18/11/08

ELECCIONS O CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO


RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

A Consellería de Educación e O.U. (DOG do 18/09/08) establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares (renovación parcial). Como ben sabedes polos diferentes escritos que se enviaron por mediación dos nenos e pola información exposta do calendario electoral no taboleiro de anuncios da ANPA. hoxe rematou o prazo de presentación de candidaturas.

No noso colexio temos que elixir a 2 representantes das nais/pais e titores, nesta ocasión presentanse 4 candidatos, a todos eles gracias pola súa participación.

As elección serán o 24 novembro de 16´00 a 19´00.


XA SABEDES TODOS A PARTICIPAR E A VOTAR.

NOVA SOBRE O BLOG, APARECIDA NA VOZ DE GALICIA


A asociación de pais do colexio A Cristina crea un blog para informar aos socios das súas actividades.

Redacción, Carballo.

A asociación de pais do colexio A Cristina sumouse á introdución das novas tecnoloxías nas súas actividades habituais e crearon un blog, no que informan aos socios de todas as actividades promovidas desde a entidade.

A iniciativa xurdiu da agrupación A Casilla co obxectivo de facer chegar ás familias todas as propostas do equipo directivo da agrupación. «Ou nacemento deste blog nace ca premisa de achegar as novas dá ANPA e do colexio, así como unha serie de enlaces asociados para a divulgación dá vida do mundo dá educación», explican desde o centro.

Así, ademais de dar a coñecer as actividades, os responsables da páxina (www.anpaacasilla.blogspot.com) intentan chegar a toda a sociedade carballesa, para que o traballo que realizan desde o colexio A Cristina poida servir de exemplo para outros colectivos. Tamén servirá de fiestra a través da que a ANPA dará coñecer as novidades do colectivo. De feito, na web pódense consultar os estatutos da asociación, o relacionado ao pago das cotas dos socios ou todas as accións emprendidas pola organización. Así, unha das entradas está dedicada a unha petición que a ANPA realizou no Concello para solicitar que este arranxe as beirarrúas da rúa Camilo Xosé Cela.

Colaboración
O espazo web está a disposición das entidades de Carballo. Así, unha das actividades propostas pola asociación A Casilla é a escola de pais, que impulsa Vieiro, iniciativa á que dedicaron un post, invitando ás familias a unirse a esta actividade. Desde o colectivo animan aos veciños a dar ideas e propostas para mellorar o blog.

Pero este non é a única páxina creada desde un centro educativo. Fas semana, o Fogar presentaba un blog (www.colegiofogar.blogspot.com), que actualizan os alumnos con axuda dos profesores. O espazo está concibido para que a comunidade educativa traballe contidos en rede. Ademais, a iniciativa persegue achegar o uso das novas tecnoloxías aos estudantes.

Fai clik aquí, para enlazar ca noticia orixinal.

17/11/08

SECRETARÍA XERAL DE POLITICA LINGÜÍSTICA



Máis de 1.500 escolares de Infantil e Primaria do Concello participan nunha campaña de animación lingüística.
Arredor de 1.500 nenos e nenas dos centros escolares de Carballo participarán ao longo do mes de novembro e ata o 18 de decembro nunha campaña de animación lingüística en galego promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Carballo e as editoriais Kalandraka, Galaxia e Edicións Xerais. A actividade está dirixida fundamentalmente aos alumnos de Infantil e Primaria e percorrerá non só os centros da capital municipal, senón tamén os dalgunhas parroquias, ademais do Pazo da Cultura.


O obxectivo, segundo expresou a directora xeral de Política Lingüística, Cristina Rubal, durante a presentación deste programa, é favorecer a dinamización do galego entre a infancia e a adolescencia, xa que "aí é onde está o futuro do idioma". Rubal subliñou que o Concello de Carballo é "un dos que atraen un maior número de iniciativas" relacionadas coa lingua e con maior resposta por parte da poboación.

En canto ás actividades, a Editorial Galaxia leva o 18 de novembro ao Auditorio do Pazo da Cultura 'Flis-fli-ris-flas. Cóntallo en galego' para un total de 525 alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Primaria. Edicións Xerais colabora coa organización dunha actuación da compañía Trinke-Trinke, que leva ata o Pazo da Cultura a representación de 'Os soños na gaiola' de Manuel María. Será o 20 de novembro para os nenos e nenas do CEIP Fogar.

Por último, do 1 ao 18 de decembro será Kalandraka a encargada de difundir a tradición oral do galego con 'Cantar e contar. Ler na nosa lingua', que viaxará polos colexios e tamén ata unha exposición no Pazo da Cultura entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro. "O idioma é patrimonio de todos", resaltaba o Alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación do programa, engadindo que Carballo é un dos municipios con máis galegofalantes e desexando que "cada vez máis persoas empreguen o idioma".

ESCRITO MANDADO, BACHE ARREGLADO



Xa se ve que as veces os nosos gobernantes escoitan as demandas dos gobernados, no día de hoxe o Concello procedeu a reparar os baches existentes na rúa Camilo Xosé Cela, acarón do colexio.

Despois do escrito entregado o pasado día 13 de novembro polo secretario da ANPA, no rexistro xeral do Concello, visto o tempo pasado agradecer en nome da ANPA, e dos veciños, a boa disposición da actuación.

Do mesmo xeito agardamos que se teña en conta o arranxo total das rúas, con unha nova capa de aglomerado asfaltico, como tamén se pedía no escrito o antes posible, xa que sin necesidade non é.

Como di o refrán " de ben nacidos é ser agradecidos ", pois así o transmitimos, grazas.

A VOLTAS CA DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO


Desde estas páxinas, queremos facer un chamamento a prensa, para facer unhas matizacións sobre a nova da "DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO DO COLEXIO DA CRISTINA".

Despois de permanecer a principio de curso un pouco incredulos de interarnos pola prensa da "Dimisión do equipo directivo do colexio", é sin ánimo de facer "máis fume que ruido", xa que consideravamos erroneas algunha afirmacións que aparecían na prensa, e cando pensabamos que xa quedara atras a polémica, volta a sair de novo nos xornais pola devandita "dimisión".

Facer primeiro unhas pequenas aclaracións, A Dirección do CEIP "A Cristina" de Carballo non dimitiu nunca, outra cousa é que presentase a súa dimisión, xa que para levarse a efectos ten que ser aprobada pola Delegación, cousa que non aconteciu a principio de curso e moito menos agora, e no futuro quen sabe....

Dous, a reclamación por falta dun profesor, foi devida a que o profesor que se tiña que incorporar o seu posto non o fixo por pedir unha comisión de servizos, o que supón que a Delegación debía mandar outro profesor.

A consecuencia deste tema a ANPA, puxose en contacto cos responsables educativos da nosa provincia a principio de curso e comentaron que non se mandaría ningún profesor para cubrir esta vacante, do mesmo xeito que non se aceptaría a demisión do equipo directivo. Evidentemente nós amosamos a nosa discrepancia e a necesidade de contar co docente.

Ata aquí todo vai ben, pero como consecuencia das continuas informacións na prensa sobre as deficiencias de profesorado nos centros e en concreto no CEIP "A Cristina", os pais manifestaron a súa preocupación sobre este tema, e a resposta desta ANPA, é a seguinte :

O Colexio da Cristina ten no seu catálogo de asignación de profesorado na actualidade a 14 profesores e a día de hoxe contamos con 17, xeneralistas e especialistas ( non vamos a entrar en máis detalles) nós non consideramos que teñamos moitos profesores, sempre os que se teñen son poucos e cantos máis mellor, esto redundará na calidade da ensinanza, ou sexa no beneficio dos nosos fillos. Pero tamén temos que ter claro que cando se esixe algo tense que deixar "claro" tódolos datos, e a realidade actual e que estamos en mellor disposición de profesorado que outros centro, xa que temos que ter en conta que nós só contamos con unha única linea, e decir unha clase por cada curso, incluindo educación infantil.

Claro está que non nos pase como o do "conto do lobo". A ANPA, pensa que as reclamacións téñense que facer falando e con datos obxetivos, aínda que nós neste tema non fomos consultados nun principio, si temos claro e así se lle manifestou ás autoridades educativas, que nos nón tíñamos nada que ver cas famosas declaracións de "Dimisión" da equipa directiva, e transmitimos que si neste curso non se cubría a praza se fixera no próximo, sin reducción do profesorado que temos a maiores como apoio. Porque o mellor ninguén pensou que con esta clase de reclamacións, o que se pode conseguir e que no vindeiro curso nos mande o profesor que nos falta e a súa vez nos retiren os docentes que temos a "maiores do catálogo".

Por eso temos que traballar con moito "sentidiño" e mirar polo beneficio dos nenos.

Polo tanto moitas veces certos titulares poden facer máis dano que beneficio, e por certo é sin ánimo de crítica os medios, pero si de responsabilidade. Do mesmo xeito que sempre se deben consultar todalas partes afectadas a hora de emitir unha nova sobre un colectivo no que están presentes varias sensibilidades, docentes, pais e persoal non docente, unha comunidade educativa facemola todos.

Pois de novo a tranquilizarvos papas, no colexio non dimitiu ninguén, nin vai a dimitir e a traballar todos que é o que temos que facer para conseguir un ensino público e de calidade. Que así sexa.

COMENZO DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES


Un ano máis a ANPA, comenza cas actividades extraescolares de tarde no seu apartado DEPORTIVO.
Poñer de manifesto que a ANPA organiza estas actividades ca colaboración do Concello de Carballo. Esta actividade subvencionada o cen por cen polo Patronato Deportivo Municipal, do cal tamén contamos ca súa colaboración nos apartados técnicos do mesmo.
A actividade enmarcase nunha coordinación de tódalas ANPAS do Concello, que coordinados polo Patronato fan que as xornadas dos mércores tamén contemos próximamente cas competicións.

Pero en primeiro lugar que nesta actividade, desde a ANPA o que se busca é a ocupación dos nen@s, en actividades que lle reporten un benestar físico e socializador, queremos que participen é polas diferentes prácticas convivan cos seus compañeiros e empecen adoptar, desde os máis cativos, actitudes positivas para a práctica do deporte e a convivencia entre iguais, e dicir que empecen a desenvolver habilidades sociais desde as máis tempranas idades.

Para tal fin e como en anos anteriores, contaremos cos monitores das diferentes actividades, que un ano máis estarán coordinados por TERESA.

Sabemos que temos que mellorar a calidade das actividade e nese tema estamos traballando, agardamos que colaboración de tod@s e consigamos poder ofrecer unha actividade, igualitaria, participativa e de calidade.

Sabedes que a maior premisa da ANPA é ofertar en igualdade de condicións a o alumnado as posibilidades de poder realizar actividades, sin condicionantes de ingunha clase. Por eso estamos a traballar por un ensino público de calidade e igualdade, sen ter en conta os recursos de cada quen, senón o poder garantir a todos as mesmas posibilidades.

Empezaremos este martes 18, lembrade que nunha primeira fase teran actividade os martes e xoves, na actualidade temos inscritos 95 rapaces:
  • INFANTIL 4 ANOS: Martes.- Educación Física de Base. Xoves.- Patinaxe.

  • INFANTIL 5 ANOS: Martes.- Educación física de base. Xoves.- Patinaxe.

  • PRIMEIRO: Martes.- Patinaxe.- Xoves.- Educación física de base.

  • SEGUNDO: Martes.- Patinaxe. Xoves.- Educación física de base.

  • TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO. Martes e Xoves o deporte que escolleron.

Agardando que dentro das limitacións presupostarias que temos, os rapaces disfruten o máximo posible, xa que está actividade te como fin a promoción do deporte de base, a adquisición de hábitos saudables, a autodisciplina e a convivencia entre os seus participantes.




13/11/08

PETICION O CONCELLO DE ARRANXO DA RUA CAMILO XOSE CELA


O secretario da anpa entregou hoxe no rexistro xeral do Concello de Carballo, despois de redactar un escrito subscrito a iniciativa da ANPA, como respostas as propostas manifestadas polos socios na última reunión Xeral Ordinaria da Anpa sobre o estado do firme da rúa Camilo Xosé Cela.

Por parte da ANPA procedeuse a consensuar a petición cos veciños que viven na rúa os que amosaron o seu apoio rotundo a proposta.

As Presidentas da ANPA “A Casilla “ do CEIP “A Cristina” de Carballo, da “Subcomunidad de Propietarios dos Garaxes dos edificios Camilo Xosé Cela e Rodríguez Castelao” e da “Comunidade de Propietarios do Edificio Camilo Xosé Cela”. Asinaron o seguinte escrito que foi enviado o Concello, a atención do o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Servizos.
No quese lle expón que na actualidade a rúa Camilo Xosé Cela, presenta desde o seu principio o fin, unha serie de baches, que están a producir o levantamento do firme, o que esta a xenerar que se acumulen pedras na rúa e beirarúas, co risco que conleva para as persoas e os vehiculos aparcados, xa que o paso dos automóviles estes collen as pedras mencionadas dos baches, as que son lanzadas para os laterales, co risco que supón para as persoas e bens.

Tamén manifestan que se ten que ter en conta que é unha vía con bastante tráfico, pola existencia do garaxe mancomunado dos edificios existentes con entrada única por esta rúa, pola circulación dos cohes que traen os nenos o colexio da cristina, polo aparcamento realizado polo Concello na explanada posterior o colexio e por ser un lugar de aparcamento e paso dos vehículos que acuden regularmente ás instalacións do tanatorio que está nas proximidades.

Por tal motivo solicitase no escrito o Concello, que a maior brevidade posible se proceda a retirada destas pedras e a reparación dos baches existentes na rúa. Tamén manifestar que se teña en conta un novo asfaltado da vía, por ter esta a necesidade o estar cuarteada, xa que con anterioridade procedeuse a reparación dos baches e volveron a reproducirse o pouco tempo.