo asegurou que a opinión dos pais incorporarase "ás liñas xerais" do texto, e que esa opinión trasladarase "ao resto de forzas políticas" e demais sectores implicados. Así, avogou por crear un "marco de bilingüismo cordial" e aclarou que o camiño cara ao novo decreto e a "adaptación ao século XXI, non pasa por formas de illamento" por motivos de lingua. A pesar diso, recoñeceu que "a lingua propia de Galicia non se valora o suficiente" desde as familias galegas e que o obxectivo da Xunta é que ambas as linguas --castelán e galego-- "estean presentes na sociedade", construída "en igualdade". Finalmente, fixo un chamamento ao "consenso" entre axentes políticos e sociais para construír un novo decreto que "desenvolva un modelo lingüístico plurilingüe de calidade, que asegure o coñecemento de galego e castelán".

PROCESO, Sobre o proceso de consulta, Lorenzo explicou que se dirixiu a 330.856 alumnos dos 1.490 centros educativos de ensino non universitario de Galicia, que responderon entre o 15 e o 19 de xuño e cuxos formularios foron remitidos ás dependencias da Consellería polos centros ata o venres 26 dese mes. A partir do luns 29 de xuño empezou o proceso de apertura de cuestionarios de forma manual --empezando por Pontevedra-- ata que se instalaron os equipos informáticos necesarios para o escaneo e reconto de datos, durante a primeira semana de xullo. Este proceso realizouse a unha velocidade de 10.000 consultas ao día. O reconto reforzouse coa contratación de técnicos da empresa 'Obradoiros de Socioloxía' e levou a cabo, tamén, por dous equipos de dez persoas de Educación. Finalmente, o proceso --supervisado en todo momento por funcionarios da Consellería-- finalizou o día 24 deste mes para, posteriormente, consolidar a bases de datos, envorcalos e realizar o control de calidade dos mesmos.
Datos resultado enquisa Xunta de Galicia, facer clik aqui.
.

20/7/09

CARTA QUE NOS ENVIA A PLATAFORMA GALEGA POLA GRATUIDADE


Pobra do Caramiñal,

Estimado Sr.:

Les informamos de que -durante este verano- el nuevo gobierno de la Xunta de Galicia está articulando la legislación conveniente que permitirá (para el próximo curso escolar) revocar el actual sistema de gratuidad en los libros de texto, que tanto costó conseguir.
En igual camino se dirigen otras acciones destinadas a afectar al transporte y al sistema de ayudas para comedores, en la escuela pública gallega.

Al detectarse esta situación, se ha constituido, a través de una iniciativa particular con excelente acogida, una Plataforma ciudadana para defender la conservación de los logros sociales que materializan tanto el vigente sistema gallego de gratuidad en los libros de texto por medio del mecanismo de préstamo, como el régimen actual de subvenciones para transporte y comedores.

Así, desde esta Plataforma -apolítica- hemos ya incidido en diversas instituciones y otros foros, realizando acciones para informar de esta problemática a los padres, familiares, ciudadanos, para quienes la pérdida de este logro represente el sentimiento de un dar un paso atrás en el sistema educativo, además una sorpresa desagradable.

El intento oscurantista por parte de la Xunta para ir ejecutando el desmantelamiento de los beneficios así conquistados dentro del periodo vacacional, aprovechando el desbaratamiento transitorio de las estructuras organizativas escolares de las AMPAs y tantas otras instituciones afines, muestra que este gobierno se apercibe de que esta acción convocará al desagrado social una vez conocida; lo que ocurrirá inmediatamente se empiecen las clases.

Por otro lado, algunos padres, parcialmente, aún se aprovecharán del diseño actual del sistema de préstamo. Esto (pretendidamente) sembrará el desconcierto, cuando quizá ya nada pueda hacerse para evitar la imposición perjudicial de ese otro nuevo sistema; un proyecto que, sin sostenerse en un argumento de limitación del gasto, tan solo evidencia los intereses mercantiles de diversos sectores industriales.

En esta situación económica de desempleo, precariedad, y bajos ingresos de las familias de clase media gallegas, de materializarse este proyecto de la Xunta, quedará perjudicada la mayoría de la población con hijos en edad escolar; sumándose al gravámen de tantas otras subidas efectivas del coste de la vida.

Desde la percepción de utilidad cívica que nos transmiten instituciones como la que representa, consideramos socialmente relevante que su entidad participe en difundir la problemática expuesta.

Sería muy importante la asistencia de los medios de comunicación que, afortunadamente, parecen irnos haciendo ya un seguimiento cercano.

En espera de sus noticias, le adjuntamos direcciones de contacto y ampliación de esta información.

Atentamente, Antonio Rosales. Teléfono: 655446184

plataformagratuidade@gmail.com


http://www.plataformagalegapolagratuidade.es/

http://www.plataformagratuidade.blogspot.com/



.

30/6/09

COMUNICADO QUE NOS ENVIA D. MANUEL FIGUEIRIDO


Hoxe, o meu último día “oficial” neste colexio, diríxome a todos vos neste blog para agradecervos a “desmedida” despedida que me fixéchedes. Foron uns momentos moi emotivos que lembrarei.

Pronto virá unha profesora nova que espero que non teña as limitacións que sabedes que eu teño. Normalmente a xente nova está sempre mellor formada e ten máis enerxía. Estou seguro que saídes gañando .

Teño que dicir que a decisión de marchar non foi doada. Ao levar tempo no centro, (ademais implicado nel), vaise un afacendo ás persoas, ao pobo… Por outro lado xa estaba nunha situación na que pasaban polas miñas mans irmáns/ás pequenos de ex-alumn@s e aínda fill@s deles o que dá un “plus” de afectividade á relación cos nen@s .

Agora terei que adaptarme a un novo colexio, coñecer a súa idiosincrasia, terei novos compañeir@s coas súas peculiaridades e novo alumnado con outras problemáticas. Todo isto xenera, nun principio, inseguridade e require un esforzo.

Tampouco podemos negar, na parte positiva, as vantaxes de traballar cerca da casa, pero non sempre por estar cerca se está mellor.

Por idade, non creo que volva a estar noutro colexio tanto tempo como neste, tampouco é fácil que teña as mesmas relacións coa xente, (en Coruña é distinto), polo que sempre gardarei un recordo especial de Carballo.

Moitas grazas por todo o cariño que me tedes demostrado. Xa sabedes onde estou.

Unha forte aperta!
Manuel Figueirido


.NOTICIA RELACIONADA CON ESTA NOVA. fai clikc sobre este etxto

.

23/6/09

OS PROFESORES DE EDUCACION INFANTIL USARAN A LINGUA MATERNA NO ALUMNADO



Os profesores de Educación Infantil usarán a lingua materna predominante no alumnado.
Así o recolle o decreto da Consellería de Educación publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Os profesores de educación infantil usarán no aula «a lingua materna predominante entre o alumnado», segundo recolle o decreto da Consellería de Educación publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

No entanto, esta normativa sinala que os profesores terán en conta a lingua da contorna e coidarán que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, «os coñecementos da outra lingua oficial de Galicia».
A Administración garantirá as prazas necesarias no segundo ciclo da educación infantil, de 3 a 6 anos, e procurará que exista unha oferta suficiente para os alumnos de 0 a 3 anos.

Así mesmo, o currículo de Educación Infantil sinala como prioritario o «principio de diversidade do alumnado» e permitirá aos pais manifestar, ao principio de cada curso escolar, «a súa vontade de que os seus fillos reciban ou non ensinos de relixión».
O decreto establece como obxectivos da Educación Infantil o desenvolvemento afectivo, os hábitos corporais, as manifestacións de comunicación e linguaxe, as pautas elementais de convivencia e relación social, así como o descubrimento das características físicas e sociais do medio.

19/6/09

A ANPA RENDE HOMENAXE A D. MANUEL FIGUEIRIDO DIAZ

No día de hoxe a Xunta Directiva da ANPA, procedeu a entrega, no festival de fin de curso do colexio, a D. Manuel Figueirido Díaz, profesor de inglés e ex-director do colexio, dunha placa en agradecemento pola súa entrega como mestre e director do colexio, en nome de tódolos nenos e da Xunta Directiva, xa que este ano vaise do colexio para un novo destino.
Fixolle entrega da placa a Presidenta da ANPA, Begoña Pose, quen foi acompañada pola Vicepresidenta, Sonia Reigia e a Vocal, Ines Vallebona.
O recoñecemento foi proposto e aprobado por unanimidade da Xunta Directiva, a cal e como mostra de cariño hacia D. Manuel Figueirido, non quixo que fose sufragada a conta da anpa, senón que o gasto foi asumido por tódolos membros da Xunta Directiva.
D. Manuel Figueirido Díaz levaba no colexio 12 anos e cando chegou a actual Xunta Directiva, sempre contou con el a hora de informarnos continuamente e colaborando con nós en todas aquelas iniciativas que lle plantexamos, vaia pos o noso respeto e consideración a quen tamén no lo deu a nós.
Xa se sabe o dito "bo te fará o que logo virá" dito e feito.

Transmitimolle nosos parabens no seu novo destino e xa sabe que estamos aquí para cando nos necesite.

Moitas Grazas "Figue".

.

16/6/09

PROGRAMA CONCILIA





PROGRAMA CONCILIA CURSO 2009-2010


O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

En que consiste:
O Programa desenvolvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos, á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debídamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzó equilibrado.

Servizos que comprende:
Servizo de gardaría . As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de higiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzó: é un sevizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten

Horarios do servizo:
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos de 7:30 ata a hora de incorporación as clases en cada centro.
Tamén se ofrece servizo nos periodos vacacionais de Nadal, Antroido, e Semana Santa, e nas pontes. Só terán dereito a estes sevizos os/as usuarios fixos do programa, non os ocasionais. Nestas datas o sevizo ofrecese nos locais da empresa que ten a concesión.

Prezos
Usuarios fixos.-
a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 30€ para o servizo de gardería e de 40€ no caso de gardería e almorzo
b) Con utilización do servicio por días soltos:
1 día á semana:
Servicio de gardería:8 €/mes.
Servicio de gardería e almorzo:10 €/mes
2 días á semana:
Servicio de gardería:16 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 20 €/mes
3 días á semana:
Servicio de gardería: 24 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 30 €/mes
4 días á semana:
Servicio de gardería:27 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 37 € /mes
5 días á semana:
Servicio de gardería: 30 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 40 €/mes
Os usuarios ocasionais pagarán 2,5€/ día polo custo do servizo de gardaría e almorzo e de 2€/ día polo servizo de gardaría.
Nos periodos vacacionais o prezo do servizo será de 3€ día



REDUCIÓN NAS COTAS.BAREMO
A-Situación sociofamiliar:
Familia monoparental. 6 ptos
Familia numerosa: 4 ptos
Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3ptos
Calquera outra situación susceptible de baremación: 2 ptos

B-Situación laboral familiar.
F. monoparental en desemprego: 6 ptos
F. monoparental con emprego: 5ptos
Nai e pai en situación de desemprego: (baremo por membro da unidade)
Sen prestación económica: 3 ptos
Con prestación económica: 2 ptos

C-Situación económica:

Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 ptos
Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 ptos

D-Permanencia no programa:Por permanencia do alumno/a no programa o curso anterior
( todos os meses e días de duración do programa): 2ptos

REDUCCIÓN APLICABLE:
De 18 puntos en diante: Reducción do 50% das cotas
De 15 a 18 ptos: Reducción do 30% das cotas
De 10 a 15 ptos: Reducción do 15% das cotas
Menos de 10 ptos: Sen dereito a reducción


DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGARÁ COA SOLICITUDE:
o fotocopia de resgardo de matrícula escolar
o fotocopia do libro de familia
o fotocopia do DNI do/a solicitante
o fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna/o
o certificado de empadroamento colectivo

DOCUMENTACIÓN EN CASO DE SOLICITUDE DE REDUCIÓN DE COTAS
o título de familia numerosa (de ser o caso)
o informe médico (de ser o caso)
o sentencia de separación, divorcio ou xustificante de viuvez(de ser o caso)
o certificado de base impoñibles de todos/as os/as compoñentes da unidade familiar
o xustificante de percepción de prestacións do INEM (de ser o caso)


O número mínimo de participantes en cada centro será de 10 segundo se recolle na Ordenanza reguladora da prestación do servizo “Concilia”.

O prazo de matrícula será do 3 ao 28 de agosto de 2009.

PROGRAMA CONCILIA CURSO 2009-2010


O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

En que consiste:
O Programa desenvolvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos, á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debídamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzó equilibrado.

Servizos que comprende:
Servizo de gardaría . As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de higiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzó: é un sevizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten

Horarios do servizo:
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos de 7:30 ata a hora de incorporación as clases en cada centro.
Tamén se ofrece servizo nos periodos vacacionais de Nadal, Antroido, e Semana Santa, e nas pontes. Só terán dereito a estes sevizos os/as usuarios fixos do programa, non os ocasionais. Nestas datas o sevizo ofrecese nos locais da empresa que ten a concesión.

Prezos
Usuarios fixos.-
a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 30€ para o servizo de gardería e de 40€ no caso de gardería e almorzo
b) Con utilización do servicio por días soltos:
1 día á semana:
Servicio de gardería:8 €/mes.
Servicio de gardería e almorzo:10 €/mes
2 días á semana:
Servicio de gardería:16 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 20 €/mes
3 días á semana:
Servicio de gardería: 24 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 30 €/mes
4 días á semana:
Servicio de gardería:27 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 37 € /mes
5 días á semana:
Servicio de gardería: 30 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 40 €/mes
Os usuarios ocasionais pagarán 2,5€/ día polo custo do servizo de gardaría e almorzo e de 2€/ día polo servizo de gardaría.
Nos periodos vacacionais o prezo do servizo será de 3€ día



REDUCIÓN NAS COTAS.BAREMO
A-Situación sociofamiliar:
Familia monoparental. 6 ptos
Familia numerosa: 4 ptos
Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3ptos
Calquera outra situación susceptible de baremación: 2 ptos

B-Situación laboral familiar.
F. monoparental en desemprego: 6 ptos
F. monoparental con emprego: 5ptos
Nai e pai en situación de desemprego: (baremo por membro da unidade)
Sen prestación económica: 3 ptos
Con prestación económica: 2 ptos

C-Situación económica:

Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 ptos
Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 ptos

D-Permanencia no programa:Por permanencia do alumno/a no programa o curso anterior
( todos os meses e días de duración do programa): 2ptos

REDUCCIÓN APLICABLE:
De 18 puntos en diante: Reducción do 50% das cotas
De 15 a 18 ptos: Reducción do 30% das cotas
De 10 a 15 ptos: Reducción do 15% das cotas
Menos de 10 ptos: Sen dereito a reducción


DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGARÁ COA SOLICITUDE:
o fotocopia de resgardo de matrícula escolar
o fotocopia do libro de familia
o fotocopia do DNI do/a solicitante
o fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna/o
o certificado de empadroamento colectivo

DOCUMENTACIÓN EN CASO DE SOLICITUDE DE REDUCIÓN DE COTAS
o título de familia numerosa (de ser o caso)
o informe médico (de ser o caso)
o sentencia de separación, divorcio ou xustificante de viuvez(de ser o caso)
o certificado de base impoñibles de todos/as os/as compoñentes da unidade familiar
o xustificante de percepción de prestacións do INEM (de ser o caso)


O número mínimo de participantes en cada centro será de 10 segundo se recolle na Ordenanza reguladora da prestación do servizo “Concilia”.

O prazo de matrícula será do 3 ao 28 de agosto de 2009.




“ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS CONTIDOS NO «PROGRAMA CONCILIA» E DOS SEUS PREZOS PÚBLICOS. CONCELLO DE CARBALLO.

Exposición de motivos.
A Área de Muller do Concello de Carballo ten como un dos seus
obxectivos a creación de proxectos e programas que concilien a vida
laboral e familiar dos veciños e das veciñas deste municipio, que nos
últimos anos experimentou un gran crecemento, principalmente de
parellas novas con fillos e fillas en idade escolar. Tal e como está
formulada a vida hoxe en día, os dous membros da parella teñen que
traballar, polo que existen grandes dificultades á hora de
compatibilizar o horario laboral co do ritmo habitual da súa familia.
Esta é a razón principal pola que se decidiu crear o «Programa
Concilia» nos centros de educación infantil e primaria de Carballo.
Este programa consiste en recoller ás nenas e aos nenos, cando así o
soliciten os seus pais ou nais, á primeira hora da mañá no seu centro
escolar. Haberá un monitor ou monitora que as/os atenderá e realizará
con elas e eles actividades de lecer e tempo libre relacionadas cos
hábitos saudables e a alimentación. Tamén haberá un camareiro ou
camareira que lles servirá o almorzo a aqueles nenos e nenas que o
demanden, posto que é voluntario.

En virtude do exposto, e de conformidade coas competencias que en
materia de prestación de servizos sociais, por virtude do disposto no
art. 25.2.k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local,
teñen atribuídas as corporacións locais, procédese a regular os
servizos incluídos no denominado «Programa Concilia».

Art. 1. Obxecto
O «Programa Concilia» ten como obxectivo principal responder ás
necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os
horarios escolares e laborais, garantindo a atención das nenas e dos
nenos por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan
actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e
interese por coñecer e gozar da súa contorna, cubrindo a necesidade de
atención a nenos e nenas antes do inicio das clases pola mañá, así
como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado que os pais, nais ou
familiares, en moitos casos como consecuencia das súas actividades
profesionais e de traballo, vense imposibilitados de prestar
axeitadamente, máxime se se ten en conta a importancia que ten o
almorzo para o rendemento do neno ou nena durante a xornada escolar.
Os obxectivos específicos son:
a) Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e recreativas.
b) Colaborar coas familias e co profesorado na adquisición, por
parte dos/as escolares, de hábitos saudables de vida, consumo,
alimentación e utilización do tempo libre.
c) Brindar unha metodoloxía de traballo que contribúa ao
desenvolvemento global dos nenos e das nenas, fomentando a súa
creatividade, autonomía, comunicación e socialización.
d) Facilitar o apoio técnico necesario para a posta en marcha, nos
centros que o soliciten.
e) Garantir a atención dos/as escolares por persoal debidamente
cualificado durante o tempo previo á xornada lectiva.
f) Controlar a calidade e coherencia do servizo prestado a través
do seguimento continuado por parte do equipo supervisor do
programa.

Art. 2. Prestación dos servizos
1. Os servizos que comprende o «Programa Concilia» prestaranse, de
luns a venres, en días lectivos, nos centros educativos de Carballo,
nos que se alcance un número mínimo de participantes.
2. Comezará a partir das 7.30 horas da mañá, coa apertura do centro
educativo, e finalizará co comezo do horario escolar establecido en
cada centro.

Art. 3. Servizos que comprende o «Programa Concilia»
O programa incluirá, polo menos, os seguintes servizos:
a) Servizo de gardaría.
b) Servizo de almorzo: consistente na elaboración, polos/as
monitores/as, do almorzo nas instalacións do centro educativo.
c) Servizo de monitorado: as/os monitoras/es atenderán ao alumnado.
Deberán garantir os hábitos de hixiene e facerlles un seguimento
especial ás nenas e aos nenos de menor idade ou con
dificultades. Á parte disto, realizarán actividades de ocio cos
nenos e coas nenas, durante o tempo de duración do servizo.
d) As monitoras e os monitores deixarán limpo o local destinado ao
servizo, así como os espazos que ceda o centro para a
realización de actividades complementarias.
e) As monitoras e os monitores serán o vínculo entre os/as nenos/as
e os pais e as nais. Informarán aos pais e ás nais e aos titores
e titoras e/ou ao concello das incidencias que se produzan.

Art. 4. Beneficiarios do “Programa Concilia”
O «Programa Concilia» está dirixido a todos os alumnos e a todas as
alumnas dos centros públicos de educación infantil e primaria do
municipio de Carballo nos que se poña en funcionamento o servizo, para
o que é requisito esencial estar matriculados/as nun centro escolar de
educación infantil e primaria do termo municipal de Carballo. Para
iso, deberá acompañarse xunto coa solicitude o certificado de
matrícula no centro.
A integración de nenos e de nenas con discapacidade estará supeditada
para cada curso escolar á existencia de persoal cualificado e en
número suficiente. En todo caso, solicitarase informe médico que
acredite o nivel de autonomía para así poder valorar a posibilidade de
integrar ao alumno no programa.

Art. 5. Clases de usuarios/as
a) Usuario/a fixo: é aquel alumnado que se matricule no servizo desde
setembro a xuño, independentemente de que o utilice todos os días ou
días concretos. Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de
haber prazas vacantes, con posterioridade. Pode cursarse a baixa no
momento que considere oportuno. Para isto, terá que comunicarllo ao
coordinador ou á coordinadora do comedor nos últimos dez días do mes
anterior a causar a baixa e solicitar por escrito a baixa nas oficinas
municipais.
Se o usuario ou usuaria non vai utilizar algún día o servizo deberá
comunicarllo ao coordinador ou coordinadora de monitores/as
presencialmente ou por teléfono antes das 8.30 h do día que non
utilice o servizo.
De non facelo, terá que pagar o custo da comida dese día coma se fose
un usuario ou usuaria ocasional.
b) Usuario/a ocasional: aquel alumnado que, habendo praza, desexe
utilizar o servizo en días soltos. Debe solicitarllo ao coordinador ou
coordinadora, presencialmente ou por teléfono, antes das 20.00 h do
día anterior á utilización do servizo.

Art. 6. Tramitación de acceso aos servizos
A petición de admisión realizarase cubrindo o impreso que se lle
facilitará na escola ou nas oficinas municipais no período de
inscrición. Este período comprenderá desde o inicio do período de
inscrición do curso escolar até o inicio do curso escolar. Durante o
curso escolar poderanse recoller inscricións en calquera momento,
sempre que haxa prazas dispoñibles.
O número máximo de prazas dispoñibles farase público no momento de
apertura do prazo de inscrición.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, achegando
xunto con elas fotocopia da seguinte documentación, debidamente
compulsada:
a) Resgardo de matrícula escolar.
b) Libro de Familia.
c) Título de familia numerosa, de ser o caso.
d) Aqueles/as participantes que teñan problemas alimentarios
(celíacos, diabéticos…) achegarán informe médico onde se
recollan.
e) Sentenza de separación, divorcio ou xustificante de viuvez.
f) Xustificación de ingresos económicos:
- Se tivo que efectuar declaración de IRPF, copia de cada
membro da unidade familiar computable, para os efectos
económicos (do ano anterior).
- Se non estivo obrigado/a a presentar declaración:
certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior;
certificado de bases impoñibles; certificación expedida
polo organismo competente (INEM, XUNTA, Seguridade
Social), se percibiu algunha prestación ou pensión.
g) Cantos outros documentos, nos que consten incidencias
familiares, económicas e sociais puntuables segundo o baremo que
consta no art. 11.

Art. 7. Dereito de admisión
O Concello e o centro reservan para si o dereito de admisión e de
exclusión temporal ou definitiva dos alumnos e das alumnas que se
comporten de forma incorrecta. Antes de tomar unha decisión desta
índole, darase sempre audiencia aos pais e nais ou a quen teña a
patria potestade dos/as menores.
As nenas e os nenos que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os
hábitos de educación e coñecemento adecuados á súa idade.
Os nenos e as nenas deberán levar un neceser con utensilios de hixiene
e limpeza bucal. Os nenos e as nenas de educación infantil, e
aqueles/as que se considere oportuno, levarán tamén toalla e mandilón.

Art. 8. Casos especiais
Os usuarios e as usuarias do servizo deberán notificar calquera
problema de saúde (alerxias e intolerancias a calquera tipo de
alimento) que repercutan na elaboración do almorzo e que serán
atendidas especificamente.
En caso dun problema vírico ocasional, no que a usuaria ou o usuario
precise dunha dieta adstrinxente, terán que comunicarllo á
coordinadora ou coordinador de monitoras/es antes do día para o que se
requira a dieta.
Se a alumna ou o alumno ten que medicarse á hora do almorzo, deberá
achegar unha certificación médica na que se especifique a cantidade e
o medicamento, así como unha autorización dos pais, nais ou
titores/as. Non se lles administrarán medicamentos sen o cumprimento
destes requisitos.
Non poderán asistir as usuarias e os usuarios con febre ou
enfermidades contaxiosas.

Art. 9. Persoal
O persoal encargado do servizo (monitorado) deberá pasar un exame
médico previo á incorporación, posuír o carné de manipulador/a de
alimentos e acreditar formación como monitor/a de tempo libre ou no
ámbito da educación.

