
O sábado novamente a policia local de carballo, tivo que proceder a solicitar a unha pandilla de rapaces que sairan das instalacións do colexio.
Parece que as diversas peticións que fixo a ANPA, solicitando a presenza das patrullas das forzas de seguridade están a facerse efectivas. O sábado unha patrulla da policia local procedeu a desaloxar a unha pandilla de rapaces que estaban no interior do colexio.
De tódolos xeitos estaremos seguindo a situación ata conseguir que o colexio non sexa usado por persoas fora dos horarios escolares, excepto aquelas que só acudan as pista para realizar actividades deportivas.