A partir de mañá, os vehículos só poderán circular en dirección á travesía.
O Concello de Carballo pon unha nova peza do seu plan de tráfico co establecemento da dirección única na rúa Celso Emilio Ferreiro, que une a rúa Afonso Daniel Rodríguez Castelao e a avenida de Fisterra, á altura do tanatorio de Pompas Fúnebres de Bergantiños. Precisamente, a localización do servizo funerario nese punto motivou a decisión da Concellería de Tráfico, cuxo titular, Benedito Viña, sinalou que adoitan producirse problemas de tráfico debido á gran concentración de vehículos en torno ao tanatorio.

A rúa Celso Emilio Ferreiro terá sentido único, xa que logo, a partir de mañá. Os vehículos só poderán circular desde Castelao cara á travesía. Pola contra, desde a avenida de Fisterra non se poderá virar cara á citada rúa, como se pode ver xa nos sinais recentemente colocados, a pesar de que aínda están tapadas.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario