
No día de hoxe non puiden acudir á reunión do colexio por motivos laborais, nin outros compañeiros de xunta por estar fóra de viaxe e outros porque non foron invitados. Pero sempre hai quen che conta o ocorrido.
Os feitos acaecidos son gravisimos e terán a súa lóxica contestación, desde a educación, que fOI o que faltou hoxe e é grave por quen estaban alí e o lugar que era.
Permitirme só unha reflexión sobre a definición de educación que creo que o resume todo, evidentemente cada cal defende as súas ideas e os seus pensamentos e hoxe só quero deixar este.
Educación defínese como o proceso mediante o cal transmítense coñecementos, valores, costumes e formas de actuar. A educación non só se produce a través da palabra, está presente en todas as nosas accións, sentimentos e actitudes.
O proceso de inculcación e concienciación cultural, moral e conductual. Así, a través da educación as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, modos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores.
Despois do de hoxe ou se cambia a definición, ou " Deus nos colla confesados" coa educación que lle damos os nosos fillos e fillas.
Desde a tolerancia, só dicir que a cada un o tempo pono no seu sitio, non quero aproveitarme deste foro... aproveito o do anpa.
Hoxe debería ser unha noite de reflexión e mañá será un novo día.
Boas noites a todos e todas.
Xosé María Arán (Secretario ANPA "A CASILLA" )
.