
17/11/08
ESCRITO MANDADO, BACHE ARREGLADO

A VOLTAS CA DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO

Despois de permanecer a principio de curso un pouco incredulos de interarnos pola prensa da "Dimisión do equipo directivo do colexio", é sin ánimo de facer "máis fume que ruido", xa que consideravamos erroneas algunha afirmacións que aparecían na prensa, e cando pensabamos que xa quedara atras a polémica, volta a sair de novo nos xornais pola devandita "dimisión".
Facer primeiro unhas pequenas aclaracións, A Dirección do CEIP "A Cristina" de Carballo non dimitiu nunca, outra cousa é que presentase a súa dimisión, xa que para levarse a efectos ten que ser aprobada pola Delegación, cousa que non aconteciu a principio de curso e moito menos agora, e no futuro quen sabe....
Dous, a reclamación por falta dun profesor, foi devida a que o profesor que se tiña que incorporar o seu posto non o fixo por pedir unha comisión de servizos, o que supón que a Delegación debía mandar outro profesor.
A consecuencia deste tema a ANPA, puxose en contacto cos responsables educativos da nosa provincia a principio de curso e comentaron que non se mandaría ningún profesor para cubrir esta vacante, do mesmo xeito que non se aceptaría a demisión do equipo directivo. Evidentemente nós amosamos a nosa discrepancia e a necesidade de contar co docente.
Ata aquí todo vai ben, pero como consecuencia das continuas informacións na prensa sobre as deficiencias de profesorado nos centros e en concreto no CEIP "A Cristina", os pais manifestaron a súa preocupación sobre este tema, e a resposta desta ANPA, é a seguinte :
O Colexio da Cristina ten no seu catálogo de asignación de profesorado na actualidade a 14 profesores e a día de hoxe contamos con 17, xeneralistas e especialistas ( non vamos a entrar en máis detalles) nós non consideramos que teñamos moitos profesores, sempre os que se teñen son poucos e cantos máis mellor, esto redundará na calidade da ensinanza, ou sexa no beneficio dos nosos fillos. Pero tamén temos que ter claro que cando se esixe algo tense que deixar "claro" tódolos datos, e a realidade actual e que estamos en mellor disposición de profesorado que outros centro, xa que temos que ter en conta que nós só contamos con unha única linea, e decir unha clase por cada curso, incluindo educación infantil.
Claro está que non nos pase como o do "conto do lobo". A ANPA, pensa que as reclamacións téñense que facer falando e con datos obxetivos, aínda que nós neste tema non fomos consultados nun principio, si temos claro e así se lle manifestou ás autoridades educativas, que nos nón tíñamos nada que ver cas famosas declaracións de "Dimisión" da equipa directiva, e transmitimos que si neste curso non se cubría a praza se fixera no próximo, sin reducción do profesorado que temos a maiores como apoio. Porque o mellor ninguén pensou que con esta clase de reclamacións, o que se pode conseguir e que no vindeiro curso nos mande o profesor que nos falta e a súa vez nos retiren os docentes que temos a "maiores do catálogo".
Por eso temos que traballar con moito "sentidiño" e mirar polo beneficio dos nenos.
Polo tanto moitas veces certos titulares poden facer máis dano que beneficio, e por certo é sin ánimo de crítica os medios, pero si de responsabilidade. Do mesmo xeito que sempre se deben consultar todalas partes afectadas a hora de emitir unha nova sobre un colectivo no que están presentes varias sensibilidades, docentes, pais e persoal non docente, unha comunidade educativa facemola todos.
Pois de novo a tranquilizarvos papas, no colexio non dimitiu ninguén, nin vai a dimitir e a traballar todos que é o que temos que facer para conseguir un ensino público e de calidade. Que así sexa.
COMENZO DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES

- INFANTIL 4 ANOS: Martes.- Educación Física de Base. Xoves.- Patinaxe.
- INFANTIL 5 ANOS: Martes.- Educación física de base. Xoves.- Patinaxe.
- PRIMEIRO: Martes.- Patinaxe.- Xoves.- Educación física de base.
- SEGUNDO: Martes.- Patinaxe. Xoves.- Educación física de base.
- TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO. Martes e Xoves o deporte que escolleron.
Agardando que dentro das limitacións presupostarias que temos, os rapaces disfruten o máximo posible, xa que está actividade te como fin a promoción do deporte de base, a adquisición de hábitos saudables, a autodisciplina e a convivencia entre os seus participantes.
13/11/08
PETICION O CONCELLO DE ARRANXO DA RUA CAMILO XOSE CELA

Por tal motivo solicitase no escrito o Concello, que a maior brevidade posible se proceda a retirada destas pedras e a reparación dos baches existentes na rúa. Tamén manifestar que se teña en conta un novo asfaltado da vía, por ter esta a necesidade o estar cuarteada, xa que con anterioridade procedeuse a reparación dos baches e volveron a reproducirse o pouco tempo.
12/11/08
PAGO CUOTA ANPA
UN ANO MAIS A DIRECTIVA DA ANPA, PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE NOVOS SOCIOS E PAGO DE CUOTAS.O PAGO DA CUOTA DE SOCIOS DA ANPA, 8 EUROS ANO. COMO FOI ACORDADA NA ULTIMA ASEMBLEA XERAL.
PARA FACILITARVOS A TODOS O PAGO DA CUOTA, ADXUNTAMOS UN SOBRE ONDE TEDES QUE POÑER :
O NOME, CURSO DO NENO.
NOME E APELIDOS DOS PAIS E DIRECCION DO DOMICILIO
E OS 8 EUROS.
LEMBRADE QUE A CUOTA E FAMILIAR POR LEI.
SI TES MAIS DUN NENO PON NO MESMO SOBRE OS NOMES DELES E O CURSO DE CADA UN.
ESTE ANO ENGADIMOS OS NOMES DOS PAIS E DOMICILIO, PORQUE TEMOS QUE DAR DE ALTA COMO MARCA A LEI, O REXISTRO DE SOCIOS E PARA ESO NECESITASE OS DATOS QUE VOS PEDIMOS,
ESTES DATOS ESTARAN CUSTODIADOS POLO SECRETARIO E ADAPTARASE A NORMATIVA DA LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. Para eliminación dos datos dirixirse a anpa.acasilla@gamail.com.
OS SOBRES PODEN TRAELOS OS NENOS O COLEXIO, OS DIAS 17-18 E 19 DE NOVEMBRO, SERAN RECOLLIDOS POLOS MEMBROS DA ANPA, CANDO ESTEAN NAS FILAS ANTES DE ENTRAR NA CLASE.
LEMBRAR QUE A CUOTA SE INVIRTE EN GASTOS COMO O DO AUTOBUS DA PISCINA, E OUTRAS ACTIVIDADES.
ACORDOUSE POLOS PAIS QUE AQUELES QUE NON PAGUEN A CUOTA NON SE BENEFICIEN DESTOS TEMAS, POLO QUE É FUNDAMENTAL PAGALA PARA NON FACER DISCRIMINACIONS COS NENOS.
POR ESO PEDIMOSCHE, POR FAVOR, A TUA COLABORACIÓN UN ANO MAIS.
E OS NOVOS PAIS DOS NENOS DE 3 ANOS, A INVITACION ESPECIAL A PARTICIPAR.
A TODOS GRAZAS.
ESCOLA DE PAIS

* AUTOESTIMA.
*COMUNICACIÓN.
*HABILIDADES SOCIAIS.
*RESOLUCION DE PROBLEMAS.
*FRACASO ESCOLAR.
*ADOLESCENCIA.
*PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO, ALCOL E DROGAS.
*RELACION PAIS E EDUCADORES.
*O XOGO.
*OUTROS.
O citado curso é totalmente gratuíto e o único que se vos pide e formar como mínimo un grupo de polo menos 10 persoas. A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases presénciales quincenais dunha hora e media de duración. O horario será de 15´15h a 16´45h ( mentras os nenos están en clase) os VENRES, o lugar será a sala de Servizos Multiples do Colexio. As clases estarán desenvolvidas por unha psicóloga especializada. O prazo de inscrición finaliza o próximo día 12 de Decembro ( aínda que se pide que canto antes se entregue a solicitude mellor, xa que as prazas serán cubertas por orde de inscripción), faráse entrega os membros da ANPA no colexio, ( O coordinador do curso será o secretario da ANPA, Xosé Mª Aran-. Móvil.-609862129.
7/11/08
ESTATUTOS DA ANPA "A CASILLA" DO CEIP "A CRISTINA" CARBALLO
