15/9/09

CATALOGO DE PROFESORES



Xa nos parecía que todo iba demasiado ben, despois de manter conversas ca delegación de educación por varios motivos escolares.
A Xunta Directiva enterámonos que para este curso vamos a ter unha sóla profesora de PT. ( Pedagoxia Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por deficiencias psíquicas ou físicas, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha da clase)cando no curso anterior tivemos tres, sendo realistas a verdade é que non nos correspondían tantas polo número de profesores que temos asignados, pero é un pau a hora de tratar os rapaces que temén problemas de adaptación, fala, etc. Xa sabemos que a Dirección solicitou unha nova PT e a ANPA está a traballar na misma linea, xa que pensamos que temos posibilidade de que poidan enviar un novo especialista.



Por outro lado tamén nos informamos que temos dous profesores de Educación Física, o que nos parece de maravilla si non faltasen os PT. De tódolos xeitos xa que un é o Director e outro o secretario, agardaremos a ter a designación de horarios, para que as horas do secretario sexan para apoio de clases.

A espera de manter reunión ca dirección a ANPA procederá a pedir unha reunión para clarificar todos estos temas.


.

No hay comentarios: