28/1/09

OS NENOS DO SAHARA XA DISFRUTAN DO MATERIAL ESCOLAR


Anunciamos que Kiko Rojo Vilar , fotógrafo carballés e socio da ANPA, íase ao norte de África. Ao Sahara. Máis en concreto, a Marrocos, preto da fronteira con Alxeria. En misión loable, xunto a outros moitos viaxeiros de España. Kiko levou material escolar a uns nenos que o necesitan especialmente. Pois estivo, claro. Vexan a imaxe. É desas que valen máis que dúas mil palabras. Moitos deses lapis e cadernos saíron do colexio A Cristina de Carballo. E na capital de Bergantiños prepara unha exposición fotográfica sobre a viaxe. Haberá que vela.
NOTICIAS RELACIONADAS:

27/1/09

NOVO HORARIO PARA A XORNADA DOS MERCORES

Como en anos anteriores o próximo mercores 4 de febreiro, darán comenzo as competicións das actividades DEPORTIVAS extraescolares organizadas polo ANPA.
Despois de pedir autorización a Delegación Provincial de Educación e ser concedida, o horario das clases será de 9´05 a 14´05h. e pola tarde desenvolveranse a actividade deportiva.

HOXE CELEBROUSE NO COLEXIO REUNION DO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe ás 17´10 celebrouse no colexio a reunión ordinaria do Consello Escolar do Colexio.

A mesma asistiron tódolos membros do Consello, que trataron os seguintes temas:
  1. Aprobación das contas do ano 2008.

  2. Aprobación das actividades extraescolares para o 2º e 3º trimestre.

No apartado das actividades extraescolares que desenvolverá o colexio serán as seguintes:

  • EDUCACION INFANTIL:


25 de Marzo. Saida o Centro Comercial Carrefour de Coristanco. http://www.carrefour.es/hipermercados/guia_hipermercados/coristanco.html

3 de xuño. Saida a Granxa Escola Belelle - Neda - A coruña. http://www.granxaescolabelelle.com/


11 de Marzo. A Coruña a Domus. http://www.casaciencias.org/Domus/

15 de Xuño. Saida a Granxa Escola Belelle - Neda - A coruña. http://www.granxaescolabelelle.com/

  • 3º CICLO: ( 5º E 6º ).

2 Abril. Santiago, Centro de Arte Contemporánea e Museo do Pobo Galego. http://www.cgac.org/ http://www.museodopobo.es/



26 Maio. Lugo , Parque e enclave natural de Marcelle. http://marcellenatureza.com/


Rematou a reunión con Rogos e preguntas, no que se trataron diversos temas de orden interna.

24/1/09

ENTREVISTA A CONSELLEIRA DE EDUCACION SOBRE A SUPRESION DAS CLASES POLO TEMPORAL

laura sánchez Piñón conselleira de educación e ordenación universitaria .
«A decisión non se podía tomar nin antes nin despois»
Asegura que o aviso se deu no momento xusto, cando o parte meteorolóxico indicou que ir a clase podería ser un risco.

A conselleira de Educación sabe que desbaratou os horarios de moitos pais coa súa decisión de pechar onte os colexios e institutos, pero defende a súa actuación cos datos do tempo. Laura Sánchez Piñón insiste: «O primeiro é a seguridade dos nenos».

-¿Por que decidiu suspender as clases?
-Decidimos suspender as clases ante as previsións meteorolóxicas que indicaban un alto risco de temporal, sobre todo de fortes ventos, con refachos de máis de 140 quilómetros por hora, que afectaban fundamentalmente ás provincias da Coruña e Lugo. Durante toda a tarde, os datos que nos chegaban desde MeteoGalicia e o ministerio en Madrid indicaban un empeoramento do tempo. A partir das oito e media da tarde [do xoves], a consellería, Protección Civil e MeteoGalicia tomamos a decisión polo alto risco que se prevía e para velar pola seguridade dos alumnos e dos profesores.

-Unha das queixas dos pais é que o aviso se deu tarde. ¿Non foi posible facelo antes?
-As previsións meteorolóxicas van cambiando co tempo. O xoves, as previsións e os datos dos que dispoñía MeteoGalicia foron variando de hora en hora, ao longo da tarde. A partir das seis da tarde sabíase que habería ventos moi fortes, e cando os datos indicaron que chegarían aos 140 quilómetros por hora é cando se tomou a decisión, baseada en datos científicos contrastados. A meteoroloxía, de tódolos xeitos, non é unha ciencia exacta.

-De feito, apenas houbo vento pola mañá.
-A meteoroloxía baséase na predición e na estatística. Os datos danse en función da previsión do momento. E nós, ante a dúbida de que puidese haber unha fronte a partir das dúas da tarde de hoxe [pola de onte], tomamos a decisión de suspender as clases e velar así pola seguridade nun momento no que o risco era grande.

-¿Entón non houbo improvisación nin descoordinación?
-Non pode haber improvisación porque baseamos a decisión nos datos dos organismos oficiais. A decisión non se puido tomar nin antes nin despois.

-¿Cómo desenvolveron o proceso para informar á comunidade escolar?
-Nada máis decidir que non habería clase, informouse a tódolos directores dos centros por teléfono, e-mail ou SMS, a través dos delegados provinciais. Todos foron informados e todos tiñan que estar hoxe [por onte] nos seus postos, agás que houbese risco para eles. Foron aos colexios e institutos a primeira hora da mañá e ata as doce do mediodía para informar ás familias que non coñecían o aviso.

-Algunhas enteráronse na porta do centro.
-Na provincia da Coruña, por exemplo, os nenos que se achegaron aos centros ou foron ás paradas de bus foron un 1,6% do total de alumnos. É dicir, o proceso de información funcionou perfectamente. Tamén haino que agradecer aos medios de comunicación, que informaron do aviso con moita prontitude, o cal favoreceu tamén a difusión. E as empresas de transporte escolar tamén colaboraron indo ás paradas a primeira hora da mañá para avisar aos pais que aínda non estivesen enterados. Estou moi satisfeita porque os equipos directivos dos centros responderon ao máximo nivel, coma sempre, e houbo un gran apoio do transporte e dos medios.

-¿Temían que o vento causase destrozos nalgún centro?
-Non só nas instalacións escolares, tamén no exterior dos centros. Este é un temporal forte.

-Aos pais aínda indignados, ¿que lles diría?
-Como conselleira de Educación e responsable dun Goberno, o primeiro é velar pola seguridade dos cidadáns. Esa foi a decisión que se tomou.

23/1/09

QUEDA SUSPENDIDA HOXE A ESCOLA DE NAIS POLO TEMPORAL

Do mesmo xeito que se suspenderon as clases, o grupo 2 que tiña que comenzar hoxe, queda suspendida para dentro de 15 días. O desenvolverse a actividade no colexio e este estar pechado non se poderá levar a cabo, do mesmo xeito que o estar na casa os nenos, a maior parte das nais teñen que estar con eles. de tódolos xeitos todos participantes, serán avisados telefonicamente.

22/1/09

ESTE VENRES, SUSPENDIDAS AS CLASES NO COLEXIO POLO TEMPORAL

O DIRECTOR DO CENTRO A CRISTINA, COMUNICANOS QUE MAÑAN QUEDAN SUSPENDIDAS AS CLASES NO COLEXIO.

NOTICIA RELACIONADA

O tempo se recrudece 190.000 alumnos da Coruña e Lugo quedan mañá sen clases debido ao temporal .

Educación decidiu suspender todas as clases de ensino non universitario nestas dúas provincias.

Galicia permanece en alerta laranxa por fortes ventos, que poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora nas próximas horas.
Un total de 190.000 alumnos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo quedarán mañá venres sen clase por culpa do temporal.
Así o decidiu a consellería de Educación ante a ameaza do forte temporal de vento que azoutará a comunidade nas próximas horas.
A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) advertiu hoxe que os ventos en Galicia, que permanece en alerta laranxa, poderían alcanzar este fin de semana os 140 km/h. e que as precipitacións acumularán 50 litros por metro cadrado en 12 horas. A alerta de nivel amarelo por precipitacións comezou esta tarde informou Meteogalicia, desde as 18 horas ata as 6 horas de mañá do venres, día 23, e que poderían superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas nas provincias da Coruña e Pontevedra. AEMET informa de que as precipitacións intensificaranse novamente na noite do venres ao sábado, cando poderían chegar a acumularse 50 litros por metro cadrado en 12 horas. O vento, de compoñente suroeste, será especialmente intenso a partir de mañá nas comarcas atlánticas e nas zonas altas, onde haberá refachos que oscilarán entre os 120 e os 140 quilómetros por hora, informou Protección Civil nun comunicado.
A intensidade dos refachos de vento será menor, 100 quilómetros por hora, nas zonas de interior de Galicia.
A situación do mar .
En canto á situación no mar, foi decretada a alerta laranxa por situación meteorolóxica adversa, con ondas de ata 5 metros de altura e ventos de forza de 7 a 8.
Así, o mar de vento dará lugar a mar grosa e moi grosa, con áreas de mar arboredo nas augas costeiras da Comunidade galega.
A Dirección xeral de Protección Civil avisou deste episodio meteorolóxico adverso ás diferentes administracións e recomendou á poboación que adopten medidas de autoprotección, como evitar pasar preto de obxectos que poidan caer ou edificios en ruínas.

BOLSAS DE IDIOMAS DE "FUNDESFOR"

A "Fundación para o Desarrollo de la Formación en las zonas mineras del Carbón", oferta unha nova convocatoria do programa de Axudas e Bolsas en Zonas Mineiras do Carbón aos concellos do "Plan da mineria do Carbón", no que está incluido o Concello de Carballo.

O programa de Bolsas de Idiomas oferta 1500 bolsas para cursos de idiomas no extranxeiro e 400 cursos de idiomas en España (adicionalmente adxudicaránse ata 120 bolsas que se deducirán das 1500 para os solicitantes de primaria) e pretende facilitar a aprendizaxe e o perfeccionamento daqueles idiomas da Unión Europea que representan as linguas faladas pola inmensa maioria dos seus habitantes. Os paises onde se poden realizar estes cursos no extranxeiro son : Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemania e Italia.

Os cursos que se realicen no extranxeiro poden acadar unha dotación máxima de 2.725 euros ou en réxime aberto de 1.135 euros.

Os beneficiarios deste programa, xuventude (maiores de 12 anos para os programas no extranxeiro e maiores de 10 anos para os programas en España) e traballadores menores de 30 anos de toda España, poderán presentar as solicitudes xunto coa documentación requerida ata o vindeiro 30 de xaneiro. Valoraráse positivamente a súa vinculación coa mineria, o nivel de renda familiar e a situación de orfandade absoluta.

As bases e os impresos desta convocatoria poden consultarse na Concelleria de Cultura do Concello de Carballo, ou no teléfono 981704300. Ademáis pódese consultar este programa de axudas e bolsas na páxina web http://www.fundesfor.com/ , no correo electrónico programa@fundesfor.com , no teléfono 913964921/32. As solicitudes dirixiránse á Secretaria Técnica e administrativa do "Programa de Axudas e Bolsas da Fundación para el desarrollo de la Formación en las Zonas mineras del Carbón", na rúa Velázquez. 130 bis Bloque 3, 1ª planta 28006 Madrid.