24/11/08

ELEXIDOS OS DOUS REPRESENTANTES DOS PAIS NO CONSELLO ESCOLAR


Hoxe máis de oitenta pais, nais e titores dos nenos do CEIP "ACristina", votaron para elexir os dous representante para o Consello Escolar do centro en representación dos pais.
Nesta ocasión presentabanse catro pais, para cubrir 2 prazas no Consello, pola renovación parcial que se leva a cabo.

Os elexidos para este próximos catro anos serán:
  • Dona Montserrat Cambón Fidalgo.

  • Dona Sonia Belén Reigia Pose.

Felicitacións as dúas pola súa elección e desexarlle tódolos parabéns na súa labor.

Con este proceso, pasaran a formar parte tamén os novos docentes elexidos polo claustro de profesores, o representante do persoal non docente e a representante da ANPA.

A todos eles e os que xa forman parte do Consello Escolar elexidos fai dous anos, desexarlle novos folgos en esta nova andaina do Consello Escolar.

23/11/08

LUNS 24 ELECCIONS O CONSELLO ESCOLAR


O LUNS 24 DE 16´00h. A 19´00h. OS PAIS DO COLEXIO " A CRISTINA" PROCEDEREMOS A ESCOLLER OS REPRESENTANTES DOS PAIS NO CONSELLO ESCOLAR.

Nesta ocasión é de acordo a resolución da Dirección Xeral de ordenación e Innovación Educativa, do 1 de setembro de 2008, pola que se establece o calendario para a celebración de elección dos Consellos Escolares de centros non universitarios.

Este Lúns procederemos no noso colexio a elección de dous representantes de pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar en representación dos pais. Os outros dous representantes son neste momento Dona Ines Vallebona Trigo e D. Xosé Mª Arán Rodriguez, que foron elexidos na elección anterior no 2006. Por outra banda o quinto representante e como marca a lei, ten que ser designado pola ANPA, a representante designada é Dona Begoña Pose Arijón (Presidenta da ANPA).

Polo exposto na elección vaise a elexir a dous representantes dos pais, nesta ocasión presentanse catro pais:

- Dona Montserrat Cambón Fidalgo.
- Don Celesino Pallas González.
- Dona Sonia Belén Reigía Pose.
- Don Carlos Sánchez Torres.

  1. Lembrade que teñén dereito a votar tódolos pais, nais e titores legais que estén inscritos no censo exposto con anterioridade no centro, podendo votar os dous, pai e nai.


  2. O voto será directo, secreto e non delegable.


  3. As papeletas e sobres estarán no colexio no lugar de votación.


  4. Nas papeletas estarán os nomes dos candidatos, e só se poderá votar por un, o cal se lle terá que poñer unha cruz.


  5. Para votar terase que levar o DNI, ou documento que nos acredite.


  6. O horario de votación será de 16´00h. a 19´00h.


  7. Seguidamente procederase o reconto dos votos, que será un acto público e poderán estar presentes os que así queiran.


DESDE A ANPA ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR MAIORITARIAMENTE, COMO MOSTRA DE COMPROMISO CA EDUCACION DOS NOSOS FILLOS E NA PARTICIPACION DOS PAIS NOS PROCESOS QUE ASI NOS DESIGNA A LEI PARA A NOSA REPRESENTATIVIDADE NOS ORGANOS DE GOVERNO DO CENTRO.



20/11/08

A ANPA " A CASILLA" EN BERTV



O secretario da ANPA, acudiu os estudos da canle televisiva BERTV en carballo, para falar sobre a ANPA e o mundo educativo, no programa "xente de bergantiños".
O programa conducido por Jorge Campos, é un espazo diario no que se tratan os diferentes temas da actualidade de bergantiños. Neste caso o noso secretario participará na segunda parte deste magazin, no que durante media hora falará sobre a nova iniciativa de este blog, e da ANPA, e os organos de participación dos pais, tamén entre outros temas falarse das eleccións os consellos escolares e da importancia da participación dos pais na vida dos centros de ensino.

Podes ver a entrevista hoxe día 20 as 21´00h. e o venres ( reposición) as 12´00h. e as16´30h.

19/11/08

PROMOCION DO IDIOMA ENTRE ESCOLARES


Foto: Diario de Bergantiños/Marema

SESION PARA A PROMOCION DO IDIOMA ENTRE OS ESCOLARES.
O Pazo da Cultura de carballo, acolliu onte o espectáculo de promoción do idioma Galego " Flis-fli-ris-ras. Cóntallo en galego", unha actividade organizada pola Editorial Galaxia xunto ca secretaria xeral de política Lingüistica e o concello de Carballo, na que participaron 525 alumnos dos colexios A Cristina, Canosa-Rus, Fogar, Artai, Nétoma-Razo, San Luis Romero, Bergantiños, Gándara- sofán e milladoiro de Malpica.

18/11/08

ELECCIONS O CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO


RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

A Consellería de Educación e O.U. (DOG do 18/09/08) establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares (renovación parcial). Como ben sabedes polos diferentes escritos que se enviaron por mediación dos nenos e pola información exposta do calendario electoral no taboleiro de anuncios da ANPA. hoxe rematou o prazo de presentación de candidaturas.

No noso colexio temos que elixir a 2 representantes das nais/pais e titores, nesta ocasión presentanse 4 candidatos, a todos eles gracias pola súa participación.

As elección serán o 24 novembro de 16´00 a 19´00.


XA SABEDES TODOS A PARTICIPAR E A VOTAR.

NOVA SOBRE O BLOG, APARECIDA NA VOZ DE GALICIA


A asociación de pais do colexio A Cristina crea un blog para informar aos socios das súas actividades.

Redacción, Carballo.

A asociación de pais do colexio A Cristina sumouse á introdución das novas tecnoloxías nas súas actividades habituais e crearon un blog, no que informan aos socios de todas as actividades promovidas desde a entidade.

A iniciativa xurdiu da agrupación A Casilla co obxectivo de facer chegar ás familias todas as propostas do equipo directivo da agrupación. «Ou nacemento deste blog nace ca premisa de achegar as novas dá ANPA e do colexio, así como unha serie de enlaces asociados para a divulgación dá vida do mundo dá educación», explican desde o centro.

Así, ademais de dar a coñecer as actividades, os responsables da páxina (www.anpaacasilla.blogspot.com) intentan chegar a toda a sociedade carballesa, para que o traballo que realizan desde o colexio A Cristina poida servir de exemplo para outros colectivos. Tamén servirá de fiestra a través da que a ANPA dará coñecer as novidades do colectivo. De feito, na web pódense consultar os estatutos da asociación, o relacionado ao pago das cotas dos socios ou todas as accións emprendidas pola organización. Así, unha das entradas está dedicada a unha petición que a ANPA realizou no Concello para solicitar que este arranxe as beirarrúas da rúa Camilo Xosé Cela.

Colaboración
O espazo web está a disposición das entidades de Carballo. Así, unha das actividades propostas pola asociación A Casilla é a escola de pais, que impulsa Vieiro, iniciativa á que dedicaron un post, invitando ás familias a unirse a esta actividade. Desde o colectivo animan aos veciños a dar ideas e propostas para mellorar o blog.

Pero este non é a única páxina creada desde un centro educativo. Fas semana, o Fogar presentaba un blog (www.colegiofogar.blogspot.com), que actualizan os alumnos con axuda dos profesores. O espazo está concibido para que a comunidade educativa traballe contidos en rede. Ademais, a iniciativa persegue achegar o uso das novas tecnoloxías aos estudantes.

Fai clik aquí, para enlazar ca noticia orixinal.

17/11/08

SECRETARÍA XERAL DE POLITICA LINGÜÍSTICA



Máis de 1.500 escolares de Infantil e Primaria do Concello participan nunha campaña de animación lingüística.
Arredor de 1.500 nenos e nenas dos centros escolares de Carballo participarán ao longo do mes de novembro e ata o 18 de decembro nunha campaña de animación lingüística en galego promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Carballo e as editoriais Kalandraka, Galaxia e Edicións Xerais. A actividade está dirixida fundamentalmente aos alumnos de Infantil e Primaria e percorrerá non só os centros da capital municipal, senón tamén os dalgunhas parroquias, ademais do Pazo da Cultura.


O obxectivo, segundo expresou a directora xeral de Política Lingüística, Cristina Rubal, durante a presentación deste programa, é favorecer a dinamización do galego entre a infancia e a adolescencia, xa que "aí é onde está o futuro do idioma". Rubal subliñou que o Concello de Carballo é "un dos que atraen un maior número de iniciativas" relacionadas coa lingua e con maior resposta por parte da poboación.

En canto ás actividades, a Editorial Galaxia leva o 18 de novembro ao Auditorio do Pazo da Cultura 'Flis-fli-ris-flas. Cóntallo en galego' para un total de 525 alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Primaria. Edicións Xerais colabora coa organización dunha actuación da compañía Trinke-Trinke, que leva ata o Pazo da Cultura a representación de 'Os soños na gaiola' de Manuel María. Será o 20 de novembro para os nenos e nenas do CEIP Fogar.

Por último, do 1 ao 18 de decembro será Kalandraka a encargada de difundir a tradición oral do galego con 'Cantar e contar. Ler na nosa lingua', que viaxará polos colexios e tamén ata unha exposición no Pazo da Cultura entre o 1 de decembro e o 8 de xaneiro. "O idioma é patrimonio de todos", resaltaba o Alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación do programa, engadindo que Carballo é un dos municipios con máis galegofalantes e desexando que "cada vez máis persoas empreguen o idioma".