5/10/09

A ANPA "A CASILLA" FELICITA A TODOSLOS DOCENTES DO CONCELLO DE CARBALLO



Desde a secretario da ANPA, mandouselle a tódolos colexios do concello de carballo, unha felicitación os docentes polo Día Mundial adicado a eles.
O 5 de outubro a Internacional da Educación e as súas organizacións afiliadas mobilízanse para que a voz do profesorado sexa oída no mundo enteiro.

Para saber algo máis do 5 de outubro: Día Mundial de l@s docentes:

A UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial dos Docentes en 1994 para conmemorar a firma da Recomendación OIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966. O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997.

Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en aras da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería ser internacionalmente recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.

Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento. Cada ano a Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para destacar as achegas da profesión docente.


.

30/9/09

HORARIOS E CALENDARIO DO COLEXIO



Facer clik sobre as imaxes para amplialas.



Facer clik sobre as imaxes para amplialas.

.

NON ESTAN TODOS OS QUE SON PERO SI SON TODOS OS QUE ESTAN

Para ampliar fotos, facer clik sobre as imaxes:





Fotos xentileza do DIARIO DE BERGANTIÑOS-EL IDEAL GALLEGO.

.

NOVAS SOBRE A CONCENTRACION DE ONTE NO "DIARIO DE BERGANTIÑOS"

Facer clik sobre as imaxes para amplialas.


NOVAS SOBRE A CONCETRACION DE ONTE " LA VOZ DE GALICIA"



As ANPA de catro centros da zona concéntranse ante os recortes educativos
Botan en falta, sobre todo, máis persoal especializado en pedagoxía terapéutica para atender aos alumnos.

«Non é por falta de profesores senón pola carencia de especialistas na materia de pedagoxía terapéutica, que ten que ser persoal especializado», aclaraba o secretario da ANPA A Casilla, do CEIP A Cristina, Xosé María Arán. Esa foi unha das principais reclamacións que, na concentración que onte se celebrou, ás 12.00 da mañá, na parte posterior do centro.

Acudiron pais e nais, ademais dos edís Belén Lendoiro e Xosé Manuel Guillín. Este último, ademais de en representación do Concello, do cal sinalou o total apoio á causa, acudía tamén en representación do Consello Escolar: «Aínda que é unha iniciativa dá ANPA, non Consello Escolar xa había acordo para tomar este tipo de iniciativas e trasladarlle á Xunta as pertinentes reclamacións. Estamos á disposición dúas pais e nais para intermediar non que sexa necesario», manifestaba. Así, o centro pasou de dispor de tres profesionais de pedagoxía terapéutica a ter só un. Aínda que polo catálogo de profesorado, corresponderíalle un profesor dese tipo, debido ao número de casos existentes -a presidenta da ANPA, María Begoña Pouse Arijón, sinalaba que estaban á espera do informe da dirección para estipular o número final-, necesitarían máis persoal especializado nese ámbito. Sumaban a esa reclamación a súa protesta contra a eliminación do sistema de préstamo de libros e a agrupación de alumnos de infantil e primaria. Na concentración leuse un manifesto, onde, ademais, adiantáronse as próximas actuacións, entre elas reunións cos representantes da Xunta en materia educativo ou co deputado Alberto Sueiro.

Noutros colexios
No CEIP de Nétoma-Razo, así como no Bergantiños ou o Milladoiro de Malpica tamén houbo sendas concentracións en resposta á chamada da Confederación galega de APA de centros públicos (Confapa). Nuns casos tratábase de «solidarizarse cos coles» e, noutros, compartían tamén algunhas das necesidades do colexio A Cristina.



«Estou aquí non só para loitar polos dereitos do meu fillo, senón por todos vos dous demais rapaces».

testemuño | á. maría martínez varela | Nai dun neno con necesidades especiais
Áurea María Martínez Varela era unha das nais que onte acudían á chamada da ANPA A Casilla. Os seus dous fillos cursan quinto de primaria no colexio A Cristina, pero un deles, de 11 anos, ten «minusvalía severa en linguaxe». Vai mellorando, xa que dun 53% pasou a un 35%, pero aínda así, require un apoio do que, co actual recorte de persoal de pedagoxía terapéutica, non pode dispor do todo.
«Eu, como nai, nótoo», explicaba Áurea María. No entanto, deixaba claro que nas mesmas condicións do seu fillo, ou con circustancias moi similares, hai moitos nenos e que, por todos eles, acudía onte á manifestación. Tamén polos que, sen ter necesidades especiais, ven obrigados a adaptarse a un ritmo que non é o seu. «Isto non pódese tolerar e eu non caso do meu neno, teño totalmente documentada a situación, cos papeis que acreditan a necesidade dese persoal». Faise necesario para que o mozo poida progresar adecuadamente. «Pero para iso faille falta reforzo», explicaba a nai. Así, considera que é unha situación ante a que hai que manifestar porque «deste xeito non están tan atendidos como ou estaban ou ano pasado e iso notase.

Insiste en que se trata de «defender vos dereitos dous nenos» e en que, no seu caso, as súas circunstancias están «legalmente verificadas, con papeis dá Xunta que recoñecen a minusvalía do meu neno».

LA VOZ DE GALICIA


.

29/9/09

EXITO DA CONCENTRACION, GRAZAS A TODOS E A TODAS


Desde a ANPA queremos agradecer a todos e a todas os que estivechedes hoxe na concentración. Aínda que o día e a hora non foi a máis axeitada alí estivemos presentes os bos e xenerosos reclamando algo xusto en nome de tódolos nenos e nenas.
Tamén salientar a presenza do Concelleiro Sr. Guillín ( que ademáis é representante do Concello no Consello Escolar do Colexio) e da Concelleira Dona Belén Lendoiro, así como os medios de comunicación.
Transcurriu esta xornada ca concentración e posterior lectura do Comunicado que engadimos acontinuación, de novo a todos e a todas grazas en nome da Comunidade Escolar do CEIP "A CRISTINA".

