Facer clik sobre a imaxe para ampliar9/12/08
5/12/08
OS NENOS DO COLEXIO ASISTIRON AS DIFERENTES ACTIVIDADES DE "KALANDRAKA" PERO A MOSTRA SEGUE ABERTA
O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o día 8 de xaneiro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua", que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do Pazo, de 10 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco "Solaina", do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.
Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra "Chibos chibóns", que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto "Os sete cabritos", do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.
Facer clik sobre a imaxe para ampliala
Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico "A verdadeira historia de Carapuchiña", traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.
Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou "A casiña de chocolate", un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico "A ratiña presumida", no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.
Ademais, figuran os orixinais de "Os tres osos", realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para "Batalla de naipes", un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.
O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR" DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E KALANDRAKA .
A mostra de ilustracións permanecerá aberta ao público ata o 8 de xaneiro
A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco "Solaina", do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.
Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra "Chibos chibóns", que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto "Os sete cabritos", do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.
Facer clik sobre a imaxe para ampliala
Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico "A verdadeira historia de Carapuchiña", traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou "A casiña de chocolate", un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico "A ratiña presumida", no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.
Ademais, figuran os orixinais de "Os tres osos", realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para "Batalla de naipes", un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.
O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR" DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E KALANDRAKA .
A mostra de ilustracións permanecerá aberta ao público ata o 8 de xaneiro
Etiquetas:
anpa a casilla,
colexio a cristina,
Concello Carballo
REPARACION NO PATIO DE INFANTIL
Hoxe a brigada de obras do Concello de Carballo, procedeu a reparación das escaleiras exteriores do patio de infantil do colexio.Por deterioro e rotura, había varias plaquetas que estaban rotas e soltas, o que podería ocasionar unha lesión o pisalas o nenos e adultos. por tal motivo procedeuse hoxe a súa reparación.
Dar as grazas o Concello pola premura en realizar esta reparación que aínda que fora de pouca obra, si era importante pola gravidade que podería ocasionar os rapaces.
Etiquetas:
anpa a casilla,
colexio a cristina,
Concello Carballo
4/12/08
INFORME DE SOCIOS DA ANPA
Aínda que é te
mpo de crisis, desde a ANPA queremos agradecer os pais a súa disposición para facerse socios da ANPA "A CASILLA".
Neste curso contamos con 223 alumnos no colexio, dos cales son socios 191, ou sexa que os pais ou titores de 32 nenos non se fixeron socios. aínda que a nosa pretensión e chegar o 100%, non temos que queixarnos pola magnifica contribución que fan as familias a hora de asociarse.
mpo de crisis, desde a ANPA queremos agradecer os pais a súa disposición para facerse socios da ANPA "A CASILLA".Neste curso contamos con 223 alumnos no colexio, dos cales son socios 191, ou sexa que os pais ou titores de 32 nenos non se fixeron socios. aínda que a nosa pretensión e chegar o 100%, non temos que queixarnos pola magnifica contribución que fan as familias a hora de asociarse.
A continuación presentamos unha tabla por cursos e alumnos de pais asociados:
Está claro que temos que animar os pais que non se fixeron socios, pero sobre todos os dos máis peques, que o ser o primeiro ano no cole, seguro que andan algo despistados.Desde a Xunta Directiva da ANPA a todos grazas polo voso apoio, a unión de todos fai que cada día intentemos facer do noso colexio, un centro de referencia no ensino público.
Etiquetas:
anpa a casilla,
carballo,
colexio a cristina
2/12/08
CONVOCATORIA DE REUNION DE CONSTITUCION DO NOVO CONSELLO ESCOLAR
Hoxe ás 17´10h. celebrouse a Constitución do novo consello escolar saido das pasadas eleccións das que vos viñemos informando puntualmente.Entre os temas tratados, acordouse designar os representantes das diferentes Comisións, os representantes dos pais nas comisións serán:
- COMISION ECONOMICA: Dona Monserrat Cambón. (A Comisión Economica e a encargada de xestionar e controlar os gastos e ingresos que se producen no colexio).
- COMISION DE IGUALDADE: Dona Inés Vallebona. ( E unha comisión que está encargada de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, está recoolida na LOE).
- OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR: Dona Begoña Pose. (máis informacion aquí)
Aparte da formación das comisión do no seno do Consello Escolar, informouse sobre os seguintes temas fora da orde do día.
- Instalación da rede WIfi (internet) no colexio, por mediación de "R", por parte da Consellería.
- Petición Concello obras de mellora das acometidas residuais do colexio.
- Vixiancia de limpeza nas zonas de especial impacto sanitario do colexio.
- Redacción dun Regulamento de Rexime interior do Consello Escolar.
- Petición local ANPA.
- Aprobación Instalación buzón suxerencias ANPA.
- Información remitida a ANPA de Galicia Bilingüe. (deste tema informate pinchando sobre este texto).
- E sobre todo a información transmitida pola Mestra e Secretaria, Cristina Alonso, sobre a concesión dun novo premio o noso colexio: PREMIO DE INNOVACION EDUCTIVA" o proxecto desenvolvido no pasado curso, de colocación dos debuxos dos nenos nos locais comerciais de Carballo. Salientar unha vez máis o profesorado por estas iniciativas que están a resaltar o traballo formativo e a imaxe do noso colexio. Desde a ANPA a nosa noraboa e felicitacións a todos os que colanborachedes nesta iniciativa.
