12/12/08

REMATA A CAMPAÑA, "CANTAR E CONTAR" ANIMAMOS OS PAIS E OS NENOS A PARTICIPAR O XOVES 18 A SESION DE CLAUSURA

A campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua" que transcorre no Pazo da Cultura de Carballo, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e KALANDRAKA, entra esta vindeira semana na súa recta final, coas visitas programadas de seis centros escolares. O luns participarán alumnos dos CEIP Canosa-Rus e Bergantiños; estes últimos volverán ao día seguinte, xunto cos escolares do Fogar Infantil, centro que tamén repetirá o xoves, e ao que se vai sumar o CEIP Nétoma-Razo. Finalmente, o xoves será o turno do Colexio Milladoiro Malpica e do CPI Xosé Pichel.
O obxectivo das sesións de contos e música tradicional é favorecer o achegamento dos escolares de Educación Infantil e Primaria ao libro e á lectura en galego. A contadora Ana Abelenda e o músico Pablo Díaz levan a cabo as actividades, nas que poñen en práctica o "binomio narración e interpretación musical".
As sesións -nas que ata o remate da campaña van participar máis dun milleiro de escolares dos centros educativos carballeses- son unha mostra de cultura e folclore en vivo; os relatos adquiren ritmo e foméntase a participación activa do público infantil. Ademais, os rapaces coñecen de primeira man a forma e o son dos instrumentos tradicionais galegos cos que se acompañan as sesións, como o acordeón, a pandeira e a pandeireta, o birimbau, a frauta de cana, as culleres ou o salterio.
ESPAZO DE LECTURA
KALANDRAKA celebrará unha sesión especial de contos e música para o público familiar este vindeiro xoves 18 -data na que rematará a campaña- a partir das 18:30 horas, no Pazo da Cultura. O público en xeral tamén pode visitar a exposición de ilustracións, que permanece aberta ata o 8 de xaneiro. A partir do día 17, o horario de apertura pasará a ser de 18 a 20 horas, agás o 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.
A sala da exposición conta tamén cun "espazo de lectura" no que se pode acceder a unha selección de títulos pertencentes ao fondo editorial de KALANDRAKA, formada principalmente por adaptacións de contos tradicionais e obras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Así, entre as primeiras, destacan "A casiña de chocolate", dos irmáns Grimm, con ilustracións de Pablo Auladell; "O pequeno coello branco", de Xosé allesteros e Óscar Villán; ou "A verdadeira historia de Carapuchiña", de ntonio Rodríguez Almodóvar e Marc Taeger. B A T Mvri
amén destacan as obras do pedagogo Gianni Rodari e a deseñadora Iela ari, ambos italianos, tituladas "Confundindo historias" e "Un globo ermello", respectivamente. Estes títulos forman parte do material de eferencia empregado nos obradoiros de escrita creativa que tamén se mparten ao longo da campaña.
‘CANTAR E CONTAR’ ENFILA ESTA PRÓXIMA SEMANA A SÚA RECTA FINAL
EN CARBALLO, CON CONTACONTOS PARA SEIS CENTROS ESCOLARES
O Pazo da Cultura acollerá o xoves día 18 a sesión de clausura, con contos e música para o público familiar

VISITA DOS NENOS DE EDUCACION INFANTIL A BIBLIOTECA MUNICIPAL


No dia de hoxe os nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil do colexio, acudiron a Biblioteca Infantil Municipal de Carballo, sita na rúa San Xoán Bautista o lado do Museo Comarcal.


Os nenos estiveron realizando diversasactividades sobre a promoción da lectura e na zona destinada a lectura da súa idade. Tamén esta saida sirve para que aqueles nenos que así o desexaron seus pais fagan o carnet da biblioteca municipal, para facer unha promoción da iniciación os mais cativos hacia os libros.

Unha xornada interesante onde os cativos os pasaron de libro.

9/12/08

NOVA DOTACION DE EQUIPACIONS DEPORTIVAS


A ANPA en colaboración ca tenda de deportes ZONASPORT de Carballo, chegou a un acordo para adquisición dos equipamentos deportivos.

A partir desta data xa sabedes que para encargar o chandal do colexio tedes que acudir a rúa da igrexa a Zonasport e mercalo.

Dentro do acordo o que chegamos, tamén se fará un desconto do 10% en todas aquelas compras que fagades tanto para os nenos como para vos (o desconto non é acumulable a outras promocións da tenda).
(Fai clik sobre as fotos para aumentálas).




















Os prezos son:
  • Chandal bordado será de 35 euros.
  • Pantalón solto 15 euros.
  • Sudadera bordada 21 euros.
  • Os arranxos de baixos de pantalóns no prazo de 48 horas polo prezo de 3 euros.
  • A recollida de calqueira das pezas sinaladas, poderá facerse en calqueira momento do ano. (recomendase no mes de setembro ou outubro de cada ano por cuestións de stock).

O chandal é da marca LUANVI e é de acetato.

CONCURSO CONTOS DE NADAL

Facer clik sobre a imaxe para ampliar

5/12/08

OS NENOS DO COLEXIO ASISTIRON AS DIFERENTES ACTIVIDADES DE "KALANDRAKA" PERO A MOSTRA SEGUE ABERTA

O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o día 8 de xaneiro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua", que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do Pazo, de 10 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco "Solaina", do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.
Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra "Chibos chibóns", que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto "Os sete cabritos", do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.
Facer clik sobre a imaxe para ampliala
Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico "A verdadeira historia de Carapuchiña", traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.
Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou "A casiña de chocolate", un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico "A ratiña presumida", no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.
Ademais, figuran os orixinais de "Os tres osos", realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para "Batalla de naipes", un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.


O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR" DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E KALANDRAKA .
A mostra de ilustracións permanecerá aberta ao público ata o 8 de xaneiro

REPARACION NO PATIO DE INFANTIL

Hoxe a brigada de obras do Concello de Carballo, procedeu a reparación das escaleiras exteriores do patio de infantil do colexio.
Por deterioro e rotura, había varias plaquetas que estaban rotas e soltas, o que podería ocasionar unha lesión o pisalas o nenos e adultos. por tal motivo procedeuse hoxe a súa reparación.
Dar as grazas o Concello pola premura en realizar esta reparación que aínda que fora de pouca obra, si era importante pola gravidade que podería ocasionar os rapaces.

4/12/08

INFORME DE SOCIOS DA ANPA

Aínda que é tempo de crisis, desde a ANPA queremos agradecer os pais a súa disposición para facerse socios da ANPA "A CASILLA".
Neste curso contamos con 223 alumnos no colexio, dos cales son socios 191, ou sexa que os pais ou titores de 32 nenos non se fixeron socios. aínda que a nosa pretensión e chegar o 100%, non temos que queixarnos pola magnifica contribución que fan as familias a hora de asociarse.


A continuación presentamos unha tabla por cursos e alumnos de pais asociados:
Está claro que temos que animar os pais que non se fixeron socios, pero sobre todos os dos máis peques, que o ser o primeiro ano no cole, seguro que andan algo despistados.

Desde a Xunta Directiva da ANPA a todos grazas polo voso apoio, a unión de todos fai que cada día intentemos facer do noso colexio, un centro de referencia no ensino público.