8/2/09

ANULADAS AS CLASES O LUNS

FAI CLIC SOBRE A NOTA DE ABAIXO PARA AMPLIALA:



A Dirección Xeral de Protección Civil aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección ante un novo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento
As consellerías de Presidencia e Educación xa fixeron un preaviso a tódolos posibles axentes implicados e colexios, que será ratificado esta tarde ás 19,30 en función dos partes meteorolóxicos
Prevense refachos de máis de 100 km/h, o que se corresponde cun nivel de alerta laranxa
A Dirección Xeral de Protección Civil recomenda á poboación evitar desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou en construción
A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas ante a chegada dun novo fenómeno de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa por vento en terra, que afectará á Comunidade Autónoma de Galicia a partir de mañá luns. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, prevense refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora. Así, recoméndase evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios.
Doutra banda, agárdanse precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metros cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará, especialmente, á provincia de Pontevedra desde as primeiras horas de mañá e ata a madrugada do martes.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, preavisou este fenómeno o venres e reiterouno hoxe. En concreto, o pasado venres remitíronse 569 faxes e 385 mensaxes de móbil, e hoxe domingo 572 faxes e 385 sms. En total, enviáronse dende o pasado día 6 ata hoxe un total de 1.141 faxes e 770 sms informativos, a todos os concellos e parques de bombeiros da Comunidade Autónoma, así como aos organismos das administracións estatais, autonómicas e provinciais e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas (como por exemplo as de construcción ou guindastre, operadores eléctricos e de telefonía, e servizos de primeira intervención). Deste xeito, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para a protección dos bens e das persoas.

Ademais das medidas preventivas adoptadas, a Dirección Xeral de Protección Civil recomenda aos condutores que, no caso de teren que realizar algún desprazamento, se informen previamente do estado das estradas e que, en calquera caso, axeiten a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra e pedras.
Por último, suxírese consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese.

ANTROIDO 2009

Este ano no colexio como tódolos anos vaise celebrar a festa do antroido o vindeiro día 20 de febreiro e celebrarase no colexio.
Como ben sabedes polas notas informativas enviadas polos nenos, este ano tomouse a decisión por parte do colexio de que formara parte este acontecemento do proxecto de "As adiviñas na fala viva", que se esta a desenvolver no colexio como viñemos informando asiduamente.
Por este tema a temática para os disfraces corre a conta do profesorado para facelo dunha forma coordinada con relación o proxecto.
Por este motivo comunicase os pais que escolleranos e faranse ou ben aproveitarse o que se ten na casa para realizalos.
De tódolos xeitos estaredes perfectamente informados polos tutores de cada curso.
¡ Ollo os pais ! tede moito coidado que xa se empezan a facerse antroidadas polo colexio.

HORARIOS DIRECCION - XEFATURA ESTUDOS E SECRETARIA



NOS MESES DE SETEMBRO A XUÑO


DIRECCION: ....................... Lúns, Mércores e venres de 9´05 a 10´00h.

XEFATURA ESTUDOS: .... Mércores de 10´55 a 11'50h.

SECRETARIA: .................... Martes, Mércores e Xoves de 10´55 a 11´50h.



NOS MESES DE OUTUBRO A MAIO


DIRECCION: ....................... Lúns, Mércores e venres de 10´00 a 10´55h.

XEFATURA ESTUDOS: .... Mércores de 12´15 a 13´15h.

SECRETARIA: .................... Martes, Mércores e Xoves de 12´15 a 13´15h.

OS NENOS XA DISPOÑEN DO ALBUM DE ADIVIÑAS, ENMARCADO NO PROXECTO "AS ADIVIÑAS NA FALA VIVA"

Os nenos do colexio empezan a chegar a casa co albúm das adiviñas, este albúm que forma parte do proxecto "As Adiviñas na Fala Viva" elaborado polo colexio e coordinado pola profesora Cristina Alonso, é unha vez máis un orgullo de tódolos pais polo bo facer do colexio na contribuciónción que se fai os nenos dos aspectos máis etnográficos e educativos, vaia por diante a nosa noraboa.

Fai clik sobre as imaxes para amplialas
Co propósito de rememorar a figura de Don Antonio Fraguas Fraguas na súa dobre vertente de pedagogo e etnógrafo, a Fundación Antonio fraguas Fraguas fai a convocatoria dun concurso de proxectos didácticos encamiñados a realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, historico e artístico do entorno inmediato entre os centros escolares de Galicia. deste xeito, peténdese alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e a posta en valor dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

Na 6ª convocatoria de proxectos Didácticos da Fundación antonio fraguas fraguas, resultou premiado, na modalidade de ensino primario, o proxecto "As adiviñas na fala viva" presentado polo C.E.I.P. A Cristina.

Este proxecto consistia nunha recollida de adiviñas da nosa tradición oral para a posterior realización dunha serie de actividades, entre as que figuraban a edición dun álbum.

O profesorado implicado nesta materia, quere resaltar a importancia que teñen as relacións dos nenos e das nenas cos maiores e o valor que ten a transmisión da literatura oral popular entre distintas xeneracións para que non caia no esquence,emto. Vaia pois o agradecemento a todas aquelas persoas: avós, avoas, pais, veciños... que coas súas aportacións fixeron posible a realización deste traballo.

Asemade salientar o entusiasmo amosado por parte do alumnado na recollida, gravación e deseño do albúm.

Agardamos pois que a partir desta iniciativa sexan os alumnos e alumnas non só receptores senón tamén transmisores deste importante legado.

Agradecer tamén a Fundación Antonio Fraguas Fraguas a convocatoria destes premios que serven como alicente e estímulo ao profesorado que se sente motivado para levar a cabo estas experiencias educativas. CEIP A Cristina.


¿QUEN FOI Antón Fraguas Fraguas?


Antón Fraguas Fraguas (Insuela, en Loureiro (Cotobade), 28 de decembro de 1905– Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1999), foi un destacado historiador e antropólogo galeguista.
Estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez, e a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1928.
Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un diccionario, que nunca saiu á luz. Cando foi a Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido.
Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da Guerra Civil, en que foi separado do posto como represalia ás súas actitudes galeguistas e tivo que traballar no ensino privado. Tivo que esperar ata 1950 para recupera-la cátedra do instituto e poder doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a súa xubilación en 1975.
Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réximen de Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.
O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Ramón Otero Pedrayo.
En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1994 doou ó Museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20.000 volumes.
Outros cargos que desempeñou Fraguas ó longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.
Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamiza-lo patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación furura da memoria de Galicia”.
Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.

SUAS OBRAS:

Geografía de Galicia (1953)
Galicia insólita (1973)
Lugo (1974)
Murguía, o patriarca (1979)
Literatura oral en Galicia (1980)
El traje gallego (1985)
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
Romarías e santuarios (1988)
Celso Emilio Ferreiro (1989)
La Puerta Santa (1993)
Do Entroido (1994)
As cousas de Antonio de Insuela (1996)
A festa popular en Galicia (1996)
Ademais das publicacións anteriores, Fraguas escribiu numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas especializados ou non, así como colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega.

OS DE 5º E 6º CURSO ACUDIRON O PAZO A OBRA DE TEATRO "MARCO POLO"



O pasado mércores día catro os rapaces de 5º e 6º, acudiron a ver o Pazo da Cultura, a obra de teatro "MARCO POLO" interpretada polo grupo de teatro "TELONCILLO", esta actividade foi organizada polo Concello de Carballo e patrocinada por Caixa Nova, dentro da súa campaña de actividades para escolares.
Sinopsis.
Tres actores vanse metamorfoseando nos diferentes personaxes cos que se vai atopando Marco Polo. Tres actores que, do mesmo xeito que Marco, deixaranse seducir polo novo, o distinto, o raro, o marabilloso?

Claudio Hochman e Marco Polo.
Din que un día Xullo Verne, cando era mozo, escapouse de casa, foise ata o porto e meteuse nun barco coa intención de saír a descubrir o mundo. Os seus pais descubríronlle e prohibíronlle achegarse ao mar. Esa imposibilidade espertou nel unha fecunda imaxinación. Marco Polo tivo máis sorte, o seu pai e o seu tío eran navegantes e aos quince anos fué invitado a abandonar Venecia e embarcarse nunha viaxe que durou vinte e cinco anos. Din que esa viaxe tamén lle abriu a imaxinación, porque ao volver contou tantas historias que moitos pensaron que non podían ser verdade. Pero iso é o de menos, o caso é que viaxou e como o viaxes enriquecen, fíxose un home rico. Pero non rico en diñeiro e xoias preciosas. Volveu rico en coñecementos, en historias para cegar, en sabedoría, en cataratas de recordos, e sen case querelo abriu unha fronteira, ata entón pouco habitual, entre oriente e occidente. Nós imos contar a historia desa viaxe. A dun "case neno" que viaxa e descobre. E crece e aprende e valora. Unha viaxe onde as culturas entrecrúzanse, os idiomas abren barreiras, os costumes sorprenden, as comidas producen novas sensacións, cheiros e cores. Paisaxes e xentes tan distintas van entrelazando unha travesía única e inigualable. Cremos que é importante transmitir aos nenos o desexo da viaxe, do descubrimento. Viaxe ao descoñecido, enfrontarse aos monstros, que son os nosos medos. Asombrarse co novo, fascinarse co diferente. Queremos invitarlles a mergullarse nunha viaxe polos sentidos, unha viaxe ás sensacións, unha viaxe para descubrir e descubrirnos, unha odisea chea de xogo, onde cada paso é unha sorpresa e cada encontro un desafío.

Este espectaculo está recomendado para nenos e nenas a partir de 7 anos. E público familiar.
Dirección: Claudio Hochman.
Dramaturgia: Claudio Hochman.
Intérpretes: Javier Carballo - Silvia Martín
- Juan Luís Sara .
Axudante de dirección: Anxo Sánchez.
Deseño de Escenografía e Vestiario: Isidro Alonso.
Produción: Ana Isabel Galego.
Realización de Escenografía e Vestiario: DYCAE
Deseño e Construción de Artes Escénicas.
Música: Músicas do Mundo
Cancións: Teloncillo.
Arranxos: Anxo Sánchez.
Gravado pors: Eduardo Tarilonte.
Deseño gráfico e ilustracións: Q-idea.
Iluminación: Agustín Revilla "Pacho".
Asesor musical: Miguel Angel Pérez, "Maguil"
Administración: Marta Pérez.
Distribución: Mª do Val Sara.

7/2/09

OS NENOS DO COLEXIO CELEBRAN O DIA DA PAZ


Os nenos do colexio compartiron unha xornada chea de xogos adicados a paz.



REPARACION DE ADOQUINS E ESCALONS COLEXIO


A semana pasada o Concello de Carballo a traves da Concelleria de Servizos e por membros da brigada de obras procedeu a reparación do adoquin que estban soltos nas aceras exteriores do colexio e tamén no interior do colexio, sobre todo facendo a reparación das escaleiras de acceso os patios.