Mostrando entradas con la etiqueta habilitacion aula IES monteneme. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta habilitacion aula IES monteneme. Mostrar todas las entradas

14/7/10

REUNION DO SECREATRIO DA ANPA E A PRESIDENTA DEL MONTE NEME CO INSPECTOR DE SECUNDARIA


Unha vez máis trasladamosnos a Coruña o que escribe (Arán) e a Presidenta do "ANPA do Monte Neme" Encarna Gonzalez Botas, para manter unha reunión co inspector de secundaria Sr. Reboredo, na Delegación Provincial de Educación.

O tema é a habilitación da terceira aula en 1º de ESO no Monteneme, a valoración que facemos é que o inspector realizou un informe exaustivo, o cal enviou á Conselleria a Santiago.

Sobre o 19 de agosto, adxudicaranse as prazas definitivas do profesorado e unha vez realizada a avaliación de prazas dispoñibles, se existen comprométese a enviar os dous profesores que se necesitan para habilitar o aula.

Se non existise profesorado dispoñible, tería que ser a Consellería desde Santiago a que enviase os dous profesores, este caso sería preocupante, xa que existe "internamente" a mensaxe de que non se pode gastar diñeiro en novo profesorado.

Temos que recordar que a nosa demanda, é xusta, pero legalmente o número de prazas para os alumnos con dereito a matrícula no Monteneme existen, polo que a Xunta non incumpriría ningunha ilegalidade. Pero realmente sería imperdoable.

Tamén se pediu coa Xefa Territorial unha reunión, para transmitirlle esta demanda e advertir que de non levarse adiante a habilitación da aula, os alumnos de 1º de ESO non entrarán nas aulas a principio de curso.

Tamén estamos facendo varias xestións, para que non teñamos que chegar a posturas de forza, pero temos claro que se non se atende a demanda, realizaremos esta medida de presión e recorreremos os medios de comunicación para denunciar este asunto.

Xa vedes, nin en vacacións temos tranquilidade, segiremos informando.

PARA INFORMARSE MAIS SOBRE O TEMA IR A NOTICIA ANTERIOR SOBRE ESTA NOVA

.