COMUNICADO CONCENTRACION Carballo 29-9-2009

A Anpa “A Casilla” quere manifestar o seguinte:
Nestes últimos meses , preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que pensamos que vai perxudicar gravemente o ensino público, podemos entender que os maiores teñamos que “apretar o cinturón”, pero isto non pode afectar a educación dos nosos nenos e nenas, por iso desde a ANPA queremos resaltar os seguintes temas nos que non estamos dacordo:

1. Eliminar o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista dás ANPAs de Galicia) co consecuente quebranto económico para as familias.

2. Suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais (PT).

3. Agrúpanse alumnos de infantil e primaria.

4. Todo isto sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa dá situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa. Sobre todo os pais, nais e titores.

5. Pero hoxe estamos aquí polo noso caso particular, estamos a loitar por un novo profesor de Pedagoxía Terapéutica, P.T. (Pedagoxía Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por necesidades específicas de apoio educativo, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha dá clase), como sabedes este profesional é fundamental para o seguimento dos nenos con estes problemas, aínda que o colexio correspóndelle un, polo catálogo de profesorado, debido os casos existentes, no pasado curso contabamos con 3 e neste con 1, polo que non van poder atender tódolos casos como lle corresponde, o que encima ocasionará un prexuizo para os nenos con esta problemática e tamén para os restantes, xa que os profesores terán que prestarlle atención o que ocasionará o atraso para o resto.

6. Non se pode cambiar a figura do profesor de Pedagoxía Terapéutica por outro, xa que é unha especialidade e como tal teñen que dála profesionais instruídos para este fin.

7. Como contestación inmediata a estas accións e apoiando tamén a CONFAPA GALICIA (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos) anunciamos o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades.

8. En primeiro lugar e polo acordo tomado no Consello Escolar do Colexio, presentouse unha petición de reunión na Delegación con representantes dá Xunta en responsabilidade de educación, a que acudiran o Director do Centro, a Presidenta dá ANPA, a Orientadora do colexio e unha Nai dun neno con necesidades específicas, nesta reunión transmitiráselle a Administración a necesidade de incrementar os profesores de (PT) ca documentación correspondente que así o acredita.

9. A Anpa pedirá unha reunión urxente co Deputado Carballés no Parlamento de Galicia, D. Alberto Sueiro Pastoriza, no que se lle informará sobre o tema e na que se lle pedirá a intervención sobre o profesorado de PT.

10. Se non tiveramos resposta positiva a esta demanda a ANPA, convocaría unha reunión xeral de tódolos compoñentes da Comunidade Educativa para tomar outras posturas de forza para reivindicar esta demanda.

11. A Anpa, quere en todo momento dialogar e chegar a bo porto ca demanda do profesorado de (PT), por iso hoxe estamos todos aquí nesta concentración, deixando a política de lado, o único que buscamos e mandar unha chamada a reflexión a administración educativa, para que nos teña en conta e que non hipoteque o futuro dos nosos rapaces pola falta deste profesorado. Estamos seguros que eles estarían hoxe aquí se estes foran os seus fillos, por iso estamos nos todos aquí como pais, nais, abos e sociedade xeral para reclamar o que é de xustiza para os nosos nenos e nenas.

Grazas a todos.


.

24/9/09

NOTA INFORMATIVA OS PAIS, NAIS E TITORES


Estimados Pais, Nais e Titores:

A ANPA “A CASILLA” quere manifestar o seguinte:
Nestes últimos meses e aproveitando o período vacacional, preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que pensamos que vai perxudicar gravemente ao ensino público.

Elimínase o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista das APAs de Galicia) co consecuente quebranto económico para as familias, suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais, agrúpanse alumnos de infantil e primaria e un longo etcétera, todo iso sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa da situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa.

Como contestación inmediata a estas accións a CONFAPA GALICIA (Confederación Gallega de APAs de Centros Públicos) anunciános o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades. A esta iniciativa están convidados tódolos centros de Galicia.

Por iso, A ANPA CONVOCÁMOSVOS A UNHA CONCENTRACIÓN PACÍFICA, DURANTE 10 MINUTOS Á ENTRADA DO NOSO CENTRO O PRÓXIMO DÍA 29 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 12 HORAS BAIXO A LEMA.

¡NIN UN PASO ATRÁS!

No noso caso particular, estamos a loitar por un novo profesor de Pedagoxia Terapéutica (Pedagoxia Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por necesidades específicas de apoio educativo, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha da clase), como sabedes este profesional é fundamental para o seguimento dos nenos con estos problemas, aínda que o colexio correspondelle un, debido os casos existentes, no pasado curso contábamos con 3 e neste con 1, polo que non se van poder atender tódolos casos como lle corresponde.
Ante tan grave acontecemento PEDIMOS A TODOLOS PAIS, NAIS, TITORES E FAMILIARES QUE ACUDADES A ESTA CONCENTRACION, NON SE TRATA DE POLITICA, senón de defender uns dereitos que consideramos son fundamentais para que os noso fillos e fillas, sexan atendidos con uns mínimos xustos no ensino público.

ESTE É O MOMENTO DE COLABORAR, POR ESO PEDIMOS A TUA PRESENZA.

¡ NON FALTES, A EDUCACION DO TEU FILLO E FILLA DEPENDE DE TI !


.