1/6/10

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2010/2011

A QUEN VAI DIRIXIDO?
Aos pais con fillos/as matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Especial no curso escolar 2010/11 e que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros.

COMO SE CONSEGUE A BOLSA DE AXUDA?
Presentando a documentación completa e o impreso de solicitude no centro escolar desde o 1 ao 30 de xuño de 2010.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?
1.Impreso de solicitude cumprimentado por duplicado, polo que se un solicitante ten varios fillos matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude por cada un deles. Podérase recoller no centro escolar, nas sedes da xunta ou descargar no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, punto de gratuidade de libros de texto).

2.Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
-Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.
-Orixinal ou copia compulsada de certificado do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de:
-Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
-Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

No caso do alumnado de educación especial non será necesaria a presentación de documentación ningunha.

CANDO E COMO ME INGRESAN O IMPORTE DA AXUDA?
As familias recibirán un vale para presentar directamente nas librerías que prefiran, co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento e polo importe máximo que figura no vale.

CALES SON OS IMPORTES DAS BOLSAS DE AXUDA?
180 € por fillo para as familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar.No caso de familias monoparentais os ingresos non poderán superar os 6.000 euros por persoa no fogar.

·104 € por fillo para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar.No caso de familias monoparentais os ingresos estarán comprendidos entre os 6.000 e 9.000 euros por persoa no fogar

·250 € para cada neno/a de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar

CAL É O IMPORTE DA MIÑA AXUDA?
Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2008, dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Sumarán os recadros 455 e 465 da declaración.

.

No hay comentarios: