Mostrando entradas con la etiqueta Vieiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vieiro. Mostrar todas las entradas

5/11/09

NAIS DO COLEXIO DA CRISTINA RECOLLERON OS DIPLOMAS DA ESCOLA DE PAIS E NAIS ORGANIZADA POLA ANPA E VIEIRO

Hoxe ás 20´00h. na casa da Xuventude de Carballo, fixose entrega dos diplomas das ESCOLAS DE NAIS, que realizou a Asociación Vieiro nos centros educativos de carballo.

Neste acto tamén asistiron nais do colexio das dúas ESCOLAS que organizou a ANPA en colaboración con Vieiro.

Desde a ANPA agradecer a participación de todas nas escolas e agardamos si temos demanda repetilas este curso.

Algunhas nais que asistiron a recoller os diplomas.





para ampliar as fotos fai clik sobre as imaxes.
.



26/2/09

HOXE FARASE ENTREGA OS NENOS DA "GUIA RAPIDA PARA PAIS DE FAMILIA"

A ANPA procederá a repartir hoxe os nenos a "Guía rápida para padres de familia", está guía será entregada a tódolos nenos do colexio, para que as entreguen na casa os seus pais, nais e titores.
Entregarase a tódolos cursos para que os pais empezen a recibir información sobre o mundo das drogodependencias .
Esta iniciativa enmarcase dentro do convenio suscrito pola ANPA e a Asociación Vieiro de Carballo, para fomentar a información sobre as drogodependencias, saude e pautas de comportamento dos pais na educación dos fillos, a entrega da "Guía", complementase cas dúas escolas de pais que se están celebrando cada venres, que tamén forman parte deste convenio.
Co fin de facilitarlles o labor de educador ás familias en materia de drogodependencias, Vieiro editou unha guía na cal márcanse distintas pautas sobre as distintas drogas e forma de actuación aclarándolles o que é a farmacodependencia, clasificación das drogas, a tolerancia e a dependencia.
Igualmente detallanse os factores de risco que leva o uso das drogas, así como enumerar os factores de protección.
Detállase de forma sinxela as características do Tabaco, Alcol, Haxix e Cocaína.
Ademais nesta guía danse instrucións para que facer en caso de sospeitas de que algún membro da familia consuma drogas.