Etiquetas:
anpa a casilla,
colexio a cristina,
Concello Carballo,
consello escolar
COMUNICADO QUE NOS MANDA A DIRECCION DO CENTRO DE GALICIA BILINGÜE

Galicia Bilingüe solicita a gratuidade dos libros de texto en castelán.
Cincocentos proxenitores sumáronse o xoves á presentación de escrtitos de Galicia Bilingúe para demandar o dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralemnete e por excrito no aula.
Galicia Bilingüe solicitou formalmente hoxe á Consellería de Educación que inclúa os libros de texto en castelán no programa de gratuidade desenvolvido por esa Administración.
A pesar do recoñecemento expreso por parte da Inspección Educativa e da Delegación da Coruña do dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralmente e por excrito no aula como lingua de estudo a dous escolares de Pontedeume, posicionamento que derivou da presentación dun escrito elaborado por Galicia Bilingüe, en realidade en toda Galicia séguese obrigando aos alumnos a usar case exclusivamente o galego nas aulas.
Por iso, a asociación contraria á imposición lingüística que promove o Goberno de Emilio Pérez Touriño dirixiuse hoxe á Consellería para que emita un pronunciamiento público que deixe clara a existencia do referido dereito e que ademais admita que os escolares que opten por esta lingua teñan tamén acceso ao referido programa de gratuidade, restrinxido ata agora aos libros en galego para as materias impartidas nese idioma.
Paralalemente a esta petición, 500 proxenitores da área da Coruña sumáronse hoxe aos ao redor de dous mil que xa o pasado 21 de outubro presentaron os escritos elaborados por Galicia Bilingüe nas oficinas da Inspección Educativa de cinco cidades galegas para que se permita aos seus fillos elixir o idioma, tanto para o material didáctico como para o seu uso oral en clase ou a realización de probas e exames. Esta alegación dos pais, que xa dera os seus froitos nos casos citados de Pontedeume, derívase do feito de que na práctica totalidade dos colexios obrígase continuamente aos alumnos a usar o galego existindo centros nos que se baixan as cualificacións a quen usa o español. No escrito reivindicativo entregado ante a Inspección apélase ao Estatuto de Autonomía, ao propio Decreto que regula o uso do galego no ensino, a un ditame do Consello Consultivo de Galicia ou a doutrina fixada polo Tribunal Constitucional respecto diso para defender o dereito de elección do idioma de estudo por parte dos alumnos, excepto para as clases e actividades relacionadas cunha determinada lingua, como as materias de Inglés, Lingua Galega ou Lingua Castelá.
Galicia Bilingüe está remitindo ás APA unha carta para informar aos pais deste dereito e do escrito remitido a Educación demandando a gratuidade dos libros de texto en español. Galicia Bilingüe ofrece asesoramento gratiuto aos pais que o necesiten a través da súa páxina web.
Etiquetas:
anpa a casilla,
colexio a cristina,
Concello Carballo,
Galicia Bilingüe
OS NENOS DE 4 E 5 ANOS VAN O CONTACONTOS

Hoxe pola mañán, os nenos de 4 e 5 anos do noso colexio " A Cristina", acudiran o Pazo da cultura de Carballo, a unha sesión de contacontos "Cantar e contar: ler na nosa lin gua", por KALANDRACA.
La campaña 'Cantar e contar: ler na nosa lingua' da editorial Kalandraka levase a cabo este martes en carballo a campaña Cantar e contar: na nosa lingua, realizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para animar aos máis pequenos a ler e empregar o galego.
Ata final de ano, as actividades chegarán a Ferrol, Vilagarcía e Carballo, e estiman unha participación de preto de 5.000 escolares. Así ata o 16 de outubro, os rapaces poderán asistir a sesións de contacontos e música para grupos de escolares de 4 a 8 anos, e de talleres de escritura creativa para alumnos de 9 a 11 anos. Tamén disporán dun espazo de lectura a modo de pequena biblioteca en galego e dunha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular.
A campaña, que se centra nos conceptos de tradición e oralidad, transcorrerá durante 13 xornadas lectivas en cada localidade. Programa de apertura A Granxa de Briz, en Marín, acollerá a inauguración, cunha charla para profesores, mestres, bibliotecarios e educadores dos colexios participantes, que asistirán a unha visita guiada durante a cal van recibir propostas educativas que poderán levar á práctica nas aulas para que os contidos e obxectivos das actividades trascendan o ámbito da campaña e prolónguense durante todo o curso escolar. En Carballo no Pazo de Cultura durante todo o mes de decembro. Ademais, as exposicións estarán abertas ao público en xeral á marxe do horario escolar e cada campaña concluirá cunha festa especial de contos e música dirixida ás familias. A exposición consta das ilustracións orixinais dos contos populares publicados por Kalandraka ao longo dos seus dez anos de traxectoria editorial, como A verdadeira historia de Carapuchiña, Vos tres osos, A ratiña presumida ou Ou coelliño branco. Entre eles destacan as pezas cerámicas do artesán galego Francisco Pérez Porto realizadas para o libro-disco Solaina, que ilustra a imaxe da campaña.
Etiquetas:
anpa a casilla,
colexio a cristina,
Concello Carballo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)