16/5/10

A ANPA LEMBRA O 17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS, NO QUE SE HOMENAXEADO UXIO NOVO NEIRA






UXÍO NOVONEYRA SERÁ HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2010
DESDE A ANPA "A CASILLA" QUEREMOS LEMBRAR ESTE DIA.

Uxío Novoneyra naceu o día 19 de xaneiro de 1930 en Parada do Courel no seo dunha familia labrega. Sendo estudante de bacharelato en Lugo coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da xeración anterior, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

Con 19 anos Uxío trasladouse a Madrid onde se matriculou na Facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servizo militar.

Entre 1953 e 1962 volve vivir no Courel obrigado por unha pleuresía que o tivo á morte. Nesta prolongada reclusión coñecerá a María Mariño e o seu marido Roberto Pose. Este encontro entre o mozo poeta e María Mariño dará lugar a unha das máis frutíferas relacións literarias de Galicia.

En 1962 Uxío traballou en Madrid facendo programas de radio e televisión e participando nalgunha das actividades do grupo Brais Pinto ata o seu regreso a Parada en 1966 reclamado polos seus pais, xa vellos e enfermos. En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos, residían entre o Courel e Lugo para instalárense definitivamente en Santiago en 1983. En 1982 Novoneyra fora elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou ata a súa morte, ocorrida o 30 de outubro de 1999.

Novoneyra foi un poeta de entrega total, cunha obra en constante refacción, en continua forxa. Mais non por isto foi un poeta de minorías xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968.

Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos-2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.
En Muller para lonxe (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) reúne algúns poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio R. Fer. O poemario Tempo de elexía (Vía Láctea, Oleiros, 1991) recolle esencialmente Elexías do Courel (Rialp, Madrid, 1966) pero sen a tradución ao castelán que incluía a edición castelá. Os dous últimos poemarios de Uxío Novoneyra serán Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (Espiral Maior, A Coruña, 1994) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (Hércules de Ediciones, A Coruña, 1998).

Alén da súa incursión na narrativa para nenos, temos que sinalar a oralidade da súa poesía, que adquiría matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular.
MAIS INFORMACION SOBRE UXIO NOVO NEIRA, FACER CLIK AQUI

REUNION DA FEDERACION MUNICIPAL DE ANPAS DE CENTROS PUBLICOS DE CARBALLO

O venres 14 celebrouse a reunión da FEDERACION DE ASOCIACIONS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE CARBALLO (FANPAC). de centros públicos, a que pertenece a ANPA "A CASILLA" para abordar os temas relacionados ca escolarización do vindeiro curso escolar.

Comunicarvos que na COMISION DE ESCOLARIZACION estará presente un representante de tódalas ANPAs, como é preceptivo por lei.

Por este motivo os diferentes representantes de cada ANPA, transmitiron as suas suxestións, para que así foran transmitidas a Comisión de Escolarización.

Un dos temas analizados con detenemento foi a creación dunha nova unidad de educación infantil (3 anos) co C.e.i.p. "Bergantiños", antes de celebrarse a Comisión de escolarización, feito que non se recorda que se fixera nunca antes de celebrar a COMISION DE ESCOLARIZACION, o que está a producir un "sifin" de queixas e reclamacións por parte de algúns pais, que se encontran nunha indefensión, xa que no momento de facer as matrículas non existía esta posibilidade e a orden de petición de centros fixerona sobre as prazas que existian en realidade, a representante da FANPAC transmitirá o Presidente da Comisión (Inspector de Educación), a queixa por este motivo.

Outro dos temas tamén foi o analisis dos nenos que quedaron fora nas unitarias, así como en outros centros públicos, así como no privado (Artai) e a súa asignación que se desenvolverá na Comisión de Escolarización.

Tamén se presentou a necesidade da creación dunha nova aula no I.E.S. Monte Neme, aínda que este tema non se tratará na Comisión de Escolarización, xa que esta só tratará temas de Educación Infantil e Primaria.

Todas as propostas presentadas polos representantes das ANPAs de centros públicos, serán defendidas polo representante da Federación na Comisión de Escolarización, que de momento non está convocada e esta pendente a data da súa celebración.
.

LISTAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS DO CEIP "a CRISTINA"

Despois das consultas feitas a ANPA, por persoas interesadas en coñecer as admisións o C.E.I.P. "A CRISTINA", VOLTAMOS A OFRECER O ENLACE DA NOVA ONDE SE PUBLICARON .
Para aclaración das listaxes de admitidos e non admitidos no C.E.I.P. "A Cristina", posicionamos este enlace no que aparece a nova sobre este tema, e no final da mesma están os enlaces a lista de cada curso onde figuran os admitidos e non admitidos de cada curso .

tamén está a súa disposición no taboeiro de novas no exterior do colexio ou no apartados de novas da web do colexio.

