Mostrando entradas con la etiqueta limpeza pintada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta limpeza pintada. Mostrar todas las entradas

23/4/10

O CONCELLO REMATA A LIMPEZA DE PINTADAS OFENSIVAS NO COLEXIO A PETICION DA ANPA

As 10´15 da mañan , procedeuse a limpeza da pintada "OFENSIVA"existente no patio de infantil,no día de onte xa se procedera a limpar parte dela e hoxe despois de volver a usar produtos especiais, tamén procedeuse a súa limpeza con auga a presion, neste caso ca colaboración do coche bomba de protección civil.

A ANPA, quere agradecer o Sr. Guillín, concelleiro que representa o concello no noso colexio, a premura con que foi acometida esta actuación, despois da petición que lle fixo a ANPA.

Agradecer o Concelleiro, a brigada de obras, protección civil e a jesús o noso conserxe a contribución nesta tarefa.



Agardamos que non se volvan a producir actos como estes, que o único que contribuen é a degradación das instalacións.
A ANPA, tamén trasladou o Concello a necesidade de máis vixilancia das instalacións, de este tema vaise a realizar unha queixa formar nos vindeiros días.
.

22/4/10

POR FIN, LIMPEZA PINTADAS NO COLEXIO

No dia de hoxe ás 14´00h. procedeuse por parte da brigada de obras a limpeza da pintada "ofensiva" que había na parede do patio de infantil.

Procedeuse a aplicar un potente decapante para poder borrar a pintada realizada con "spray", para logo aplicarlle auga a presión, o ser unha parede rugosa foi más complexo que nunha lisa.

Nunha primeira fase daráselle as palabras "mal sonantes" e despois procederase a limpar toda a parede.

Esta actuación xa levaba moito tempo pendente despois de realizar outras probas de limpeza, ya que polo texto escrito na parede, é ofensivo e un mal exemplo para os nenos.
Desde a ANPA, agradecer o concello esta actuación e agardamos que cando se produzan actuacións vandalicas como esta, se proceda a correxilas con maior dilixencia por parte dos responsables do colexio.
.