Art. 10. Xestión do tempo libre
As actividades que desenvolverán as/os monitoras/es no tempo libre son
as seguintes:
a. Actividade de videoteca biblioteca.
b. Xogos cooperativos.
c. Xogos de mesa.
d. Actividades deportivas e de lecer.

Art. 11. Prezos públicos pola utilización do servizo
1. As cotas, para cuxa revisión e modificación se delega a competencia
na Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, teñen a natureza de
prezos públicos, e son as seguintes:
11.1. Usuarios/as fixos/as
11.1.a). Con utilización do servizo todos os días:
· Servizo de gardaría: 30 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 40 €/mes
11.1.b) Con utilización do servizo por días soltos:
11.1.b).1). 1 día á semana:
· Servizo de gardaría: 8 €/mes.
· Servizo de gardaría e almorzo: 10 €/mes
11.1.b.2). 2 días á semana:
· Servizo de gardaría: 16 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 20 €/mes
11.1.b.3). 3 días á semana:
· Servizo de gardaría: 24 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 30 €/mes
11.1.b.4). 4 días á semana:
· Servizo de gardaría: 27 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 37 €/mes
11.2. Usuarios/as ocasionais
· Servizo de gardaría: 2 €/día
· Servizo de gardaría e almorzo: 2,50 €/día.

Art. 12. Redución nas cotas. Baremo
1. Os usuarios e usuarias poderán acollerse á redución de prezos
segundo o seguinte baremo:
A. Situación sociofamiliar:
- Familia monoparental: 6 ptos
- Familia numerosa: 4 ptos
- Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3
ptos
- Calquera outra situación familiar susceptible de valoración:
2 ptos
B. Situación laboral-familiar:
- Familia monoparental en situación de desemprego: 6 ptos
- Familia monoparental en situación de emprego: 5 ptos
- Nai e pai en situación de desemprego (baremo por membro da
unidade):
a) Sen prestación económica: 3 ptos
b) Con prestación económica: 2 ptos
C. Situación económica:
- Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non
contributiva: 7 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do salario
mínimo interprofesional:
6 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do SMI:
5 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do SMI:
4 ptos
- Por renda per cápita maior ao 175% do SMI:
3 ptos
D. Permanencia no programa:
- Por permanencia da alumna ou alumno no programa o curso anterior
(todos os meses e días de duración do Programa):
2 ptos
2. Segundo as circunstancias da unidade familiar anteriormente
enumeradas, a suma dos seus puntos determinará a redución aplicable,
segundo a táboa seguinte:
De 18 puntos en diante: Redución do 50% das cotas.
De 15 a 18 ptos: Redución do 30% das cotas.
De 10 a 15 ptos: Redución do 15% das cotas.
Menos de 10 puntos: Sen dereito a redución.

Art. 13. Valoración do baremo
A valoración da documentación presentada para os efectos das reducións
establecidas no art. 11 realizarase na Comisión de Baremación, que
estará integrada por:
a) Presidente/a: o alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
b) Vogais: un/unha representante de cada grupo político con
representación municipal; un/unha representante dos Servizos
Sociais do Concello de Carballo; a persoa responsable da empresa
concesionaria do servizo ou do servizo municipal que o xestione.
c) Secretario/a: o da Corporación ou un /unha funcionario/a en quen
delegue, con voz e sen voto.

Art. 14. Normas de xestión e ingreso
14.1. Asistencias continuadas
As usuarias ou usuarios fixas/os deberán proceder a ingresar, dentro
dos dez días seguintes á notificación da admisión ao programa, a
cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente,
de acordo coas contías previstas no apartado anterior. O lugar e o
medio de realización do ingreso seralles comunicado xunto coa
resolución da admisión ao programa.
As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez
primeiros días naturais de cada mes, no mesmo lugar e polo mesmo medio
que se sinale na resolución de admisión ao programa.
No caso de que a solicitude de alta tivese lugar máis aló do día
quince de cada mes, a primeira cota mensual a aboar verase reducida
nun 50%.
14.2. Asistencias ocasionais
Os usuarios e usuarias ocasionais do servizo deberán adquirir nos
lugares sinalados polo Concello o número de bonos individuais
correspondentes.
Os usuarios e usuarias ocasionais están obrigados/as a entregarlle á
persoa responsable designada para tal efecto polo Concello en cada
comedor un bono por cada día que fagan uso do servizo.
14.3. Conforme co previsto no artigo 44.2 do Real decreto lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas
locais, os presentes prezos sitúanse por baixo do custo do servizo,
con fundamento en motivos de manifesto interese público por razóns de
índole social, por tratarse, como se indica na exposición de motivos
desta norma, dunha medida de fomento da conciliación da vida laboral e
familiar dos cidadáns.
14.4. Están obrigados/as ao pagamento os pais, nais ou titores/as dos
beneficiarios e das beneficiarias do servizo, por tratarse de menores
de idade.

Art. 15. Lugar de realización das actividades
As actividades desenvolveranse nos espazos cedidos polo centro
educativo e aprobados polo seu Consello Escolar, previa petición do
Concello.

Art. 16. Extinción dos servizos
1. Serán causas de baixa nos servizos:
a) O incumprimento dos requisitos establecidos.
b) A solicitude dos pais, nais ou representantes legais.
c) A falta de pagamento da cota establecida.
d) A comprobación da falsidade nos documentos ou datos achegados,
con independencia das infraccións administrativas e/ou penais
que a devandita conduta constitúa.
e) A falta de asistencia continuada durante un mes sen causa
xustificada.
2. Igualmente será causa de baixa dos/as participantes no servizo,
cursada de oficio pola Administración, aquel suposto en que non se
manteña o número mínimo de escolares por centro, nese caso deixarase
de prestar o servizo no devandito centro. Neste suposto, non caberá,
en ningún caso, a reclamación de responsabilidade patrimonial a esta
Administración, ao non tratarse dun servizo municipal de prestación
obrigatoria segundo a Lei 7/1985.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
Para os efectos do previsto no artigo 6 da presente Ordenanza, e tan
só durante o ano 2006, primeiro exercicio de vixencia, a petición de
alta no servizo poderá cursarse até despois da finalización do prazo
de inscrición no curso escolar, ou unha vez iniciado o curso.
Para estes únicos efectos, o prazo máximo de presentación de
solicitudes será determinado por resolución da Alcaldía, por
delegación do Pleno da Corporación.

DISPOSICIÓNS FINAIS.

PRIMEIRA
Esta Ordenanza, que consta de dezaséis artigos, unha disposición
transitoria e tres disposicións finais, entrará en vigor tras a súa
aprobación definitiva, unha vez publicada integramente no Boletín
Oficial da Provincia e transcorrido o prazo a que se refire o art.
65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.

SEGUNDA
Cada centro escolar deberá ter aprobado no seu Consello Escolar a
autorización para a posta en funcionamento deste servizo.

TERCEIRA
A Alcaldía poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias
para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento desta
Ordenanza, dando inmediata conta á Xunta de Goberno Local e ao Pleno
da Corporación”.

DILIXENCIA
A presente Ordenanza foi aprobada inicialmente na sesión ordinaria do 31 de xullo de 2006. O
anuncio de aprobación inicial foi publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 181, do 8 de
agosto de 2006 . Exposta ao público polo prazo de 30 días, e fixado anuncio no Taboleiro de
edictos do Concello, sen que se presentaran alegacións á mesma, foi publicada, co anuncio de
aprobación definitiva e o texto íntegro da mesma, no B.O.P. nº 224, do 28 de setembro de 2006,
polo que a súa entrada en vigor se produce o día 29 de setembro de 2006

15/6/09

FESTA DA A.N.P.A. DE FIN DE CURSO

O mércores 17 de xuño de 16´30 a 18´00, celebrarase no colexio a FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA, para tódolos nenos que sexan socios da asociación de pais, nais e titores do colexio.
Para esta festa xa sabedes que tedes que traer o carné de socio para entrar, xa que é unha festa só para os alumnos do centro que pertenecen a ANPA A CASILLA.

Como en anos anteriores para este día están convidados tódolos pais e irmáns para pasar todos unha tarde chega de sorpresas, este ano contaremos ca empresa Axina da coruña que nos traerá inchables, actuacións e un sorprendente toro mecánico.

Non esquencerse o mércores a xogar e disfrutar.