Mostrando entradas con la etiqueta queixas colocacion circo continental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta queixas colocacion circo continental. Mostrar todas las entradas

3/11/09

A POLICIA LOCAL ACUDE A DEMANDA DA ANPA

Despois do escrito mandado pola mañan os responsables de seguridade do Concello de Carballo.

As 20´30 da tarde axentes da policia local de Carballo acudiron a rúa Camilo Xosé Cela, onde mantiveron conversas cos responsables do Circo Continental, para que situaran os vehículos e caravanas aparcados en zonas prohibidas, en sitios autorizados.

Aínda que esta e unha boa nova a ANPA, pensa que o Concello debe habilitar outros espazos máis grandes para esta serie de espetáculos, xa que a súa distribución por rúas non é bó tanto para as persoas dos espetáculos, como para a comunidade escolar e os propios veciños. Son situacións que podían ser comprendidas fai anos, pero hoxe en día, ten que haber espazos dignos para estes casos.

De tódolos xeitos a pretensión da ANPA é a de garantir que os servizos adaptados para o colexio como paradas de autobús, pasos de peóns, etc. estén sempre libres de calqueira invasión que vaia en decrimento da calidade dos servizos e da seguridade de nenos, nenas e viandantes.

As 21´20 da noite a caravana e vehiculo que estaban en zonas prohibidas,xa foran retirados da parada de autobus e os vehículos que estaban preto do paso de peóns estaban aparcados correctamente.

.

A ANPA PIDE O CONCELLO UNHA MELLOR ORDENACION DAS INFRAESTRUCTURAS DO CIRCO NAS RUAS CIRCUNDANTES O COLEXIO DA CRISTINA.

Comunicado enviado o Concello, os responsables de Seguridade e Tráfico.

Estimados señores: Temos a ben en poñernos en contacto con vostede para comunicarlles que nas inmediacións do colexio da cristina e na explanada que se encontra detras do colexio está a instalarse o circo "coliseo" como consecuencia de esto as rúas Blanco Amor ,Camilo Xose Cela, Moncho Valcarce e celso Emilio ferreiro, están ocupadas con algíns dos vehiculos deste circo.Sabemos que para algún sitio teñen que ir, pero eso non esime da vixiancia do concello e de que a ubicación de coches e caravanas se faga dunha forma ordenada.

En concreto na rúa camilo xosé cela a parada do autobus escolar esta ocupada por unha caravana con magueiras de residuos da mesma que verten o rexistro de augas pluviais, do mesmo xeito que vehículos encima do paso de peóns.
Tamén a ocupación da calle máis adiante da rúa camilo xose cela estreitase pola colocación de caravanas e camións.E para os pais un atranco esta situación, sobre todo a hora de entrada e saida dos nenos, pero transmitimoslle esta queixa xa que pensamos que non unha situación desexable para ninguén tanto o persoal do circo como os pais e os veciños das rúas afectadas.

Agardamos que esto se lle dea solucións e que en futuras ocasións se lle delimite as ubicacións os espectaculos, feirantes, etc. que fan uso da explanada habilitada para tal fin.


.