5/10/09

A ANPA "A CASILLA" FELICITA A TODOSLOS DOCENTES DO CONCELLO DE CARBALLO



Desde a secretario da ANPA, mandouselle a tódolos colexios do concello de carballo, unha felicitación os docentes polo Día Mundial adicado a eles.
O 5 de outubro a Internacional da Educación e as súas organizacións afiliadas mobilízanse para que a voz do profesorado sexa oída no mundo enteiro.

Para saber algo máis do 5 de outubro: Día Mundial de l@s docentes:

A UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial dos Docentes en 1994 para conmemorar a firma da Recomendación OIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966. O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997.

Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en aras da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería ser internacionalmente recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.

Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento. Cada ano a Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para destacar as achegas da profesión docente.


.

No hay comentarios: