24/9/09

NOTA INFORMATIVA OS PAIS, NAIS E TITORES


Estimados Pais, Nais e Titores:

A ANPA “A CASILLA” quere manifestar o seguinte:
Nestes últimos meses e aproveitando o período vacacional, preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que pensamos que vai perxudicar gravemente ao ensino público.

Elimínase o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista das APAs de Galicia) co consecuente quebranto económico para as familias, suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais, agrúpanse alumnos de infantil e primaria e un longo etcétera, todo iso sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa da situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa.

Como contestación inmediata a estas accións a CONFAPA GALICIA (Confederación Gallega de APAs de Centros Públicos) anunciános o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades. A esta iniciativa están convidados tódolos centros de Galicia.

Por iso, A ANPA CONVOCÁMOSVOS A UNHA CONCENTRACIÓN PACÍFICA, DURANTE 10 MINUTOS Á ENTRADA DO NOSO CENTRO O PRÓXIMO DÍA 29 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 12 HORAS BAIXO A LEMA.

¡NIN UN PASO ATRÁS!

No noso caso particular, estamos a loitar por un novo profesor de Pedagoxia Terapéutica (Pedagoxia Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por necesidades específicas de apoio educativo, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha da clase), como sabedes este profesional é fundamental para o seguimento dos nenos con estos problemas, aínda que o colexio correspondelle un, debido os casos existentes, no pasado curso contábamos con 3 e neste con 1, polo que non se van poder atender tódolos casos como lle corresponde.
Ante tan grave acontecemento PEDIMOS A TODOLOS PAIS, NAIS, TITORES E FAMILIARES QUE ACUDADES A ESTA CONCENTRACION, NON SE TRATA DE POLITICA, senón de defender uns dereitos que consideramos son fundamentais para que os noso fillos e fillas, sexan atendidos con uns mínimos xustos no ensino público.

ESTE É O MOMENTO DE COLABORAR, POR ESO PEDIMOS A TUA PRESENZA.

¡ NON FALTES, A EDUCACION DO TEU FILLO E FILLA DEPENDE DE TI !


.

GUIA DE BENVIDA CURSO 2009-2010

A ANPA IMPRIMIU ESTE ANO UNHA GUIA DE BENVIDA PARA OS PAIS, NAIS E TITORES DOS NENOS DE TRES ANOS, CON ELA QUEREMOS DARLLES A BENVIDA O COLEXIO E INFORMARLLE DO QUE É E O QUE FAI A PANPA.
NAS IMAXES DE ABAIXO PODEDES AMPLIALAS FACENDO CLIK SOBRE ELAS PARA LEER O TRIPTICO.






.

23/9/09

INFORMACION SOBRE A GRIPE A -


Como frear a gripe A

O rápido avance da pandemia de gripe por todo o planeta fai necesario pór en marcha estritas medidas de prevención dun virus que xa se cobrou a súa primeira vítima en España e mantén a outros tres pacientes en estado crítico.

A Organización Mundial da Saúde recomenda ter moi presentes a seguintes claves para evitar o contaxio.

-Como podo evitar contaxiarme?
-Non levándose as mans á cara, ollos, nariz e boca e lavándose as mans máis de 10 veces ao día.

-Canto tempo vive o virus nunha superficie lisa?
-Ata 10 horas.

-Cal é o medio de contaxio máis eficiente deste virus?
-A vía aérea non é a máis efectiva para transmisión, o factor máis importante para que se fixe o virus é a humidade, (mucosa do nariz, boca e ollos).
O virus non voa e non alcanza máis dun metro en distancia.

-É fácil contaxiarse nos avións?
-Non, é un medio pouco propicio para contaxiarse.

-Como entra o virus no corpo?
-Por contacto ao darse a man ou bicarse na fazula e polo nariz, boca e ollos.
Ao toser ou estornudar non poña a palma da man diante da boca, senón a parte contraria para evitar contagios ao darse a man con outras persoas.

-Cal é o período de incubación?
-En media de 5 a 7 días e os síntomas aparecen case de inmediato.

-Cando se debe de empezar a tomar medicamentos?
-Dentro das 72 horas os prognósticos son moi bos, a melloría é do cento por cento. Pero sempre baixo vixilancia e consello médico.

-O virus é letal?
-Non, o que ocasiona a morte é a complicación da enfermidade causada polo virus, que é a pneumonía.

-Que fai o virus cando provoca a morte?
Unha fervenza de reaccións como deficiencia respiratoria.
A pneumonía severa é a que ocasiona a morte.

Hai probabilidade de recaer coa mesma enfermidade?
Ningunha porque queda inmune ao virus.

En que ambiente vive o virus?
Cando unha persoa que o porta estornuda ou tose, o virus pode quedar nas superficies lisas como mangos, diñeiro, papel, documentos, a condición de que haxa humidade.
Xa que non se pode esterilizar o ambiente recoméndase extremar a hixiene das mans.

O virus ataca máis ás persoas asmáticas?
Si, son pacientes máis susceptibles.

Cal é o grupo poboacional con maior risco?
O composto por persoas entre 20 e 50 anos de idade.

É útil usar máscara?
Se vostede está san é contraproducente, porque os virus polo seu tamaño atravésano coma se este non existise e ao usar a máscara créase na zona do nariz e boca un microclima húmido propicio ao desenvolvemento viral.

Serve de algo tomar Vitamina C?
Non serve de nada para previr o contaxio deste virus, pero axuda a resistir o seu ataque.

Serve de algo tomar antivirais antes dos síntomas?
Non serve de nada.

Quen está a salvo desta enfermidade ou quen é menos susceptible?
A salvo non hai ninguén, o que axuda é a hixiene dentro de fogar, oficinas, utensilios e non acudir a lugares públicos.

As persoas con diabetes poden ter maiores complicacións?
Si.

Que mata ao virus?
O sol, permanecer máis de 5 días no medio ambiente, o xabón, os antivirais, xel de alcol.

O que se infectou deste virus e se sa, queda inmune?
Si.

Podo facer exercicio ao aire libre?
Si, o virus non está no aire.

Se estou vacinado da gripe estou libre de risco?
Non, para nada. A vacina contra este virus aínda non está dispoñible.

Que riscos teñen os familiares da xente que faleceu?
Poderían ser portadores.


.

15/9/09

A XUNTA ENCARGARASE DE ABONAR AS AXUDAS DOS LIBROS



A Xunta encargarase de abonar as axudas para a compra de libros de texto

Educación modifica a orde da gratuidade solidaria e asume a tarefa de transferir o diñeiro aos pais, un labor que, nun primeiro momento, encargou aos colexios.

A Consellería de Educación será a encargada de abonar ás familias o importe das axudas para a compra dos libros de texto, segundo recolle a última modificación da orde de gratuidade solidaria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres. A corrección do texto expón certas dúbidas, posto que só engade un parágrafo no que se especifica que os pagos, que nun principio se ían a realizar a través dos colexios, "tamén se poderán facer directamente desde a Consellería mediante transferencia bancaria". Con todo, fontes do departamento que dirixe Jesús Vázquez confirmaron que a Administración Educativa asumirá finalmente en solitario a tarefa de transferir o diñeiro aos pais para, deste xeito, aliviar a carga de traballo burocrático dos centros.

"A Consellería encargarase de abonar as axudas aos beneficiarios, como un xesto máis do seu afán de colaborar cos centros na posta en funcionamento do programa de gratuidade solidaria", apuntaron as citadas fontes, que eludiron pronunciarse sobre a postura dos directores dos colexios, quen decidiron non tramitar as solicitudes das axudas e envialas, directamente, ás xefaturas territoriais de Educación, en protesta pola "sobrecarga de traballo" á que ven sometidos. "Entendemos que os directores están saturados de traballo, pero todos debemos de pór un pouco da nosa parte para intentar que as cousas funcionen do mellor xeito posible", limitáronse a sinalar.

O presidente da Asociación de Directores dos Colexios Públicos da Coruña, Venancio Graña, recoñeceu onte sentirse "aliviado" pola decisión da consellería de asumir o labor de transferir o diñeiro ás familias beneficiarias das axudas, aínda que recordou o "descontento xeral" que provocou entre os seus colegas a xestión do novo programa de gratuidade "pola carga de traballo xigantesca que xera".
"Para nós é unha boa noticia que a Xunta encárguese de facer chegar o importe das axudas ás familias beneficiarias, fundamentalmente por dúas razóns: porque as transferencias bancarias teñen un custo que, en ningún caso, os colexios ían asumir, e porque realizar esa tarefa supuña sobrecargar de traballo burocrático, se cabe aínda máis, aos responsables dos centros", asegurou Graña, quen, con todo, insistiu en que os colexios non contan co persoal necesario para atender as solicitudes de axudas que presentan os pais.


.

CATALOGO DE PROFESORES



Xa nos parecía que todo iba demasiado ben, despois de manter conversas ca delegación de educación por varios motivos escolares.
A Xunta Directiva enterámonos que para este curso vamos a ter unha sóla profesora de PT. ( Pedagoxia Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por deficiencias psíquicas ou físicas, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha da clase)cando no curso anterior tivemos tres, sendo realistas a verdade é que non nos correspondían tantas polo número de profesores que temos asignados, pero é un pau a hora de tratar os rapaces que temén problemas de adaptación, fala, etc. Xa sabemos que a Dirección solicitou unha nova PT e a ANPA está a traballar na misma linea, xa que pensamos que temos posibilidade de que poidan enviar un novo especialista.



Por outro lado tamén nos informamos que temos dous profesores de Educación Física, o que nos parece de maravilla si non faltasen os PT. De tódolos xeitos xa que un é o Director e outro o secretario, agardaremos a ter a designación de horarios, para que as horas do secretario sexan para apoio de clases.

A espera de manter reunión ca dirección a ANPA procederá a pedir unha reunión para clarificar todos estos temas.


.

10/9/09

COMENZOU HOXE CON NORMALIDADE O CURSO NO COLEXIO


No día de hoxe comenzou o curso escolar no colexio, nesta xornada todo discurriu con normalidade, de tódolos xeitos a ANPA agarda ter unha reunión ca nova equipa directiva do colexio para facer unha valoración do comenzo do curso.

«Esperaremos unos diez días y analizaremos la situación»
Encarna herranz Presidenta de la Federación de ANPA


La Federación de Asociación de Padres de Alumnos de Carballo aún no tiene información sobre el inicio del curso. La presidenta, Encarna Herranz, asegura que ningún centro ha llamado todavía para expresar sus quejas.
En principio, los miembros de este colectivo «esperaremos unos diez días y analizaremos la situación». Se trata de aguardar a ver las bajas o los problemas que hay en cada colegio para comenzar la labor reivindicativa si es que es necesaria.
Sobre la afiliación a las asociaciones, Encarna Herranz asegura que se ha incrementado en los últimos años y que hay centros en que es casi del 100%, en tanto que en otros hay muy pocos anotados, como es el caso del colegio Fogar.
Señala, además, que son los padres de los alumnos los que menos importancia dan a estos colectivos, a pesar de que, según Encarna Herranz, «tienen un papel importante».
.

2/9/09

PETICION DE AXUDAS PARA LIBROS

XA ESTA ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA SUBVENCION DE LIBROS DE TEXTO.
PARA RECOLLER OS IMPRESOS PODES DIRIXIRTE A SECRETARIA DO COLEXIO NO SEGUINTE HORARIO:

DE 9´15 A 14´30

ALI XA RECIBIRAS AS EXPLICACIÓNS DOS DIFERENTES PAPELES QUE TES QUE ADXUNTAR A PETICION.

DE TODOLOS XEITOS SE QUERES TER MAIS INFORMACION PODES DIRIXIRTE TAMEN A PAXINA DA CONSELLERIA DE EDUCACION E CUBRIR DESDE ELA OS IMPRESOS E RECIBIR INFORMACION ADICIONAL SOBRE DUDAS QUE SE TE PLANTEXEN, PARA ENLAZAR CON ELA PINCHA SOBRE ESTE ENLACE: FAI CLIK SOBRE ESTE TEXTO .







.