Para acceder as lista facer doble clik sobre o enlace:

13/5/10

RESOLUCION DE RECLAMACIONS POLO CONSELLO ESCOLAR

O xoves 13 reuniuse o Consello Escolar do C.E.I.P. "A Cristina" ás 13´00h.

Unha vez resoltas as reclamacións das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2010/11 presentadas ante o Consello Escolar , mañá Venres, publicaranse no taboleiro do centro as listaxes definitivas.

Esta resolución definitiva na admisión do alumnado ditada polo consello escolar do Ceip. A Cristina poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a titular do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Os alumnos/as non admitidos nesta 1ª fase, pasarán á Comisión de Escolarización, que determinará o Centro no que se escolaricen . Antes do inicio da fase de matricula a Comisión de Escolarización asignará as vacantes.

As prazas reservadas para "Necesidades Educativas Especiais", de non cubrirse por este réxime, pasarán aos alumnos que quedaron excluídos según os criterios de puntuación e preferencias manifestados.

Do 20 ao 30 de Xuño formalizarase a matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.


VER LISTAS ADMITDOS E NON ADMITIDOS.
facer clik sobre os textos para ver as listas

EDUCACION INFALTIL 3ANOS

EDUCACION INFANTIL 4 ANOS

EDUCACION INFANTIL 5 ANOS

1º EDUCACION PRIMARIA

2º EDUCACION PRIMARIA

3º EDUCACION PRIMARIA

4º EDUCACION PRIMARIA

6º EDUCACION PRIMARIA

.

9/5/10

Dibujos maternos con premio

Cada vez que llega este época, y como ya habrán comprobado siempre acaba llegando, el Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organiza un concurso de dibujo dedicado al Día da Nai. Como participan todos los colegios, el número de trabajos es abrumador: ¡Más de 1.200! A mí ya me costaría entre más de cuatro, así que compadezco y admiro al jurado. Los premios fueron entregados en la sede de la entidad. Aquí tienen la relación: En infantil, en primer ciclo ganó Paula Varela Mata , de As Landras, y accésit para Rodrigo Rodríguez Lema , de Os Pequerrechos. En segundo ciclo, se impuso Aitana Souto Rodríguez , de A Cristina, y hubo accésit para Ismael Barreiro Queijo , del mismo centro. En el primer ciclo de primaria la ganadora fue Ainoa Álvarez Casás , del colegio Fogar, con dos accésits, uno para Alba Gómez Rodríguez , del Artai, y otro para Elena Fariña Rodríguez , del Nétoma-Razo. En segundo ciclo venció Iván Iglesias Loureda, del Bergantiños, con accésit para Nerea Vilariño Cabeza y Daniel Otero Suárez , del Fogar. En el tercer ciclo la que ganó fue María Porteiro Figueiras , del Fogar, con reconocimientos para Laura Casais Varela , del Fogar, y Diana Rebeca González Besada , del Bergantiños. El premio para cada ganador es de 90 euros, y los accésits se recompensan con 20. Añadamos una cámara fotográfica para Lúa García Regueira , de A Ledicia, un lote de libros para Roi Figueiras Pose , y un juego didáctico para Pablo Cambón Pérez , como premios a la participación. Enhorabuena a todos.


.

5/5/10

NOMEADO O SECRETARIO DA FEDERACION DE ASOCIACION DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE CARBALLO

A Federación de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos de Carballo (FAMPAC). Elexiu na súa última reunión o noso secretario Xosé María Arán Rodríguez, como novo secretario da Federación. A proposta foi feita por unanimidade a instancia dos representantes de tódolos centros públicos de Carballo, e proposta pola Presidenta para a súa ratificación pola Xunta Xeral da FAMPAC, a que foi aprobada por unanimidade.

Arán manifestou aceptar o cargo, por considerar que apesares das limitacións do tempo que dispón, o ser unha proposta de todolos compañeiros/as está obrigado moralmente a aceptala.

Arán formaba parte da Xunta Directiva da Federación como vocal, xa que era membro fundador, rexeitando ata hoxe calqueira outro cargo.

Salientou a dedicación do anterior secretario Miguel Paredes, pola labor realizada desde a creación da Federación e amosou as grazas os compañeiros por depositar en el esta confianza.
Como Directiva da ANPA a Casilla, é para nós tamén un recoñocemento que veñen a facer os compañeiros dos colexios do Concello, como se dí as veces "valorante máis os de fora que os da casa".

Felicitacións a Arán, desde a ANPA, porque sabemos que vai deixar o pavillón moi alto, como o fixo ata o de agora.

.